Programa Lecer no outono 2010 no Fórum Metropolitano

Como cartellecer10-001en anteriores anos o Programa Lecer no Outono do 2010 ofrece á cidadanía un amplo abano de obradoiros e actividades dirixidas a todos os públicos (aquí se pode descargar en .pdf o Lecer Outono 2010):
- Cidade: Coñecer Coruña e Coruña, á túa vista, introdución ao uso das cámaras dixitais e á fotografía artística dixital.
- Música: Paixón pola música, A golpe de música, Os misterios da ópera, e Descubre o jazz.
- Literatura: Relatos creativos, As nosas letras, Cunha pluma... A Coruña, Os roteiros da literatura, e Actualidade literaria.
- Arte e Historia: Explorar as exposicións, Emociónate coas artes, O mundo da pintura, A volta ao Mundo en..., O Renacemento, e Personaxes, momentos e lugares da nosa cultura.
- Ciencias: Baixo o firmamento, para descubrir entretidamente o universo.
- Cine e teatro: A historia do cine, Filmoteca Fórum, Descubrindo o teatro. Iniciación, A escena en acción. Perfeccionamento, Xuntos ao Rosalía, onde se tratarán as postas en escena presentadas no Teatro Rosalía.
- Manualidades: Tapiz en alto lizo, Tapiz gobelino, Artesanía galega, e Domadores de coiro.
- Habilidades sociais e mentais: Pensando polo mundo, Cos cinco sentidos, Ximnastas do intelecto e A actualidade a debate.
- Monográfico: Luís Seoane, cun achegamento á súa figura en todos os seus contextos.
- Oferta específica para maiores de 65 anos: Fagamos memoria I e II e Memoria da Cidade.
- Nunca é tarde: obradoiros de iniciación á lectura e á escritura, Nivel I e Nivel II.
- Oferta específica para nenos/as: Xogando no Fórum.

Condicións para os obradoiros de lecer:
- Destinatarios: A oferta diríxese preferentemente ás persoas empadroadas no concello da Coruña.
- Preinscrición: Os días 13, 14 e 15 de setembro as persoas interesadas en solicitar unha reserva de prazas para os obradoiros, poderán facelo na conserxaría do Fórum Metropolitano de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Cada solicitante poderá anotar ata catro obradoiros na ficha, tendo en conta que a adxudicación respectará a orde fixada polo solicitante e esta non poderá ser modificada unha vez realizado o sorteo. Cada solicitante recibirá un número que servirá para poder fixar a orde de preferencia. Adxudicaranse un máximo de dous obradoiros agás no caso de que queden prazas libres.
- Sorteo: As solicitudes ordenaranse a partir do día 16 de setembro, de forma correlativa, comezando polo número que corresponda no sorteo público que se realizará as 10:00 h. na conserxaría do Fórum Metropolitano. Unha vez adxudicado o número máximo de participantes a un obradoiro, o resto de peticións formarán parte dunha listaxe de agarda segundo a orde do sorteo.
- Inscrición: As reservas serán adxudicadas segundo a orde fixada polo sorteo. Será necesario formalizar a inscrición dos días 20 ao 22 de setembro na conserxaría do Fórum Metropolitano de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. As prazas reservadas só poderán ser ocupadas polos gañadores do sorteo. As prazas non ocupadas durante estes tres días adxudicaranse ás persoas na listaxe de agarda.
- Listaxe de agarda e prazas vacantes: As persoas na listaxe de agarda terán preferencia en ocupar as prazas non feitas efectivas polas reservas do taller correspondente. O resto de prazas vacantes nos diferentes obradoiros poderán ser ocupadas polo público en xeral, ainda no caso de que xa lle fosen concedidas prazas en dous talleres. A partir do 23 de setembro as persoas interesadas en solicitar prazas vacantes nos obradoiros, poderán facelo na conserxaría do Fórum Metropolitano de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. As prazas serán adxudicadas por orde de petición, agás nos obradoiros con listaxe de agarda.
- Pago de cotas: Os obradoiros teñen fixada unha cota. Os maiores de 65 anos só aboarán a metade da cota. Ao formalizar a inscrición aboarase a cota fixada. Prezo: 24 euros.
- Participación:Os/as novos/as participantes terán preferencia nos obradoiros con prioridade a novos participantes, aínda que por sorteo estean máis lonxe do número agraciado no sorteo; en caso de prazas vacantes, terán a posibilidade de se anotaren e repetiren obradoiro.
- Inicio dos obradoiros: A partir do 27 de setembro, no día e hora que lle correspondan a cada obradoiro. As persoas que falten a máis do 50% das sesións perderán todos os dereitos de matrícula.

Clubs e círculos
Clubs. Son agrupacións de persoas cun interese común que tratan de indagar en profundidade sobre a temática elixida. Desta forma, convértense en foros participativos de reunión para intercambiar ideas, experiencias e valoracións que enriquezan todos os seus integrantes.
Círculos. Son actividades dedicados a unha temática concreta que están dirixidas por unha persoa que de modo voluntario comparte os seus coñecementos cos demais.
Inscrición. As persoas que xa formaban parte destas actividades conservan a súa praza, mais deben confirmala na conserxaría do Fórum Metropolitano ata o 8 de outubro (de luns a venres de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 h), mentres que os novos participantes poderán solicitar estas actividades anotándose nas listaxes correspondentes na conserxaría do Fórum Metropolitano a partir do 20 de setembro. No caso de existir vacantes as persoas admitidas serán avisadas telefonicamente por rigorosa orde de inscrición para iniciar a actividade a partir do 11 de outubro. Os clubs e círculos comenzarán a partir do 27 de setembro igual que os obradoiros.
Clubs: Palillos, Labores, Lectura, Canastra, Pintura, Filosofía, Tapiz no alto lizo, Sendeirismo, Tapiz gobelino, Abelorios e Comparte aficións.
Círculos: Técnicas de encaixe, Manualidades e Pintura.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Leave a comment

Cannot get file list: '/var/www/mapa/wp-content/plugins/SK2/sk2_plugins/' is not a valid folder path