O 1 de setembro finaliza o prazo de envío de produccións ao CONCURSO BIBLIOCLIPS
O 1
de setembro finaliza o prazo de envío de produccións ao CONCURSO BIBLIOCLIPS, consistente na realización de curtas (dun máximo de 35 segundos) inspirados nas bibliotecas e na lectura. A publicación do nome da persoa gañadora e dous finalistas será a partires do 1 de outubro do 2010. Entrega de premios: 24 de outubro do 2010. As bases poden consultarse aquí (PDF). Animámosvos a enviar os vosos traballos entre hoxe e mañá.
As Bibliotecas Municipais da Coruña convocan o concurso de BIBLIOCLIPS para amosar o feito lector entre os cidadáns cunha visión diferente, persoal e lúdica das bibliotecas públicas. O concurso consiste na realización dun Spot Publicitario dunha duración máxima de 35 segundos de visionado, inspirados na biblioteca e a lectura. A curta poderá estar ou non gravada nun espazo bibliotecario. En calquera caso, valorarase a orixinalidade e a capacidade de expresar calquera punto de vista relacionado co tema do concurso, así como as posibilidades de emisión dos traballos presentados. Esta actividade enmárcase dentro das que se desenvolven na campaña A Cidade que le.














