Domus: mesa redonda sobre “Albinismo, unha realidade científica e social”

Venres 1
Domus (rúa Santa Teresa, 1)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Mesa redonda sobre "Albinismo, unha realidade científica e social", con Lluís Montoliu, Mónica Puerto (presidenta da Fundación Alba), Ana Iturralde (fotógrafa) e Luis Fernández (persoa con albinismo).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Portas Ártabras: conferencia sobre “Chernobyl hoxe”

xoves, 30 setembro 2010, 12:02 | Category : conferencias
Tags : , , ,

Xoves 30
Portas Ártabras (rúa Sinagoga, 22).
20:00 h.
Entrada libre até completar capacidade.

Conferencia sobre "Chernobyl hoxe...", pronunciada por Francisco Sierra e Xosé Antonio Trillo, aberta a todo o público interesado.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

CGAI: “Estigmas”, de Adán Aliaga

xoves, 30 setembro 2010, 11:36 | Category : cinema
Tags : , , ,

Venres 1
18:00 e 21:00
CGAI (Durán Loriga, 10, baixo)
Entrada libre até completar capacidade.

Dentro do ciclo Fóra de serie, proxéctase o filme "Estigmas", de Adán Aliaga (España, 2009, 100 minutos). Na sesión das 21:00 contará coa presentación do seu produtor Xosé Zapata. Dirección e guión: Adán Aliaga, sobre o cómic homónimo de Mattotti e Piersanti. Produción: IB Cinema, Jaibo Films, Nadir Films e Salto de Eje. Fotografía: Pere Pueyo. Intérpretes: Manuel Martínez, Marieta Orozco. Bruno, un home rudo e adicto ao alcohol, un día logo de espertar comeza a sangrar polas mans. Bruno inicia unha viaxe de redención cos seus moitos estigmas. Segunda longametraxe de Adán Aliaga despois do éxito crítico do documental "La casa de mi abuela", un título atípìco e orixinal no cine español recente que bebe mesmo en "Freaks" de Tod Browning e que obtivo o premio ao mellor director na Seminci de Valladolid 2009.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

CGAI: “Le garçu”, de Maurice Pialat

xoves, 30 setembro 2010, 11:28 | Category : cinema
Tags : , ,

Xoves 30
18:00 e 21:00
CGAI (Durán Loriga, 10, baixo)
Entradas: 1,20 euros (carné xove, 0,60 euros).

No ciclo adicado ao director Maurice Pialat (1925-2003), proxección de "Le garçu" (Franza, 1995, 102 minutos, en versión orixinal con subtítulos en galego). Guión: Sylvie Danton e Maurice Pialat. Produción: DD Productions, France 2 Cinema, Glem Production e PXP Productions. Fotografía: Jean-Claude Larrieu e Myriam Touzé. Intérpretes: Gerard Depardieu, Géraldine Pailhas, Antoine Pialat. Gérard quere coidar do seu fillo de catro anos, Antoine (interpretado polo fillo homónimo de Pialat), froito da súa unión con Sophie. A relación morre e Gérard vai vivir con Jeannot. A derradeira película de Pialat (que non chegou a montar) é de novo unha fermosa e terrible historia de sentimentos e dor, en palabras de Serge Toubiana, unha home movie autobiográfica en forma de pintura cubista que volve aos grandes temas do cineasta: o grupo de familia, a morte, a infancia.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Fórum: “Mensaxe sen botella”, de Caramuxo Teatro

xoves, 30 setembro 2010, 10:56 | Category : teatro
Tags : , ,

Venres 1 ás 20:00
Sábado 2 ás 19:00
Domingo 3 ás 17:30
Fórum Metropolitano
Entradas: 3 euros (abono familiar de 3 entradas por 6 euros).

