SuperTramp 70-10 tour no Coliseum

venres, 10 setembro 2010, 11:42 | Category : concertos, música
Tags : ,

Sábado Supertramp11
Coliseum
22:30
Entradas: 35, 40, 50 e 65 euros.

O grupo británico confirmou o seu 70-10 Tour, celebrando os corenta anos dende que saíu o seu primeiro álbum “Supertramp” en 1970. Xunto a Rick Davies (fundador, cantante e teclista) estarán os lendarios membros de Supertramp John Anthony Helliwell (saxos e frautas) e Bob Siebenberg (batería). Outros veteranos membros do grupo en pasadas xiras como Jesse Siebenberg (voces guitarras e percusión), Cliff Hugo (baixo), Carl Verheyen (guitarras) e Lee Thornburg (ventos) completarán o grupo. Rick Davies, xunto a Michael Brian Duncan (deseñador do escenario e de luces) está a desenvolver toda unha nova produción escénica que conseguirá que o público teña unha experiencia total de Supertramp, para oídos e ollos. Durante as máis de dúas horas e media de concerto, o grupo tocará clásicos dos seus 40 anos de carreira, temas como Bloody Well Right, Dreamer, From Now On, Goodbye Stranger, The Logical Song, Rudy e moitos máis.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Leave a comment

Cannot get file list: '/var/www/mapa/wp-content/plugins/SK2/sk2_plugins/' is not a valid folder path