Coral Polifónica Canticorum: “Encontro de música coral e renacentista”
“Encontros en Milpedras”: recital de poesía, música e pintura en directo
Venres
23
20:30
Taller de Litografía Milpedras (Rúa Brasil, 3, baixo)
Entrada libre até completar capacidade.
Este venres 23 de xullo, ás 20:30 h., desenvolverase no Taller de Litografía Milpedras, na rúa Brasil, nº 3, baixo, da Coruña, a primeira edición de Encontros en Milpedras, unha proposta para unir en diálogo libre, ao vivo, poesía, música e artes plásticas. Actuarán recitando poemas Xoán Abeleira, Pedro Casteleiro, François Davó e Ramiro Torres, co músico Dúbi Baamonde e o artista plástico sirio Ali Ali.
Preséntase a ampliación e reforma da Biblioteca do Forum Metropolitano
Cun orzamento
de 1.074.234'57 euros procedente do Fondo Estatal para o Emprego e a Sustentibilidade Local, presentouse onte, 20 de xullo, a obra de ampliación, reordenación e optimización dos espazos da Biblioteca do Forum Metropolitano. Permanecerá pechada até finais de ano para a realización das seguintes melloras:
- Renovación completa de todas as instalacións: climatización, electricidade, rede informática, rede de autoprotección,... de xeito que as condicións ambientais sexan máis confortables para os usuarios e se axusten á normativa vixente. Aínda que a arquitectura do edificio presenta dificultades para que a biblioteca poida abrirse cara ao exterior, incorporaranse dúas zonas na sala de adultos que recibirán iluminación natural desde o exterior.
- Ampliación da sala infantil nun 50% da súa superficie actual. Isto permitirá reorganizar os espazos tendo en conta as necesidades e intereses das distintas idades. Deste xeito incorporarase un espazo específico para a bebeteca (que non existía) e no resto poderanse habilitar zonas máis diferenciadas de xeito que tanto un neno de 7 anos como unha nena de 14 poidan sentir que a biblioteca ten un espazo para eles.
- Máis metros cadrados para o público na sala de adultos, mellor distribución das distintas zonas de uso e servizos e mellora da circulación interna.
IX Feira de Artes Plásticas
Do venres 16 ao domingo 25
De 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 22:00
Xardíns de Méndez Núñez
Entrada libre.
O venres 16 de xullo inaugurouse a IX edición da popular “Feira das Artes Plásticas de A Coruña”, que organiza a Asociación Galega de Artistas Plásticos (ARGA). A mostra permanecerá aberta ata o día 25 do presente mes en horario de 12 a 14 h. e de 18 a 22 h. Nela participarán 26 artistas de recoñecido prestixio procedentes de distintos puntos de Galicia. Durante a derradeira xornada da feira celebrarase un certame de pintura infantil patrocinado pola Concellaría de Cultura, con importantes premios para nenos de entre 7 e 12 anos. As bases pódense descargar neste enlace: Certame pintura infantil,
Xa se coñecen os dous grupos gañadores do concurso para o Festival Noroeste Pop Rock 2010
O xurado do concurso
do Festival Noroeste Pop Rock deu a coñecer os dous grupos gañadores do concurso que, alén de recibir un premio en metálico, tocarán no vindeiro Festival Noroeste Pop Rock: son Cornelius 1960 e Carlos Childe Troupe. Ademais determinaron os oito grupos (Carrero Bianco, Dr. Gringo, Exit, Green Fandango, Igloo, Nadadora, Niño y pistola e Rockers go to hell) que se submeterán a votación popular desde a web do festival. A partir das 17:00 horas de hoxe, 20 de xullo, e até a mesma hora do domingo 25, a xente poderá votar online polo seu grupo favorito de entre estes, dos que os dous primeiros tamén farán parte do Festival os días 4 e 5 de agosto na praia de Riazor.
Seminario “A mirada de Michelangelo Antonioni”, na Fundación Luís Seoane
Do martes 20 ao venres 23
Fundación Luís Seoane (rúa San Francisco, s/n).