Despois do éxito colleitado con "Os Bolechas", Caramuxo Teatro regresa ao teatro de actor da man da directora madrileña Olga Margallo, coa estrea absoluta da nova obra para nenos e nenas "Mensaxe sen botella", que convida a toda a familia (a partir de 4 anos) a gozar dunha cómica historia que combina o traballo actoral con títeres nun espectáculo poético. Jean Pierre Dumond é un home maniático e perfeccionista, vive só e adícase cada noite a recoller as mensaxes que chegan ao seu faiado dentro de botellas de diferentes tamaños e cores. Dumond encárgase de entregarllas a Gastón, o seu amigo e compañeiro alado, para que este as deixe voando no alféizar da ventá do seu destinatario. Dumond é feliz na súa rutina diaria, mais un día chega unha botella sen mensaxe, unha mensaxe sen botella...

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Carteleira de cinema no Fórum

xoves, 30 setembro 2010, 10:51 | Category : cinema
Tags : , ,

"Breath", de Kim Ki-duk (Franza, 2007, 100 minutos, V.O.S en castelán), dentro do ciclo Novas de Oriente. Proxeccións: xoves 30 ás 20:15; venres 1 ás 20:15 e 22:45; sábado 2 ás 17:15 e 20:15. Entradas: 3 € (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados/as, 2 €). As sesións do venres ás 22:45 e a do sábado ás 17:15, 1,50 €.

"Nanking, Nanking", de Lu Chuan (China, 2009, 132 minutos, V. O. S. en castelán), dentro do ciclo Loitas. Proxeccións: xoves 30 ás 20:30; venres 1 ás 20:30 e 23:00; e sábado 2 ás 17:30 e 20:30. Entradas: 3 € (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados/as, 2 €). As sesións do venres ás 23:00 e as do sábado, ás 17:30, 1,50 €.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

LVIII Festival de Ópera: concerto lírico de Lise Lindstrom e Simon O’Neill

xoves, 30 setembro 2010, 10:42 | Category : concertos, música, ópera
Tags : , , ,

Venres 1
Palacio da Ópera
20:30
Entradas: 12 euros.

Dentro do LVIII Festival de Ópera da Coruña, concerto lírico de Lise Lindstrom (soprano) e Simon O'Neill (tenor, na súa primeira actuación en Galicia), cun programa composto por arias e esceas de óperas de Puccini, Verdi, Leoncavallo e Wagner. Organizado pola Asociación de Amigos de Ópera da Coruña.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Aquarium Finisterrae: exposición fotográfica “O Ártico e o cambio climático en Groenlandia”, de Carlos Caraglia

Desde ARTE ETERNO-1o martes 28 de setembro até finais de decembro
Aquarium Finisterrae
De 10:00 a 19:00 todos os días (até as 20:00 h. os sábados, domingos e festivos. O acceso péchase unha hora antes do peche do Aquarium)
Entradas: xeral: 10 €, (menores de 14, maiores de 65, carné xove e tarxeta Vinte: 4 €).

Inaugurouse a exposición de fotografías de Carlos Caraglia "O Ártico e o cambio climático en Groenlandia", presentada por primeira vez en España, e que contén imaxes que reflicten a inmensa beleza que esconde o xeo do Ártico, realizadas polo autor, Carlos Caraglia, durante a súa expedición ao casquete polar de Groenlandia en agosto de 2009. As fotografías recollen ademais algúns dos efectos do quentamento global nesta rexión, onde se pode apreciar a perda de xeo que sofre o glaciar de Isertoq.
Motivado pola crenza de que é imprescindible adoptar iniciativas por parte da sociedade civil, Caraglia creou "Viaxe Polar", proxecto que ten como meta filmar e fotografar as zonas polares co propósito de realizar un documental e elaborar un banco de imaxes que serán utilizadas con fins divulgativos. O obxectivo fundamental consiste en mostrar os efectos do quentamento global sobre os polos, a súa inmensa beleza, a fauna que o habita e o importante papel que desempeñan no equilibrio do clima de todo o planeta. Caraglia realizou tres viaxes á Antártida en calidade de fotógrafo. Tras a súa primeira viaxe a este rexión, en novembro de 2007, involucrouse de forma activa na loita pola preservación das zonas polares. Na súa penúltima viaxe (decembro de 2009), percorreu 7.000 millas mariñas (11.265 km) a bordo do Crebaxeos Ruso "Kapitan Klebnikov", accedendo aos lugares máis extremos da Terra, visitando as inaccesibles colonias de pingüíns emperador e os refuxios dende os que Scott e Shackleton iniciaron as campañas cara á conquista do Polo Sur. En xullo de 2010 realizou a súa quinta expedición, que tivo como obxectivo a busca de osos polares no Ártico.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Outonarte 2010: “Cartografías quebradas”

