Ciclo Son de noite: Omar Souleyman, o rei do dabke
Mércores 14
21:00
Xardíns de Méndez Núñez (diante do Kiosko Alfonso)
Entrada libre.
Este concerto organízase en colaboración co Festival Sinsal. Omar Souleyman é un músico sirio que leva máis de 500 cassettes editadas no seu país e que só nos últimos anos se asoma ao circuíto occidental. A súa carreira comeza no 1994 mesturando diversos estilos nunha nova música festiva folk-pop coñecida como dabke que arrasa nos quioscos e gasolineiras do seu país e dos países veciños. Visita habitualmente Arabia Saudí, Líbano ou os Emiratos Árabes Unidos. Omar Souleyman transmite aplomo e seriedade mentres ao seu redor o mundo tolea nunha estraña sorte de delirio mántrico que podería estenderse sen final aparente.














