Festival On 2010: proxeccións do venres 17 de setembro
Venres
17
Praza de Azcárraga
22:00
Entrada libre.
Prosegue o Festival On 2010 coas seguintes proxeccións:
- A nena que tiña unha soa orella, de Rubén Coca, animación (Galicia, 12 minutos, 2009). Todos os nenos teñen dous ollos, nariz, unha boca, dúas orellas e dous dedos. Ou non? Pois non. Alegra vai descubrir que hai nenos de todo tipo. Unha historia que invita a todos a aceptar de maneira natural as diferenzas.
- A porta, de Andrés Goteira, ficción (Galicia, 5 minutos, 2010). Un rapaz de mediana idade dorme inmerso nunha profunda tranquilidade nunha casiña próxima a Ribadeo. Uns fortes portazos rompen a súa calma reclamando axuda nun accidente de coche; sen embargo, o accidentado está máis preto do que el pensa…
- Flat Love, de Andrés Sanz, ficción (España, 15 minutos, 2009). Un home, convencido de que o mundo é en realidade plano, namórase dunha muller de dúas dimensións no Museo de Arte Moderno de Nova York.
- En un lugar del cine, de Eduardo Cardoso, ficción (España, 17 minutos, 2009). A curtametraxe é a primeira pedra da historia do cinema.
- I love Luci, de Colin Kennedy, ficción (Reino Unido, 12 minutos, 2010). Comedia sobre a perda duns dentes, o amor non correspondido e o potencial dun can para dar forma á fortuna dunha parella destinada a non estar nunca xuntos.
- Rodilla, de Juanjo Giménez, ficción (España, 16 minutos, 2009). Cromos para axustar contas coa infancia.














