Solicitudes de grupos para concurso do Festival Noroeste Pop Rock 2010
O concurso para participar no Festival Noroeste Pop Rock 2010 continúa recibindo solicitudes de grupos de toda Galicia. A día de hoxe 26 grupos solicitaron participar no concurso para facer parte do festival os días 4 e 5 de agosto na praia de Riazor. De todas as solicitudes foron inscritos formalmente 17 grupos. O resto está pendente de entregar a documentación necesaria para poderen participar. O listado dos grupos inscritos, así como as bases do concurso pódense consultar na web oficial do festival. O prazo de presentación de solicitudes finaliza o vindeiro xoves 15 de xullo ás 24 h.














