A Caixiña dos Mistos: actividades do sábado 11

venres, 10 setembro 2010, 11:30 | Category : cinema, obradoiros
Tags :

Sábado 11
12:00 h. Parque de Oza.
17:00 h. Parque de Pablo Iglesias.
Entrada libre até completar capacidade.

A Caixiña dos Mistos achegará aos máis novos o cinema, en forma dunha caravana ambulante cunha sala de proxeccións de películas curtas sobre rodas que percorrerá distintos barrios da cidade. Como novidade deste ano, os nenos e nenas de máis de sete anos poderán facer unha curta, nun obradoiro de animación con plastilina seguindo a técnica de stop-motion a través do cal farán o guión, o deseño de personaxes e a modelación, fotograma a fotograma, dunha pequenísima curta de animación, que cada participante poderá levar logo para a súa casa. O resultado será unha curta que se estreará pola tarde na Caixa de Mistos. O horario para este sábado é:
Sábado 11. De 10:00 a 14:00 h. na Biblioteca do Castrillón. Inscrición na Biblioteca.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Leave a comment

Cannot get file list: '/var/www/mapa/wp-content/plugins/SK2/sk2_plugins/' is not a valid folder path