Aquarium Finisterrae: exposición fotográfica “O Ártico e o cambio climático en Groenlandia”, de Carlos Caraglia

Desde ARTE ETERNO-1o martes 28 de setembro até finais de decembro
Aquarium Finisterrae
De 10:00 a 19:00 todos os días (até as 20:00 h. os sábados, domingos e festivos. O acceso péchase unha hora antes do peche do Aquarium)
Entradas: xeral: 10 €, (menores de 14, maiores de 65, carné xove e tarxeta Vinte: 4 €).

Inaugurouse a exposición de fotografías de Carlos Caraglia "O Ártico e o cambio climático en Groenlandia", presentada por primeira vez en España, e que contén imaxes que reflicten a inmensa beleza que esconde o xeo do Ártico, realizadas polo autor, Carlos Caraglia, durante a súa expedición ao casquete polar de Groenlandia en agosto de 2009. As fotografías recollen ademais algúns dos efectos do quentamento global nesta rexión, onde se pode apreciar a perda de xeo que sofre o glaciar de Isertoq.
Motivado pola crenza de que é imprescindible adoptar iniciativas por parte da sociedade civil, Caraglia creou "Viaxe Polar", proxecto que ten como meta filmar e fotografar as zonas polares co propósito de realizar un documental e elaborar un banco de imaxes que serán utilizadas con fins divulgativos. O obxectivo fundamental consiste en mostrar os efectos do quentamento global sobre os polos, a súa inmensa beleza, a fauna que o habita e o importante papel que desempeñan no equilibrio do clima de todo o planeta. Caraglia realizou tres viaxes á Antártida en calidade de fotógrafo. Tras a súa primeira viaxe a este rexión, en novembro de 2007, involucrouse de forma activa na loita pola preservación das zonas polares. Na súa penúltima viaxe (decembro de 2009), percorreu 7.000 millas mariñas (11.265 km) a bordo do Crebaxeos Ruso "Kapitan Klebnikov", accedendo aos lugares máis extremos da Terra, visitando as inaccesibles colonias de pingüíns emperador e os refuxios dende os que Scott e Shackleton iniciaron as campañas cara á conquista do Polo Sur. En xullo de 2010 realizou a súa quinta expedición, que tivo como obxectivo a busca de osos polares no Ártico.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Leave a comment

Cannot get file list: '/var/www/mapa/wp-content/plugins/SK2/sk2_plugins/' is not a valid folder path