O 1 de setembro finaliza o prazo de envío de produccións ao CONCURSO BIBLIOCLIPS

martes, 31 agosto 2010, 9:50 | Category : audiovisual
Tags : ,

O 1 de setembro finaliza o prazo de envío de produccións ao CONCURSO BIBLIOCLIPS, consistente na realización de curtas (dun máximo de 35 segundos) inspirados nas bibliotecas e na lectura. A publicación do nome da persoa gañadora e dous finalistas será a partires do 1 de outubro do 2010. Entrega de premios: 24 de outubro do 2010. As bases poden consultarse aquí (PDF). Animámosvos a enviar os vosos traballos entre hoxe e mañá.
As Bibliotecas Municipais da Coruña convocan o concurso de BIBLIOCLIPS para amosar o feito lector entre os cidadáns cunha visión diferente, persoal e lúdica das bibliotecas públicas. O concurso consiste na realización dun Spot Publicitario dunha duración máxima de 35 segundos de visionado, inspirados na biblioteca e a lectura. A curta poderá estar ou non gravada nun espazo bibliotecario. En calquera caso, valorarase a orixinalidade e a capacidade de expresar calquera punto de vista relacionado co tema do concurso, así como as posibilidades de emisión dos traballos presentados. Esta actividade enmárcase dentro das que se desenvolven na campaña A Cidade que le.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Convocada a II edición de Premio de Ensaio Curto “Alexandre Bóveda”

A A. C. Alexandre Bóveda convoca a II edición do Premio de Ensaio Curto “Alexandre Bóveda”, co obxecto de honrar a figura do insigne galeguista e premiar un traballo que signifique unha contribución ao pensamento e a reflexión sobre a Galiza actual. O tema para desenvolver na presente convocatoria será, como no seu día xa fixera Alexandre Bóveda, a análise económica de Galiza, en calquera das súas facetas. O prazo de presentación de orixinais será do día 1 de setembro ate ao día 29 de outubro.

O comité organizador está composto por:
Presidenta: Dna. María Xosé Bravo San José, Concelleira de Cultura do Concello da Coruña.
Director do Certame: D. Roberto Catoira Viñán, Presidente da A. C. Alexandre Bóveda.
Vogal: Dna. Ana Mourelle Quintáns, Vicepresidenta da A. C. Alexandre Bóveda.
Vogal: D. Miguel Mato Fondo, Vogal da A. C. Alexandre Bóveda.
O xurado, á súa vez, está formado por:
Presidente: Anxo Calvo (profesor titular e Doutor do Departamento de Economía Financieira e Contabilidade da USC).
Vogais: María do Carme Sánchez Carreira (profesora do departamento de Economía Aplicada da USC), Francisco X. Sanjiao (profesor titular de Economía Aplicada da USC) e Miguel Pardo (xornalista económico).
Como secretario da Asociación, con voz e sen voto, D. Xosé Manuel Sánchez.

Toda a información pódese descargar nas Bases do II Premio de Ensaio Curto ou consultar na web da Asociación Cultural Alexandre Bóveda.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Festival On 2010: curtas todos os venres de setembro na Cidade Vella

luns, 30 agosto 2010, 14:42 | Category : audiovisual, cinema
Tags :

Todos2010 09 Festival On os venres de setembro, a partir das 22:00 h., proxectaranse curtas na Praza de Azcárraga. A programación para cada día será a seguinte:
Venres 3 de setembro: Pigeon: impossible, de Lucas Martell, animación; O elixido, de Chema Gagino, ficción; Marina, de Álex Montoya, ficción; Instalación, de José Díaz, ficción; Retrato, de Ignacio Busquer, documental; e Quid pro quo, de Fran Araújo e Manuel Burque, ficción.
Venres 10 de setembro: On line, de Federico Santillana, animación; Dous homes e un suicidio, de Iria López, ficción; El tránsito, de León Siminiani, documental; Ofelia, de Anita Sinkovic, ficción; Amona putz! (A avoa inchable), de Telmo Esnal, ficción; Viejos perdedores, de Rubén Ordieres, ficción; e La historia de siempre, de J. L. Montesinos, ficción.
Venres 17 de setembro: A nena que tiña unha soa orella, de Rubén Coca, animación; A porta, de Andrés Goteira, ficción; Flat Love, de Andrés Sanz, ficción; En un lugar del cine, de Eduardo Cardoso, ficción; I love Luci, de Colin Kennedy, ficción; e Rodilla, de Juanjo Giménez, ficción.
Venres 24 de setembro: O soldadiño de chumbo, de Virginia Curiá e Tomás Conde, animación; Empatía, de Carlos Seijo, ficción; Steps, de Barney Cheng, ficción; Todo es maybe, de Asier Urbieta, documental; Por la mañana, e A señora María, de Toño Chouza, ficción; Lost, de Alberto Dorado, ficción; e Voltereta, de Alexis Morante, ficción.
Este é o dossier do Festival on 2010.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Locais emblemáticos da Coruña únense á celebración do 10º aniversario do Foundation, único festival de reggae en Galicia

