Viñetas desde o Atlántico 2010: presenza das Bibliotecas Municipais

xoves, 12 agosto 2010, 9:20 | Category : bibliotecas, comic, feiras
Tags : ,

As Bibliotecas Municipais2010 08 Bibliotecas Municipais da Coruña participan este ano en Viñetas desde o Atlántico con estas actividades:
- Empréstimo de cómics: a caseta das Bibliotecas Municipais da Coruña contará cun fondo de imprescindíbeis, últimas novidades e os cómics creados polos autores convidados ao festival. Calquera destas obras poden ser levadas en empréstimo no propio stand.
- Conexión a internet: que nos permitirá informar sobre o noso catálogo, disponibilidade de obras, inscrición de socios e visitar o noso blog adicado ao cómic Fancómic.
- Concurso on-line no que tanto os maiores como os máis pequenos teñen que respostar a un cuestionario sobre personaxes, historias, gostos, etc. de cómics. Aqueles que se sintan retados deberán achegarse ao stand das bibliotecas municipais para saber se atinaron as perguntas e, de paso, recoller un agasallo.
- Talleres para os máis novos, onde poderán demostrar as súas habilidades construindo personaxes de cómic coa técnica do cubeecraft (o sábado 14 ás 20:00 h. e o domingo 15 ás 12:00 h.)
- Sorteo entre aqueles socios das bibliotecas municipais da Coruña que nos acompañaren para lles agradecer a súa afección á lectura.
- Conferencia: desde as bibliotecas municipais patrocinamos tamén a proxección de animes inéditos na presentación do traballo de investigación de David Pazos e Marina Eiroa (autores do blog Serial Experiments) titulado "O Shonen e as súas personaxes: investigación sobre os arquetipos do xénero a través do tempo", que se celebra o venres 13 de agosto ás 18:00 h. no Kiosko Alfonso.
E todo isto coa colaboración dos nosos voluntarios que vos informarán e axudarán no que precisedes. Máis información aquí.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Leave a comment

Cannot get file list: '/var/www/mapa/wp-content/plugins/SK2/sk2_plugins/' is not a valid folder path