A Caixiña dos mistos: actividades do sábado 25

venres, 24 setembro 2010, 11:40 | Category : cinema, obradoiros
Tags :

Sábado 25
12:00 h. Praza das Conchiñas.
17:00 h. Praza Elíptica (Os Rosales).
Entrada libre até completar capacidade.

A Caixiña dos Mistos achegará aos máis novos o cinema, en forma dunha caravana ambulante cunha sala de proxeccións de películas curtas sobre rodas que percorrerá distintos barrios da cidade. Como novidade deste ano, os nenos e nenas de máis de sete anos poderán facer unha curta, nun obradoiro de animación con plastilina seguindo a técnica de stop-motion a través do cal farán o guión, o deseño de personaxes e a modelación, fotograma a fotograma, dunha pequenísima curta de animación, que cada participante poderá levar logo para a súa casa. O resultado será unha curta que se estreará pola tarde na Caixa de Mistos. O horario para este sábado é:
Sábado 25. De 10:00 a 14:00 h. na Biblioteca dos Rosales. Inscrición na Biblioteca.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A Coruña Máxica: Gala internacional de creativos da maxia

Sábado2010 09 A Coruña máxica 25 ás 18:00
Domingo 26 ás 20:00
Teatro Rosalía de Castro
Entradas: 8, 10, 13 e 17 euros (carné xove, maiores de 65 anos ou desempregados/as, desconto dun 20%).

Participan Gaetan Bloom, Barry & Stuart, Sylvester the Jester, Adrián Soler, Juan Mayoral, Philippart & Anja Finn Jon, baixo a dirección de Jorge Blass e presentado por Gaetan Blomm.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A Coruña Máxica: Gala dos grandes premios da maxia

Xoves2010 09 A Coruña máxica 23 ás 21:00 h.
Venres 24 ás 18:00 h.
Teatro Rosalía de Castro
Entradas: 8, 10, 13 e 17 euros (carné xove, maiores de 65 anos ou desempregados/as, desconto dun 20%).

Dirixida por Jorge Blass e coa presentación de Roger Princep, participarán nesta festa da maxia Soma, Enric Magoo, Sergi Buka, Miguel Ángel Gea, John Calvert e Norbert Ferré.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A Coruña Máxica: actividades do sábado 25

venres, 24 setembro 2010, 11:36 | Category : espectáculos, galas, maxia, obradoiros
Tags :

Sábado2010 09 A Coruña máxica 25
17:00 h. Fundación Caixa Galicia: conferencia de William Kalush: "A vida secreta de Harry Houdini".
18:00-20:00 h. Fundación Caixa Galicia. Obradoiros de iniciación á arte da maxia. Co Mago Norberto.
18:00 h. Teatro Rosalía de Castro: GALA INTERNACIONAL DE CREATIVOS DA MAXIA, con Gaetan Bloom, Barry & Stuart, Sylvester the Jester, Adrián Soler, Juan Mayoral, Philippart & Anja Fin Jon, coa presentación de Gaetan Blomm e a dirección de Jorge Blass. As entradas son de: 8, 10, 13 e 17 euros (carné xove, maiores de 65 anos ou desempregados/as, desconto dun 20%).
20:00 h. Barco máxico: Juan Tamariz e outros magos do 18 ao 25 de setembro na Goleta Nostramo atracada no porto deportivo.
A información completa pode descargarse aquí: A Coruña máxica 2010.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A Coruña Máxica: actividades do domingo 26

venres, 24 setembro 2010, 11:35 | Category : galas, maxia, obradoiros
Tags :

Domingo2010 09 A Coruña máxica 26
12:00-14:00 h. Fundación Caixa Galicia: Obradoiros de iniciación á arte da maxia. Co Mago Norberto.
18:00-19:00 h. Auditorio da Fundación Caixa Galicia: Gala de maxia para cegos (e videntes). Con Juan Esteban.
20:00 h. Teatro Rosalía de Castro: GALA INTERNACIONAL DE CREATIVOS DA MAXIA, con Gaetan Bloom, Barry & Stuart, Sylvester the Jester, Adrián Soler, Juan Mayoral, Philippart & Anja Fin Jon, coa presentación de Gaetan Blomm e a dirección de Jorge Blass. As entradas son de: 8, 10, 13 e 17 euros (carné xove, maiores de 65 anos ou desempregados/as, desconto dun 20%).
A información completa pode descargarse aquí: A Coruña máxica 2010.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Fórum: “Osofete”, pola compañía Tirititempo

venres, 24 setembro 2010, 11:33 | Category : infantil, teatro
Tags : , ,

Sábado 25
Fórum Metropolitano
19:00
Entradas: 3 euros (abono familiar, 3 entradas por 6 euros).