martes, 28 setembro 2010, 12:30 | Category : Arte, danza, espectáculos nas rúas, outonarte
Tags : ,

A edición Outonarte 2010de OUTONARTE#2010, promovida pola Concellaría de Cultura do Concello da Coruña, preséntase este ano baixo o título global de "CARTOGRAFÍAS QUEBRADAS", un proxecto comisariado por Seve Penelas, no que participan un total de 14 artistas e colectivos. A inauguración será o sábado 2 de outubro ás 12:00 na Sala Municipal de Exposicións do Palexco, onde haberá unha interpretación de danza contemporánea, a cargo da Compañía PISANDO OVOS, e, posteriormente, un percorrido polas dúas sedes expositivas e os traballos de intervención en espazos públicos, no eixo entre o Palexco e a Casa da Cultura Salvador de Madariaga.
Esta edición de Outonarte#2010 ofrecerá un itinerario expositivo por propostas de actualidade das artes visuais en Galicia, a través dunha xeira de xoves artistas que traballan con diferentes contidos, linguaxes e soportes técnicos: pintura, fotografía, vídeo, cortos de animación en stop-motion, instalacións, performances e rexistros de accións, intervencións no espazo público, danza contemporánea, etc., acompañados dun programa de actividades paralelas -a desenvolver ao longo do mes de outubro e a primeira semana de novembro -, entre as que se incluirán proxeccións, obradoiros, charlas, videolecturas e accións poéticas, presentación do catálogo da exposición, e outras iniciativas. As sedes fixas distribuense entre a Sala Municipal de Exposicións do PALEXCO (Palacio de Exposicións e Congresos) –Avda. da Asociación da Prensa, s/n-, e a Casa da Cultura Salvador de Madariaga –Rúa Durán Loriga, 10- (onde se atopan a Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil e o CGAI, Centro Galego de Artes da Imaxe).
O percorrido entre ambos espazos transita tamén entre fitos sinalados de intervencións públicas: comezando no entorno do propio Palexco (Avda. da Asociación da Prensa), pasando polos Xardíns de Méndez Núñez, Obelisco, Cantón Grande, ate a arco-pasaxe na esquina entre as rúas Durán Loriga e Huertas, para rematar cunha gran pintura mural na Travesía da rúa Huertas, ou á inversa. Un itinerario de ida e volta con todos os seus quebros, propios das olladas dunha escolla de artistas representativos da actualidade artística en Galicia que vertebran esta exposición entre as revisións de poéticas clásicas e modernas, e cunha especial atención á cidade, ao lugar, ao corpo e o relato, como escenarios e territorios cargados de simbolismos, cruces, significados e significantes. Faros, vistas áereas de cidades, paisaxes enredadas en terra de ninguén, labirintos, ambientes sonoros e proxeccións orgánicas, estruturas cromáticas e lumínicas, pinturas murais, intervencións na escenografía urbana, mapeados e inventarios da cidade, restitucións e desprazamentos de estatuaria pública e relectura monumental, animacións de contos e relatos de diversas tradicións, épocas e culturas, pezas de danza contemporánea, e outras fabulacións... Todo un convite á cidadanía para o coñecemento e disfrute da arte actual en Galicia, a partir dun proxecto colectivo co que incidir, puntualmente, nunha das áreas máis identificativas da cartografía urbana da Coruña, entre o Sábado 2 de outubro –día da inauguración- e o Domingo 7 de novembro -día da clausura- de 2010.

