Exposición fotográfica “Once días de invierno”, de Christian Domínguez

xoves, 9 setembro 2010, 8:45 | Category : exposicións, fotografía
Tags : , ,

Do venres 10 de setembro ao sábado 30 de outubro
Galería 9the13 (Rúa Tabernas, 9)
De martes a venres de 17:00 a 21:00.
Sábados de 11:00 a 14:00
Entrada libre.

Esta é a terceira exposición individual de Christian Domínguez (Barcelona, 1975), asturiano de adopción, mestre de música e profesor de piano, despois das celebradas en Xixón e Langreo. Unha das súas fotografías foi escollida como contraportada do disco do grupo estadounidense The Dynamites "Burn it down", tamén utilizada como imaxe promocional da súa xira europea de 2009. A sensibilidade da súa obra artística, a dozura e exquisitez das súas imaxes, a xenialidade evocadora e poética do seu traballo, substancial na introspección e na vulnerabilidade do tempo detido, retratan en "Once días de invierno" o tempo san da memoria e a transmisión da elegancia na mirada e no sentimento. Un alén do inmediato e un aquí do ensoñado.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Leave a comment

Cannot get file list: '/var/www/mapa/wp-content/plugins/SK2/sk2_plugins/' is not a valid folder path