Festival On 2010: proxeccións do venres 24 de setembro
Venres
24
Praza de Azcárraga
22:00
Entrada libre.
Remata este venres o Festival On 2010 coas seguintes proxeccións:
- O soldadiño de chumbo, de Virginia Curiá e Tomás Conde, animación (Galicia, 12 minutos, 2009). O soldadiño namórase da bailarina dunha caixa de música e intenta por todos os medios chegar a ela, aínda faltándolle unha perna!
- Empatía, de Carlos Seijo, ficción (Galicia, 9 minutos, 2010). George Amherst conduce o seu Cadillac Deville por un deserto inhóspito. Escapa dunha pantasma que non logra deixar atrás. Cada milla percorrida completa unha alegoría espectral sobre o proceso de poñerse na pel do outro.
- Steps, de Barney Cheng, ficción (Estados Unidos, 3 minutos, 2009). Unha rapaza, abandonada sendo cativa, reflexiona sobre os pasos que toma a xente cada día e as cousas que poderían terlle pasado se un estraño nunca dera un paso na súa dirección.
- Todo es maybe, de Asier Urbieta, documental (España, 19 minutos, 2010). Braulio Thorne é un músico panameño que reside en Nova York. Todo es maybe é unha actitude ante a vida, maioritariamente incerta.
- Por la mañana, e A señora María, de Toño Chouza, ficción (Galicia, 13 e 3 minutos, respectivamente, 2009). Un actor vive coa súa moza e o tren que o vai levar de xira está a piques de saír. Entretanto, a moza fuchica na maleta e atopa algo que non debería ter visto.
A señora María fai un descanso da súa rotina diaria para contarnos pequenas cousas da vida…
- Lost, de Alberto Dorado, ficción (España, 3 minutos, 2009). Lost é unha curtametraxe rodada nun único plano, que retrata un instante na vida dun neno somalí de oito anos, evocándonos a súa vida interior e dándonos pistas para adiviñar a que lle espera…
- Voltereta, de Alexis Morante, ficción (España, 13 minutos, 2010). Lolo é un neno andaluz de dez anos que ten que mudarse a Nova York coa familia. É 1985 e Lolo só coñece América polo cine do seu barrio, e cando baixa coa avoa á piscina algo inesperado provoca que Lolo teña que enfrontarse a todos os seus medos.














