Teatro Rosalía: “Master class”, de Terrence McNally, con Mabel Rivera
Venres
10 ás 21:00 h.
Sábado 11 ás 21:00 h.
Domingo 12 ás 20:00 h.
Teatro Rosalía de Castro
Entradas: 7 e 10 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados, desconto do 20%).
Con Mabel Rivera, Lino Braxe, María Torres, Julia Cea e Enrique Martínez, baixo a dirección de Xosé M. Rabón. O proxecto “Master class”, de Bengala Produccións, é o resultado do encontro de dúas dinámicas que converxen, por unha banda, na intencionalidade de encarar un proxecto de grande calado coa intención de abranguer unha distribución de amplo recorrido e, por outra, no apaixonamento dunha actriz galega, Mabel Rivera, de recoñecido prestixio no panorama do estado con importantes premios no seu currículum, por enfrontar unha persoaxe histórica, María Callas, chea de matices e rexistros interpretativos, tanto a nivel persoal como artístico, que ven sendo un mito de alcance universal, non só para os amantes da ópera, senón tamén para o público en xeral. O espectáculo toma como pretexto, desde o punto de vista argumental as famosas “master class” que María Callas impartiu na afamada academia neoiorquina “Juilliard”, ao remate da súa vida artístic,; e que o autor do texto, Terrence McNally, transforma de maneira maxistral nun tour de force entre vida privada e artística, creando un conflito de innumerables matices no que a sabiduría da personaxe e a riqueza das súas vivencias forman un xeito de catarse na que se ven envoltos todolos participantes na cerimonia da representación: público, actores, cantantes...