Entrada para os previamente matriculados.
Baixo a dirección de Alberto Ruiz de Samaniego, e coa participación de Daniela Aronica, Juan Barja, Fernando Castro Flórez, Domènec Font, Jesús González Requena, José Manuel Mouriño, Jaime Pena, Alberto Ruiz de Samaniego, Daniel Sánchez Salas e José Manuel Sande.
Michelangelo Antonioni (Ferrara 1912-Roma, 2007) foi, xunto a Jean-Luc Godard, un dos últimos representantes da vangarda cinematográfica europea. Neste seminario profundizarase nos distintos postulados estéticos e creativos do director italiano, así como a recepción das súas películas en España, a imaxe da muller na súa obra, as relacións de parexa na súa obra, a intersección desta coa arte e a estética contemporáneas... resumindo, todos aqueles aspectos que fan que aínda hoxe en día se lle considere á vangarda dun xeito de entender o cine e, sobre todo, do concepto de modernidad na súa máis ampla acepción.
Pódese descargar o programa aquí. Máis información na páxina web da Fundación.
99 grupos inscritos para participar no concurso do Festival Noroeste Pop Rock 2010
Finalizou o
15 de xullo o prazo de solicitude de inscrición ao concurso do que sairán os grupos que farán parte do Festival Noroeste Pop Rock 2010 xunto aos grupos cabeza de cartel. Foron inscritos por cumprir con todos os requisitos sinalados nas bases do concurso un total de 99 grupos (poden consultarse aquí). O xurado reunirase o luns 19 de xullo para definir que dez grupos competirán por estar no Festival (estarán disponíbeis na web a partir do martes 20 de xullo pola mañá). Os dous grupos máis votados polo xurado pasarán directamente a integrar o cartaz do festival e recibirán o premio estipulado nas bases do concurso. Os oito restantes someteranse a votación popular a partir das 17 horas do martes 20 de xullo a través da web, até o domingo 25 de xullo ás 17 horas, formando tamén parte do Festival os 4 e 5 de agosto na praia de Riazor os dous grupos máis votados online polo público.
Convocadas catro bolsas de prácticas no Museo Arqueolóxico e Histórico de San Antón
O Concello da Coruña abre o prazo de solicitude para a convocatoria 2010 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de catro bolsas de prácticas museísticas no Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón da Coruña destinadas a titulados universitarios, para realizaren prácticas nas tarefas museísticas propias do Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña. Dúas destas bolsas estarán destinadas a titulados universitarios recentes.
O prazo de presentación rematará o vindeiro 26 de xullo. Os solicitantes deberán presentar a súa instancia de solicitude segundo modelo normalizado, acompañada da documentación pertinente, no Rexistro do Concello da Coruña.
A resolución de concesión das bolsas publicarase nos taboleiros de edictos do Concello e na páxina web municipal, onde se pode consultar máis información.
Hoxe cúmprese o 125 aniversario do pasamento de Rosalía de Castro
"O mar castiga bravamente as penas,
e contra as bandas do vapor se rompen
as irritadas ondas
do cántabro salobre.
Chilan as gaviotas
¡Alá lonxe¡... ¡moi lonxe¡
na prácida riveira solitaria
que convida ó descanso i ós amores.
De humanos seres a compauta línea
que brila ó sol adiántase e retórcese,
mais preto e lentamente as curvas sigue
do murallón antigo do Parrote" (...)
(Do poema "¡Prá á Habana¡", Follas Novas)
Exposición de Ánxela Pérez Meilán na Casa Museo Casares Quiroga
Do 16 de xullo ao 1 de agosto
De martes a sábado: de 10:30 a 14:00 e de 17:30 a 20:00,
Domingos e festivos: de 10:30 a 14:00. Luns, pechado.
Casa Museo Casares Quiroga (Rúa Panadeiras, 12)
Entrada libre até completar capacidade.
