Acto cívico en lembranza do traslado dos restos de Rosalía organizado pola AELG
A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) organiza o vindeiro xoves 15 de xullo un acto
cívico e reivindicativo en lembranza do traslado dos restos mortais de Rosalía de Castro en Padrón e Santiago de Compostela. Desde a Asociación Cultural Alexandre Bóveda estase organizando o desprazamento a Compostela en autobús que sairá ás 16:30 horas da Praza da Palloza da Coruña, co fin de estar alí ás 18:00 h. para recibir o tren “Follas Novas” e sumarse ao Acto Cívico e Reivindicativo. Para reservar praza deberase chamar á Asociación Cultural Alexandre Bóveda (981 200 869) ou a través do correo electrónico acab at mundo-r.com. O horario de atención das chamadas é de luns a xoves de 16:30 a 19:30 h. O prazo para reservar praza no autobús será desde o luns 5 de xullo ate o mércores 14 de xullo ás 19:30 horas. Cobraranse 2 euros para colaborar no pagamento do autobús.
Máis información aquí.