luns, 30 agosto 2010, 14:15 | Category : exposicións
Tags : , , ,

Con motivo da celebración dos dez anos do Foundation, e un dos principais a nivel internacional, locais da Coruña mostrarán durante a última quincena de agosto e ata o día 4 de setembro actuacións e exposicións enmarcadas dentro dos seus locais e escaparates con motivos relacionados co Festival e o seu mundo. Son:

- Bazar de Pepe: rúa Real, 80. O que no seu día era unha tenda de xoguetes ao uso tornouse hai uns anos nesta tenda, sen dúbida orixinal e de gran personalidade. Exposición: Neste local expoñeranse os LIONS (moeda de cambio do festival) e os Carteis publicitarios das dez edicións do Foundation Reggae Festival.
- Nova Colón: Olmos, 9. Unha das máis emblemáticas librarías da Coruña, con máis de 75 anos, recoñecida polo seu estilo e bo gosto ao decorar o seu escaparate utilizando elementos propios, prestados e reciclados, sempre orientados cara a un tema, neste caso o Foundation. Exposición: Monográfico sobre as viaxes por África, obras de escritores africanos e edicións sobre a música reggae.
- Catro Eles: Rúa Galera, 41. Un recanto especial no corazón da cidade con multitude de produtos novidosos de todas as orixes. Exposición: Dedicada integramente a pezas étnicas do Continente Africano (máscaras, teas, vasillas, figuras e xoiaría).

Locais confirmados - regalo bolsos:
Ademais das exposicións, os seguintes locais de hostelaría e tendas especializadas colaborarán coa promoción do Foundation por medio do regalo de bolsos, que repartirán entre os seus clientes: El Sigo, O'DeLito, La Bata de Guata, Fuzz, Cume Norte, Bristol, Cuatro Eles, Soho, Pub Filloa e Rock & Roll.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Conferencia “O neolítico do Sáhara occidental”, en Portas Ártabras

venres, 27 agosto 2010, 9:30 | Category : Arte, conferencias
Tags : , ,

Venres 27
Portas Ártabras (rúa Sinagoga, 22).
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Conferencia sobre “O neolítico do Sáhara Occidental”, por Daniel Quiroga.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Festas María Pita 2010: actividades do sábado 28 e domingo 29

Sábado 28
Festival de Electrónica Coruñés, concerto de música electrónica con: Ivan Smoka, Subsotano, Frances Lerouge, Diego Villa, Parasit VJ, Pablo Cubeiro e Roi.
Parque de Santa Margarida
Desde as 18:00

Interurbano de Música: Mendetz, Misterioso viaje a Holanda e Shine
Xardíns de Méndez Núñez
20:00

Orquestra Sinfónica de Galicia
Praza de María Pita
21:30

Domingo 29
Concertos de: Banda Municipal (12:00 h.), Coral Cantares Gallegos (13:30 h.), Banda de Gaitas de Narón (18:00 h.), Tumbalobos Orquestra (20:00 h.), El Combo Dominicano (22:30 h.)
Parque de Santa Margarida

Concerto da aula de Jazz da Escola Municipal de Música
Praza de María Pita
21:30

Todos eles con entrada libre.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Exposición de gravados de Diana Aitchison na Casa da Cultura Salvador de Madariaga

xoves, 26 agosto 2010, 9:41 | Category : Arte, exposicións
Tags : ,

Do xoves 2010 08 Diana Aitchinson26 de agosto ao domingo 26 de setembro
Casa da Cultura Salvador de Madariaga
De 12:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 21:00 h., todos os días
Entrada libre.

Exposición de gravados de Diana Aitchison. A súa referencia aínda que abstracta tamén, contén un concepto da realidade que esvae como a natureza mesma. Esta serie de gravados inspirados claramente nas súas ganas de experimentar e buscar novas técnicas para permitir considerar distintas impresións. Para renovar a paisaxe ata o punto que se dubida o feito de que os gravados son unha técnica de reprodución. Unha proxección do seu interior gozando dunha perspectiva fluída, unhas obras únicas que á súa vez mostran unha continuidade na súa estética. Xa estamos nunha era na cal todo é manipulable, explotado sen inventar e por iso mesmo agradécese aínda máis a súa liberdade nos trazos plasmando as súas ideas con distinción dun xeito sobrio, tráxico ou alegre e indiferente: unha capacidade persoal de Diana. Aquí se poden descargar a portada e o interior do catálogo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Festas María Pita 2010: concerto do venres 27

Venres 27
Interurbano de Música: We Are Standard, Scandal e Jane Joyd
Xardíns de Méndez Núñez
20:00
Entrada libre.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Exposición “Celebrando o Códice Calixtino”, de Francisco Leiro

xoves, 26 agosto 2010, 9:19 | Category : escultura, exposicións, pintura
Tags : , ,

Do mércores 25 de agosto ao domingo 26 de setembro
De 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00 h., todos os días
Pazo Municipal
Entrada libre.