Exposición da obra pictórica de Ánxela Pérez Meilán, que será inaugurada o mesmo venres 16 de xullo ás 19:30 h. Óleos e acuarelas, acrílicos e técnicas mixtas compoñen unha obra na que os temas inclúen dende paisaxes captados dentro da desorde da realidade, constituindo imaxes reais ou imaxinarias, até a realización de figuras en primeiros planos situadas en lugares oníricos, ás veces inexistentes. Na pintura de Pérez Meilán -xa exposta en exposiciones individuais e colectivas na Coruña, Santiago, Pontevedra, Ourense, Xixón, Madrid, Málaga, Holanda e Italia, entre ouros lugares- destaca a calidade plástica da cor que se integra nos collages con papel e outras materias, rozando o abstracto sen premeditación ao tempo que se transmite calma e sensualidade. Algúns dos lugares lonxanos que figuran na obra exposta son froito de lembranzas de viaxes realizados pola pintora; outros forman parte dos soños, e o resto, do desexo de habitalos na súa imaxinación.
Exposición fotográfica “A interpretação dos sonhos”, de Jorge Molder
Do 16 de xullo ao 10 de outubro
De martes a sábado: de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00,
Domingos de 11:00 a 14:00; luns: pechado
Fundación Luís Seoane (rúa San Francisco, s/n)
Entrada libre até completar capacidade.
"A interpretação dos sonhos", ademais de dar título á exposición, é o nome dunha serie de fotografías do artista portugués Jorge Molder que, xunto a "O pequeno mundo" e "Não me tem que contar o que seja for", conforman a mostra que acollerá a Fundación Líis Seoane a partir do 16 de xullo, no que constituirá a súa única escala no noso país, despois de terse inaugurado no ano 2009 na Fundação Calouste Gulbenkian de Lisboa e viaxado á sé que a institución portuguesa ten en París, no ano 2010.
Exposición de pintura “A intuición do xeo. As Montañas Encantadas”, de Michelangelo Antonioni
Do 16 de xullo ao 10 de outubro
De martes a sábado: de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00;
Domingos: de 11:00 a 14:00; luns: pechado
Fundación Luís Seoane (Rúa San Francisco, s/n)
Entrada libre até completar capacidade.
Por vez primeira en España exporase a serie "As Montañas Encantadas", unha oportunidade única para coñecer a obra pictórica do director de cine italiano Michelangelo Antonioni (Ferrara, 1912-Roma, 2007). A exposición constitúe unha excelente ferramenta para afondar nunha parte do legado artístico que nos deixou un dos últimos representantes da vangarda e da modernidade no mundo do cine, a través dunha escolla de 52 obras pertencentes á serie orixinal.
Ciclo Son de noite: Omar Souleyman, o rei do dabke
Mércores 14
21:00
Xardíns de Méndez Núñez (diante do Kiosko Alfonso)
Entrada libre.
Este concerto organízase en colaboración co Festival Sinsal. Omar Souleyman é un músico sirio que leva máis de 500 cassettes editadas no seu país e que só nos últimos anos se asoma ao circuíto occidental. A súa carreira comeza no 1994 mesturando diversos estilos nunha nova música festiva folk-pop coñecida como dabke que arrasa nos quioscos e gasolineiras do seu país e dos países veciños. Visita habitualmente Arabia Saudí, Líbano ou os Emiratos Árabes Unidos. Omar Souleyman transmite aplomo e seriedade mentres ao seu redor o mundo tolea nunha estraña sorte de delirio mántrico que podería estenderse sen final aparente.
CGAI: Master class con Javier Rebollo e proxección de “La mujer sin piano”
Venres 16
18:00
CGAI (Durán Loriga, 10, baixo)
Entrada gratuíta previa inscrición.
Javier Rebollo (Madrid, 1969) vén presentar a súa segunda película, a produción española "La mujer sin piano" (2009), unha circunstancia que lle permitirá ofrecer unha Master Class acerca do seu proceso de traballo. Máis información aquí.
Venres 16
21:00
CGAI (Durán Loriga, 10, baixo)
Entrada libre até completar capacidade.
Proxección de "La mujer sin piano". Máis información aquí.