A distribución de artistas, sedes e intervencións en espazos públicos é a seguinte:
SALA MUNICIPAL DE EXPOSICIÓNS DO PALEXCO (Avda. da Asociación da Prensa, s/n):
- Fruela Alonso (Lloro, Asturias, 1974). Vive e traballa en Pontevedra. Pintura. (Paisaxes e vistas aéreas de cidades). Grandes e pequenos formatos.
- Christian García Bello (A Coruña, 1986). Vive e traballa entre A Coruña e Pontevedra. Debuxos, serigrafías, fotografías e transferencias de imaxes gráficas sobre diferentes soportes. Temáticas de paisaxes de terra de ninguén, arquitecturas e edificios, ruinas e outros escenarios, etc.
- Sofía Grandío (Vilalba, Lugo, 1986). Vive e traballa entre Vilalba (Lugo) e Bilbao. “Acción en 3 partes” (2009). Proxección de vídeo (15 min. en bucle), nunha sala pechada e acondicionada dentro do Palexco.
- Borxa Guerrero (Feás, Cariño, A Coruña, 1983). Vive e traballa en Pontevedra. “Cosmogonías” (2008). Debuxos-paisaxes-constelacións en caixas de luz.
- Holga Méndez (Pontevedra, 1971). Vive e traballa en Teruel. “Velocidad + Sentimiento = Luz” (2010)
Instalación (Proxección con 2 proxectores e 1 diapositiva de mica en cada un deles, e unha “paisaxe sonora” de 60 min. de audio).
- Andrés Pinal (Vigo, 1969). Vive e traballa entre Vigo e Pontevedra. Fotografía. Serie Faros. 28 Fotos de 130x130 cm c/u + Vinilos con mapa litoral de Galicia + Liña de costa para ubicación xeográfica dos faros e as súas alturas.
- Pisando Ovos. Compañía de Danza Contemporánea.
- Rut Balbis (Ourense, 1979). Vive e traballa en Oleiros. Peza de danza contemporánea, “MENOS 1”, para o Sábado 2 Outubro, día da inauguración, no interior da Sala de Exposicións do Palexco. (Duración aprox. 15-20 min.)
- Mar Vicente (Lugo, 1979). Vive e traballa en Wolfsberg, Graz, Austria. Pintura, obxeto, instalación. Estructuras cromáticas de cores primarias e secundarias, xogos de complementarios, con branco.

CASA DA CULTURA SALVADOR DE MADARIAGA (Rúa Durán Loriga, 10).
- Arturo Fuentes (Ourense, 1975). Vive e traballa en Vigo. Instalación dun “labirinto” de 12 caixas de cartón xiratorias, apoiadas sobre 12 banquetas con un libro en cada unha delas, no patio central da Planta Baixa.
- Damián Ucieda (A Coruña, 1980). Vive e traballa entre Sada (A Coruña), Londres e Nova York. Fotografías. Escolma de 11 imaxes da serie “Los Invisibles - Before Blue” (2009-2010). Distribuidas en montaxe disperso, non lineal, polas paredes da Primeira Planta.
- OQO Filmes (Pontevedra). Editora de libros ilustrados e produtora audiovisual radicada en Pontevedra. Proxeccións de entre 10-25 curtametraxes -de 10 minutos de duración media-, de animación en stop-motion. Proxeccións repartidas entre a Sala do CGAI, Centro Galego de Artes da Imaxe, e a Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil.