Dentro do Ciclo Títeres en familia, a Compañía Tirititempo representa "Osofete", baixo a dirección de Claudia Massotto, e coa participación como manipuladores dos títeres Mario Tomás López e a propia Claudia Massotto. Todo é feliz na vida do pequeno Osofete: No seu monte abundan as árbores, que son o fogar de todos os seus amigos e alí ten todo o que necesita para ser feliz. Nas súas aventuras coñece a novos amigos que lle contan como a acción humana destruíu parte do bosque.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Xornadas Casares Quiroga: conferencias do sábado 25 e clausura

venres, 24 setembro 2010, 11:32 | Category : conferencias
Tags : , ,

Sábado 25
Casa Museo Casares Quiroga (rúa Panadeiras, 12)
Baixo a organización da Fundación Santiago Casares Quiroga
Entrada libre até completar capacidade.

11:30 h. Conferencia de María Lopo, Doutora en Literatura Francesa e autora de "Cartas no Exilio. Correspondencia entre Santiago Casares Quiroga e María Casares": "Sorrir co corazón nun puño. María Casares e Santiago Casares Quiroga no seu exilio francés".
12:30 h. Conferencia de Isabel Gómez Rivas, xornalista e Profesora da Universidade Carlos III de Madrid: "O exiliado da rúa Vaugirard".
13:30 h. Clausura.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

CGAI: “Manuscritos pompeianos”, de Marcos Nine

venres, 24 setembro 2010, 11:29 | Category : cinema
Tags : , ,

Sábado 25
18:00
CGAI (Durán Loriga, 10, baixo)
Entrada libre até completar capacidade.

Dentro do ciclo Off Galicia, proxéctase o filme "Manuscritos pompeianos", de Marcos Nine (2010, 18 minutos). Dirección e guión: Marcos Nine. Produción: Marcos Nine, coa colaboración de Ximena Losada. En Pompeia, entre os anos 69 e 70 A.C, a xente escribía con carbón e pintura mensaxes nos seus muros. Mensaxes que a erosión eliminaría en pouco tempo. Mensaxes efémeras condenadas a desaparecer. Hoxe graffitis e mostras de arte urbana son habituais en todo o mundo. Primeira montaxe deste traballo documental nunha sesión que inclúe un avance do proxecto de longametraxe de Marcos Nine "La brecha" e unha antoloxía doutros traballos en proceso.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Festival On 2010: proxeccións do venres 24 de setembro

Venres2010 09 Festival On 24
Praza de Azcárraga
22:00
Entrada libre.

Remata este venres o Festival On 2010 coas seguintes proxeccións:
- O soldadiño de chumbo, de Virginia Curiá e Tomás Conde, animación (Galicia, 12 minutos, 2009). O soldadiño namórase da bailarina dunha caixa de música e intenta por todos os medios chegar a ela, aínda faltándolle unha perna!
- Empatía, de Carlos Seijo, ficción (Galicia, 9 minutos, 2010). George Amherst conduce o seu Cadillac Deville por un deserto inhóspito. Escapa dunha pantasma que non logra deixar atrás. Cada milla percorrida completa unha alegoría espectral sobre o proceso de poñerse na pel do outro.
- Steps, de Barney Cheng, ficción (Estados Unidos, 3 minutos, 2009). Unha rapaza, abandonada sendo cativa, reflexiona sobre os pasos que toma a xente cada día e as cousas que poderían terlle pasado se un estraño nunca dera un paso na súa dirección.
- Todo es maybe, de Asier Urbieta, documental (España, 19 minutos, 2010). Braulio Thorne é un músico panameño que reside en Nova York. Todo es maybe é unha actitude ante a vida, maioritariamente incerta.
- Por la mañana, e A señora María, de Toño Chouza, ficción (Galicia, 13 e 3 minutos, respectivamente, 2009). Un actor vive coa súa moza e o tren que o vai levar de xira está a piques de saír. Entretanto, a moza fuchica na maleta e atopa algo que non debería ter visto.
A señora María fai un descanso da súa rotina diaria para contarnos pequenas cousas da vida…
- Lost, de Alberto Dorado, ficción (España, 3 minutos, 2009). Lost é unha curtametraxe rodada nun único plano, que retrata un instante na vida dun neno somalí de oito anos, evocándonos a súa vida interior e dándonos pistas para adiviñar a que lle espera…
- Voltereta, de Alexis Morante, ficción (España, 13 minutos, 2010). Lolo é un neno andaluz de dez anos que ten que mudarse a Nova York coa familia. É 1985 e Lolo só coñece América polo cine do seu barrio, e cando baixa coa avoa á piscina algo inesperado provoca que Lolo teña que enfrontarse a todos os seus medos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

LVIII Festival de Ópera da Coruña: “La fille du Régiment”, de Donizetti

Venres 24
Palacio da Ópera
20:00
Entradas: 15, 35, 50 e 65 euros.

