Día da Galiza Mártir: Homenaxe a Alexandre Bóveda
Luns
16
Paseo de Alexandre Bóveda (zona Catro Camiños)
20:00
Asistencia libre.
A Asociación Cultural Alexandre Bóveda, en colaboración coa Concellaría de Cultura do Concello da Coruña e a Real Academia Galega, realiza unha homenaxe á exemplar figura de Alexandre Bóveda, con intervencións institucionais e ofrenda floral ao pé do monumento a Bóveda a cargo da Concelleira de Cultura do Concello da Coruña, María Xosé Bravo, Roberto Catoira, presidente da Asociación Cultural, Xosé Luís Axeitos, secretario da RAG, e Xosé Luís Bóveda. A seguir haberá unha leitura poética a cargo de membros do grupo de teatro da Asociación, actuación musical e reparto de flores, dípticos e bandas deseñadas sobre Alexandre Bóveda.