INTERVENCIÓNS EN ESPAZOS PUBLICOS
- Mar Vicente (Lugo, 1979). Vive e traballa en Wolfsberg, Graz, Austria. Intervención no entorno, accesos e fachadas frontais e lateral da sala do Palexco.
- Martín Pena (A Coruña, 1974). Vive e traballa entre A Coruña e Valencia. Intervencións no espazo público ao redor do concepto de “restitución e desprazamentos da estatuaria e os monumentos” (Obelisco e Xardíns de Méndez Núñez).
- María Marticorena (A Coruña, 1977). Vive e traballa en Houston (Texas), Estados Unidos. Proxección dentro dun contáiner, ubicado no Cantón Grande, dunha escolma retrospectiva de rexistros en vídeo das súas performances e accións. Bucle en torno a 20-25 minutos.
- Christian García Bello (A Coruña, 1986). Vive e traballa entre A Coruña e Pontevedra. Instalación de audio e imaxes (fixas e/ou animadas) dentro dun contáiner, ubicado no Cantón Grande. Mapeado e inventario revisado de lugares e monumentos da cidade.
- Mar Vicente (Lugo, 1979). Vive e traballa en Wolfsberg, Graz, Austria. Intervención no arco-túnel-pasaxe da rúa Huertas / esquina edificio Casa da Cultura Salvador de Madariaga.
- Alejandro Castro, "Nano" (Carballo, A Coruña, 1986). Vive e traballa entre Carballo (A Coruña) e Barcelona. Pintura mural en paredes medianeiras-traseiras da Travesía da rúa Huertas. Configuran a estructura dun retablo eclesiástico: dous laterais en ángulo, cunha altura aprox. de 5-6 metros, e 2 metros de ancho, máis un pano central de 3-4 metros de alto por 6-7 metros de ancho.

Neste arquivo, grazas a Seve Penelas, recóllese un extenso resumo, con textos e imaxes, desta edición: Cartografias quebradas Outonarte 2010.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Nota de prensa da Concellaría de Cultura sobre a non celebración na Coruña do Cultur.gal 2010

martes, 28 setembro 2010, 12:29 | Category : anuncios oficiais, culturgal
Tags : , ,

A Concellaría de Cultura do Concello da Coruña lamenta a decisión adoptada pola comisión organizadora da próxima edición da Feira Galega das Industrias Culturais CULTUR.GAL de abandonar A Coruña como sede deste evento. A ubicación do CULTUR.GAL na cidade da Coruña, a partir do ano 2008, supuxo un salto cualitativo na repercusión pública e social desta feira, chamada a ocupar un papel protagonista na difusión da cultura galega. A Coruña ofrece, por traxectoria, por peso poboacional e por centralidade cultural unhas magníficas condicións para garantir o éxito dun evento destas características. O certo é que cando en 2009 a Consellaría de Cultura decide non facer o Culturgal o Concello da Coruña apoiado por ducias de voluntarios e por todos os sectores da Cultura fai unha feira, o Achegarte, cunha resposta de toda a cidadanía verdadeiramente importante. Por iso, o traslado da sede da feira supón unha perda para a cidade, pero tamén unha perda para a cultura galega.
A Concellaría de Cultura respecta a lexítima decisión adoptada polos organizadores do CULTUR.GAL, pero considera inaceptables as presións realizadas pola Xunta de Galicia para forzar o traslado da sede da feira. Non é admisible que desde a Consellaría de Cultura se condicione a aprobación dunha parte importante do financiamento do evento (mais do 40% do total) a súa realización fóra da cidade da Coruña. A actuación da Consellaría de Cultura en relación co CULTUR.GAL reflicte a continuidade dunha política de marxinación da cidade da Coruña de calquera programación, colaboración ou evento cultural patrocinado pola administración autonómica.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

CGAI: “Nós non envelleceremos xuntos”, de Maurice Pialat

martes, 28 setembro 2010, 9:45 | Category : cinema
Tags : , ,

Mércores 29
18:00 e 21:00
CGAI (Durán Loriga, 10, baixo)
Entradas: 1,20 euros (carné xove, 0,60 euros).

