A Caixiña dos mistos: proxeccións de cinema para os máis pequenos
Por
segundo ano consecutivo, a Caixiña dos Mistos achegará aos máis novos o cinema, en forma dunha caravana ambulante cunha sala de proxeccións de películas curtas sobre rodas que percorrerá distintos barrios da cidade. Este ano cóntase cunha oferta moi atractiva e variada, na que se inclúen películas de todo o mundo. México, Arxentina, Portugal, Australia, Eslovaquia... son algúns dos países de procedencia destas curtas infantís. Sen esquecer o mellor da produción galega e estatal, con moita presenza tamén neste amplo abano de filmes. Os horarios e lugares previstos son:
Sábado 11
12:00 h. Parque de Oza.
17:00 h. Parque de Pablo Iglesias.
Sábado 18
12:00 h. Xardíns de Méndez Núñez.
17:00 h. Campo de Marte.
Sábado 25
12:00 h. Praza das Conchiñas.
17:00 h. Praza Elíptica (Os Rosales).
Como novidade deste ano, os nenos e nenas de máis de sete anos poderán facer unha curta, nun obradoiro de animación con plastilina seguindo a técnica de stop-motion a través do cal farán o guión, o deseño de personaxes e a modelación, fotograma a fotograma, dunha pequenísima curta de animación, que cada participante poderá levar logo para a súa casa. O resultado será unha curta que se estreará pola tarde na Caixa de Mistos.
As inscricións previas realizaranse nestes lugares e horarios:
Sábado 11. De 10:00 a 14:00 h. na Biblioteca do Castrillón. Inscrición na Biblioteca.
Sábado 18. De 10:00 a 14:00 h. na Asociación de Veciños de Monte Alto (no Campo de Marte). Inscrición na Biblioteca de Monte Alto.
Sábado 25. De 10:00 a 14:00 h. na Biblioteca dos Rosales. Inscrición na Biblioteca.
Todas as actividades son de balde. Aquí se pode descargar o dossier da Caixiña dos Mistos co programa completo.














