IV Festival Internacional de Maxia na Rúa

venres, 3 setembro 2010, 11:56 | Category : espectáculos nas rúas, maxia
Tags :

A Coruña 2010 09 A Coruña máxicaacollerá a cuarta edición do Festival Internacional de Maxia de Rúa, do 18 ao 24 de setembro. Espectáculos para todos os públicos percorrerán espazos abertos por toda a cidade. Actuarán os mellores especialistas de maxia de rúa chegados de todo o mundo.
Adiantamos o programa:
- Obradoiros de iniciación á arte da Maxia. Nenos e adultos terán a oportunidade de iniciarse na sorprendente e divertida arte da maxia durante o mes de setembro. Magos profesionais ensinarán técnicas e xogos máxicos co apoio de material exclusivo para o curso. Durante os días do 18 o 26 de setembro, as Bibliotecas Municipais, xunto coa sede da Fundación Caixa Galicia serás os espazos onde se poderán apuntar os interesados que queran aprender a divertir e sorprender coa maxia.
- Ciclo de cine e maxia • Auditorio Caixa Galicia. Proxectarase no auditorio da Fundación Caixa Galicia unha selección de películas onde a arte do ilusionismo é protagonista. Directores da talla de Orson Welles, Woody Allen, George Marshall ou Christopher Nolan serán parte desta mostra cinematográfica.
- Conferencias públicas • Auditorio Caixa Galicia. Ciclo de conferencias públicas que presentará a figuras internacionais do ilusionismo, a estudosos da historia secreta da maxia, e a científicos como a prestixiosa Dr. Susana Martínez Conde e o Dr. Stephen Macknik, que investigan as bases neurais e cognitivas das ilusións visuais que os magos producen.
- Inauguración Congreso con aparición de centos de bolboretas. Acto público de presentación no que aparecerán da nada centos de bolboretas que voarán pola cidade, enchéndoa de maxia, durante o XXX Congreso Máxico Nacional A Coruña 2010.
- Gala de maxia para cegos. Maxia para cegos é unha experiencia única no mundo: maxia na máis completa escuridade. Cegos e videntes, dirixidos polo mago chileno Juan Esteban Varela, comparten un mundo invisible onde os efectos máxicos ocorren unha e outra vez nas mans dos espectadores. Un espectáculo insólito e pioneiro que poderase disfrutar no auditorio da Fundación Caixa Galicia.
- Maxia en colexios, centros da terceira idade e hospitais. A maxia máis social e solidaria encherá estes espazos da cidade para que os máis novos, os nosos maiores e, dun xeito especial, os nenos que se atopan hospitalizados, sexan os protagonistas que participen da maxia.
- Barco Máxico de Juan Tamariz • Goleta Nostramo. Tódalas noites, un barco antigo abrirá as súas portas para gozar de sesións de maxia de cerca. Toda a xente que pase pola dársena da marina poderá ver proxeccións sobre a vela do barco, que retrasmitirá en directo o que suceda no interior. O gran Juan Tamariz será o patrón desta goleta atracada no porto deportivo e, xunto a outros magos como Luis Piedrahita ou Dani Daortiz, converterán a noite nunha experiencia única e irrepetible.
- A Maldición do Acuario na Torre de Hércules. O faro máis antigo patrimonio da humanidade iluminará un acto sorpresa no que o Mago Anton fará un dos escapes máis arriscados da historia da maxia. Proxeccións sobre a Torre e un gran acuario baixo ela, crearán un espectacular e multitudinario evento cuxa maxia e repercusión excederán os límites da cidade.
- Gala dos Grandes Premios da Maxia • Teatro Rosalía de Castro. Un espectáculo homenaxe a aqueles que conseguiron a máxima distinción no mundo da maxia. O televisivo Jorge Blass dirixe unha gala na que estará, entre outros, o incrible John Calvert aos seus 99 anos de idade.
- Gala Internacional de Creativos da Maxia • Teatro Rosalía de Castro. A innovación na arte do imposible dáse cita no Teatro Rosalía de Castro. Presentará a gala Gaetan Bloom, rodeado dun elenco insólito e cheo de sorpresas que reúne os ilusionistas máis creativos do mundo.

Aquí se pode descargar o programa completo de A Coruña Máxica na Rúa setembro 2010.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Leave a comment

Cannot get file list: '/var/www/mapa/wp-content/plugins/SK2/sk2_plugins/' is not a valid folder path