No ciclo adicado ao director Maurice Pialat (1925-2003), proxección de "Nous ne vieillirons pas ensemble (Nós non envelleceremos xuntos)" (Franza-Italia, 1972, 107 minutos, en versión orixinal con subtítulos en galego). Dirección e guión: Maurice Pialat, sobre a súa novela. Produción: Lido Films (Francia) e Empire Films (Italia). Fotografía: Luciano Tovoli. Intérpretes: Jean Yanne, Marlene Jobert. Con aspereza, sen piedade nin sentimentalismos, Pialat filma a crónica da degradación dunha parella. Un director de cine airado e violento, Jean, e Catherine, unha muller chea de neuras e comportamentos infantís, trazan arrebatos, enfados, promesas e reconciliacións nunha historia de amor que se resiste á súa disolución. Premio de interpretación para o actor Jean Yanne en Cannes 1972, nova mostra da habilidade do director para o traballo cos intérpretes.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Acta das reunións do Xurado da XXIII Convocatoria dos Prismas Casa das Ciencias á Divulgación

martes, 28 setembro 2010, 9:41 | Category : comunicados, museos científicos, premios
Tags :

O Xurado dos premios Primas da Casa das Ciencias á Divulgación, cuxa presidencia, por delegación do Sr. Alcalde da Coruña, corresponde a D. Joandomenec Ros Aragonés, Catedrático de Ecoloxía (Universitat de Barcelona), está constituído ademais polos seguintes membros: Dna. Carme Prats Joaniquet, Coordinadora do Sistema territorial MNACTEC (Generalitat de Catalunya), D. Javier Medina Fernández, Director da área de Ciencia e Educación do Parque de las Ciencias de Granada, D. Mikel Goñi Santamaría, Director de innovación e divulgación de KutxaEspacio de la Ciencia (San Sebastián), D. Fernando Mugarza, Director de Comunicación Corporativa Grupo Zeltia (Madrid), D. Martí Domínguez, director da revista Mètode (Valencia), D. Xurxo Mariño, profesor do Departamento de Medicina da Universidade da Coruña, e D. Xosé Antón Fraga Vázquez, Director dos Museos Científicos Coruñeses, que actúa como Secretario. D. Fernando Mugarza, que non estivo presente na deliberación final delegou o seu voto no Presidente.
Tras as reunións celebradas os días 24 e 25 de setembro e sendo as 13 horas do día 25, este Xurado:
1.º Decide por unanimidade outorgar o Prisma de Bronce ao mellor traballo multimedia destinado á divulgación científica, e o premio dotado con seis mil euros, ao documental "En busca do mexillón de río" cuxo autor é D. Federico de la Peña Santos, pola forma amena e precisa con que presenta o tema e a calidade das imaxes, alertando, asemade, sobre os riscos que sofre a biodiversidade natural.
Mesmamente, decide por unanimidade outorgar unha Mención Honorífica á páxina web www.mardeespaña.es presentada por D. José Antonio Moya, do Taller de Imaxe da Universidad de Alicante.
2.º Decide por unanimidade outorgar o Prisma de Bronce ao mellor libro de divulgación científica editado en España en 2009, ao titulado "Evolución. El mayor espectáculo sobre la Tierra", da Editorial Espasa e orixinal de Richard Dawkins, pola decisión da editorial de trasladar á sociedade os argumentos dun autor de referencia na ciencia evolutiva.
3.º Decide por unanimidade outorgar o Prisma de Bronce ao mellor artigo xornalístico de divulgación científica publicado durante o ano 2009, e o premio dotado con seis mil euros, ao traballo titulado "¿Cuántos años me echas? Las edades del hombre...y todo lo demás" de Elena Sanz Pérez de Guzmán, publicado en Tercer Milenio, suplemento de ciencia do Heraldo de Aragón, pola súa orixinalidade, oportunidade e diversidade de enfoques, así como pola súa claridade e concisión, apoiado nun excelente tratamento infográfico.
Asemade, decide por unanimidade outorgar unha Mención Honorífica ao artigo xornalístico "La energía que viene" de Abraham Alonso González, publicado na revista Muy Interesante.
4.º Decide por unanimidade outorgar o Prisma de Bronce ao mellor texto orixinal e inédito de divulgación científica, dotado con seis mil euros e a publicación da primeira edición, ao que leva por título "El siglo de oro de la Biotecnología vegetal. Cien años que han cambiado nuestra visión de las plantas" do que é autor José María Seguí Simarro. O Xurado tomou en consideración a maneira de abordar, dende o rigor e a accesibilidade, un tema de interese científico, económico e social pouco tratado no ámbito divulgativo.
5.º Decide por unanimidade outorgar o Prisma Especial do Xurado, e o premio dotado con nove mil euros por PharmaMar Grupo Zeltia, ao diario Público, pola súa sección de Ciencias, que constitúe unha aposta por situar á ciencia nun lugar protagonista nun medio escrito diario. Algo moi destacable no panorama periodístico actual.