O grande artista galego Francisco Leiro ilustrou a edición de luxo traducida da obra mestra do Medievo galego, o manuscrito en latín do século XII, conservado na Catedral de Santiago e considerado a primeira guía de viaxes, onde se exalta o universo xacobeo e a figura do Apóstolo Santiago. O traballo do prestixioso escultor de Cambados, residente en Nova York, inclúe as 34 letras capitais coas que comeza cada capítulo do Códex Calixtinus e as seis portadas que creou sobre papel e técnica mixta. A mostra complétase con dúas esculturas de madeira que dan forma, en tres dimensións, a dúas das letras utilizadas como capitulares: a B e a T. As portadas deseñadas por Leiro ilustran o principio da obra e o inicio de cada un dos cinco libros dos que se compón o Códice Calixtino. E as letras capitulares inician cada un dos seus capítulos. Os visitantes poderán, ademais, manipular e consultar un exemplar da edición de luxo traducida ao galego, sempre acompañados pola música de ambiente do Códice Calixtino da que se fai especial mención nos textos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Coliseum: Dreams 2

xoves, 26 agosto 2010, 9:03 | Category : espectáculos
Tags : ,

Xoves 26 ás 21:00 h.
Venres 27 ás 21:00 h.
Sábado 28 ás 19:00 e 22:30 h.
Domingo 29 ás 19:00 h.
Coliseum
Entradas: 25, 30 e 35 euros (á venda en www.servinova.com ou na billeteira da Praza de Ourense. A billeteira do Coliseum estará aberta todos os días desde as 16:00 h.).

Con este show faise realidade o mundo dos soños cunha montaxe e escenografía completamente revolucionarias que inclúe unha lagoa artificial de 200 metros cúbicos de auga. O espectáculo conta con acróbatas, bailaríns, deportistas extremos, e tamén coa participación dun magnífico coro de 20 voces brancas integramente en galego, dando como resultado un elenco de máis de 100 artistas que a través de danzas, acrobacias e a música contan a fábula de "Soñador", personaxe principal, nunha continua explosión de tormentas de auga, vento e lume. Ao longo de 14 números iniciaremos unha viaxe na que o protagonista descobre que, ademais, de dominar os elementos que constrúen o seu soño: auga, vento e lume, deberá vencer os seus propios medos. Só así poderá derrotar para sempre a forza da sombra. Dreams é o reflexo da alma.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Festas María Pita 2010: actividades do xoves 26

Xoves 26
Rúa Marineda: Concerto da Banda Municipal
Praza de San Andrés
20:00

Interurbano de Música: Triángulo de Amor Bizarro, Spinning Jenny e Bastards of Parade
Xardíns de Méndez Núñez
20:00

Concerto da Orquestra Nova da Sinfónica de Galicia
Praza de María Pita
21:30

Concerto da Orquestra Chaston
Sagrada Familia
22:30

Todas elas con entrada libre.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Inauguración da exposición “Celebrando o Códice Calixtino”, de Francisco Leiro

mércores, 25 agosto 2010, 9:16 | Category : exposicións, pintura
Tags : ,

Mércores2010 08 25 Francisco Leiro 25
Pazo Municipal
13:00
Entrada libre.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Festas María Pita 2010: concerto do mércores 25

martes, 24 agosto 2010, 9:44 | Category : concertos, festas, música
Tags : ,

Mércores 25
Interurbano de música: sesión de micro libre
Xardíns de Méndez Núñez
20:00
Entrada libre.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Festas María Pita 2010: concerto do martes 24

luns, 23 agosto 2010, 9:58 | Category : concertos, festas, música
Tags : ,

Martes 24
Rúa Marineda: concerto da Banda Municipal
Praza de San Andrés
20:00
Entrada libre.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Festas María Pita 2010: actividades do luns 23

Luns 23
XXIII Festival Internacional de Folclore: gala de clausura con todos os grupos convidados: African Tumbas (Kenia), Chalana (Brasil), Lezginka (Duguestán) e Vagonar (Eslovaquia), e o grupo anfitrión, Eidos (Galiza)
Praza de María Pita
19:00
Entrada libre.

Noite de cinema: "La ola"
Praza de Indalecio Prieto
22:00
Entrada libre.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google