“Derradeira sesión”, por Manolo e Olaia Sendón
Do 6 ao 25 de xullo
De luns a domingo: de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00
Sala de Exposicións do Palexco
Entrada libre.
Atravesando unha espesa cortina de veludo vermello adentrámonos na escuridade. Como faros, as fotografías de Manuel Sendón convertidas imaxes luz, nos van mostrando os cines que, mortos de solemnidade, seguen dalgunha maneira a reclamar as historias que alí se viviron. Cadáveres de pinturas rebentadas e madeiras carcomidas que manteñen de modo algo fantasmal, a presenza da luz que algún día alí se presentou en forma de películas. Espazos maxestousos e impoñentes, ruínas que claman por recuperar o antigo esplendor esixindo a xustiza de apelar a memoria dun mundo ido. Benvidos ao espectacular fenómeno do cinematógrafo… Se escoita, e atravesando un cartel luminoso propio dos cines de antano, vemos como o documental "Os fabulosos irmáns da luz", recupera eses espazos representados nas fotos utilizándoos de pantalla para unha película de luces e sombras de presenza case fantasmal.
"Derradeira Sesión" é un proxecto colectivo representado polas fotografías de Manuel Sendón e o documental de Olaia Sendón "Os fabulosos irmáns da luz", que aborda dende dous medios e dúas miradas diferentes, a morte do cine como fenómeno colectivo.