Na Coruña, a 25 de setembro de dous mil dez.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Programación teatral para ESO, bacharelato e FP da Concellaría de Cultura

Presentouse TeatroSecun_Weba programación teatral para ESO, bacharelato e FP que a Concellaría de Cultura desenvolverá desde o vindeiro mes de outubro ata o mes de marzo do vindeiro ano. A esta programación súmase a programación que a Concellaría desenvolverá tamén para alumnado de educación infantil chegando entre as dúas a superar os 14.000 escolares. A programación de teatro para ESO, bacharelato e FP arrancará coa obra "Sexo, por que non?" o 14 e 15 de outubro, unha comedia na que se fala do sexo de xeito natural a través dos relatos da única protagonista que nos conta os seus traumas, tabús e como vai pouco a pouco vivindo e descubrindo a súa sexualidade. Aquí se pode descargar o Dossier de Sexo por que non.
O programa inclúe, ademais, outros títulos como "Limpeza de sangue" de Rubén Ruibal, "Palabras encadenadas" a cargo da compañía Talía Teatro, "Rúa Aire" unha obra de El retrete de Dorian Gray en coproducción co Centro Dramático Galego, "Shakespeare para ignorantes" con Quico Cadaval, "Don Juan" coa compañía Teatro Taratumba, Teatro Corsario que presentará "El caballero de Olmedo", Circus Klezmer un espectáculo sobre o mundo circense, e por último, "Un cranio furado" de Martin McDonagh. Propostas moi diversas tanto en formato, estética, temática, estilos e textos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Conferencia de Victorino Pérez Prieto sobre “Prisciliano como símbolo do povo galego”

Martes 28
Fundación Caixa Galicia (rúa Médico Rodríguez, 2)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Baixo a organización da Agrupación Cultural O Facho, terá lugar unha charla-conferencia Victorino Pérez Prieto que versará sobre "Prisciliano como símbolo do povo galego", dentro do ciclo "Economia, História e C. Sociais".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

CGAI: “L’enfance nue”, de Maurice Pialat

luns, 27 setembro 2010, 10:19 | Category : cinema
Tags : , ,

Martes 28
18:00 e 21:00
CGAI (Durán Loriga, 10, baixo)
Entradas: 1,20 euros (carné xove, 0,60 euros).

No ciclo adicado ao director Maurice Pialat (1925-2003), proxección de "L'enfance nue" (Franza, 1968, 82 minutos, en versión orixinal con subtítulos en castelán). Guión: Arlette Langmann e Maurice Pialat. Produción: Parc Film, Films du Carrosse, Renn Productions e Parafrance Films. Fotografía: Claude Beausoleil. Intérpretes: Michel Tarrazon, Marie-Louise Thierry. Primeira longametraxe de Pialat e na que xa amosa a súa persoal perspectiva, un retrato sen disimulos da infancia, observada sen nostalxia nin idealización a través do relato da vida de François, un neno de dez anos que pasa por distintos fogares logo de ser abandonado e confiado aos servizos sociais e que por momentos parece unha copia da nenez demoledora que soportou Jean Genet. Desgarrado e complexo filme que moitos decidiron confrontar a "Os catrocentos golpes", pese a que o mesmo Truffaut -ao igual que Claude Berri- colaborou na produción desta pertinente opera prima.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google