Festival On 2010: proxeccións do venres 10 de setembro
Venres
10
Praza de Azcárraga
22:00
Entrada libre.
Prosegue o Festival On 2010 coa proxección das seguintes curtas:
- On line, de Federico Santillana, animación (Arxentina, 2 minutos, 2009). Un neno e unha nena chatean dende as súas habitacións. Por medio de internet crean unha imaxe virtual deles, de como son ou como lles gustaría ser. Ás veces, por crer que estamos tan conectados, non nos damos de conta do preto que estamos.
- Dous homes e un suicidio, de Iria López, ficción (Galicia, 17 minutos, 2010). Samuel é un mozo algo excéntrico que, levándose pola súa habitual auto-compaixón decide rematar con todo e gravar en vídeo o seu propio suicidio. Nese momento atopa a Ricardo, un home que, aos seus corenta anos, vese sen casa, sen familia e sen traballo e decide tamén quitarse do medio.
- El tránsito, de León Siminiani, documental (España, 12 minutos, 2009). Versión non oficial e clasificada da hora punta e as súas consecuencias na vida do home moderno.
- Ofelia, de Anita Sinkovic, ficción (España, 10 minutos, 2009). Unha tarde de tormenta… Berros, nervios e algún que outro portazo. En plena discusión entre os seus pais, Ofelia, fuxe á rúa buscando ó seu gato que acaba de escapar. Cada un polo seu lado, vagarán polas rúas baixo unha intensa tormenta. Para Ofelia calquera cousa é mellor que soportar o inferno cotiá na casa…
- Amona putz! (A avoa inchable), de Telmo Esnal, ficción (Euskadi, 9 minutos, 2009). Ás veces, os matrimonios que teñen nenos pequenos botan de menos á avoa. Pero só algunhas veces…
- Viejos perdedores, de Rubén Ordieres, ficción (España, 15 minutos, 2009). Unha tarde dos anos trinta, Angelón de Piñeira aparece na casa do seu antigo entrenador, Manuel Quintán, para pedirlle axuda nun derradeiro combate que está decidido a gañar. Pero Quintana sabe que os bos tempos de Angelón – se é que algunha vez os tivo- xa pasaron.
- La historia de siempre, de J. L. Montesinos, ficción (España, 11 minutos, 2009). A conversa telefónica dun home ten en vilo a todos os pasaxeiros dun autobús no que viaxan. El vai axudala a topar algo que deixou esquecido ó facer a maleta. Pero sobre todo, vai a intentar ter unha segunda oportunidade cambiando a vida de todos os que lle rodean.