Dentro do LVIII Festival de Ópera da Coruña, representación de "La fille du Régiment", de Gaetano Donizetti, con Celso Albelo, Patrizia Ciofi, Javier Franco, María José Trullu e Rossy de Palma, acompañados pola Orquestra e Coro da Sinfónica de Galicia, baixo a dirección musical de Luciano Accocella e a dirección escénica de Davide Livermoore, espectáculo producido polo Teatro Lírico Giuseppe Verdi de Trieste. Organizado pola Asociación de Amigos de Ópera da Coruña.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A Coruña Máxica: actividades do venres 24

xoves, 23 setembro 2010, 11:08 | Category : conferencias, galas, maxia, obradoiros
Tags :

Venres2010 09 A Coruña máxica 24
13:00 h. Obelisco. IV Festival Internacional de Maxia de Rúa. Con Toby van Deisner e Miguelillo.
18:00-20:00 h. Fundación Caixa Galicia. Obradoiros de iniciación á arte da maxia. Co Mago Norberto.
18:00 h. Teatro Rosalía de Castro: GALA GRANDES PREMIOS DA MAXIA, con Soma, Enric Magoo, Sergi Buka, Miguel Angel Gea, John Calvert e Norbert Ferré, coa presentación de Roger Princep e a dirección de Jorge Blass. As entradas son de: 8, 10, 13 e 17 euros (carné xove, maiores de 65 anos ou desempregados/as, desconto dun 20%).
20:00 h. Barco máxico: Juan Tamariz e outros magos do 18 ao 25 de setembro na Goleta Nostramo atracada no porto deportivo.
20:30 h. Fundación Caixa Galicia: conferencia de Stephen Macknik: "A maxia de trucos e enganos dentro e fóra do escenario".
A información completa pode descargarse aquí: A Coruña máxica 2010.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Monólogos no Fórum: Oswaldo Digón

xoves, 23 setembro 2010, 11:07 | Category : espectáculos, humor
Tags : ,

Venres2010 09 Monólogos no fórum 24
Fórum Metropolitano
21:00
Entradas: 5 euros (4 euros para persoas maiores de 65 anos, desempregados ou con carné xove).

O auditorio do Fórum Metropolitano transfórmase nun café teatro para acoller os monólogos dos mellores humoristas, logrando unha ruptura do espazo escénico que permitirá obter un ambiente máis relaxado e cercano entre o público e o monologuista. Este venres contaremos coa actuación de Oswaldo Digón. Organizado pola Asociación Cultural A Bufarda.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Xornadas Casares Quiroga: conferencias do venres 24

xoves, 23 setembro 2010, 11:06 | Category : conferencias
Tags : , ,

Venres 24
Casa Museo Casares Quiroga (rúa Panadeiras, 12)
Baixo a organización da Fundación Santiago Casares Quiroga
Entrada libre até completar capacidade.

19:00 h. Conferencia de Pedro López Gómez, Catedrático de Biblioteconomía e Documentación da Universidade da Coruña: "A memoria documental de Casares Quiroga".
20:00 h. Conferencia de Emilio Grandío Seoane: "Casares e o 18 de xullo".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

CGAI: “La maison de bois”, de Maurice Pialat

xoves, 23 setembro 2010, 11:04 | Category : cinema
Tags : , ,

Venres 24
18:00
CGAI (Durán Loriga, 10, baixo)
Entradas: 1,20 euros (carné xove, 0,60 euros).

No ciclo adicado ao director Maurice Pialat (1925-2003), proxección de "La maison de bois" (Franza, 1971, 360 minutos, en versión orixinal con subtítulos en galego). Guión: René Wheeler, Maurice Pialat, Yves Laumet e Arlette Langmann. Produción: ORTF, Son et Lumière. Fotografía: Roger Duculot. Intérpretes: Pierre Doris, Jacqueline Dufranne. Obra maior e pouco coñecida do seu autor, "La maison des bois" é unha miniserie ou folletín ambientado en plena I Guerra Mundial (1914-1918), rodado en 16 milímetros e composto por sete episodios de duración desigual. A vida cotiá dunha serie de personaxes nunha pequena localidade francesa durante a guerra, entre eles dous gardas forestais, o pequeno Hervé, Albert Piccard ou Mamá Jeanne permite unha coidada e deliciosa composición de planos ben medidos, sen restricións e na liña de depuración narrativa habitual no seu autor, o que permite os estudos de corpos e o balanceo de actores filmados (entre eles o propio Pialat) no encadre cunha liberdade formal lonxe dos canons televisivos. O director recupera a Michel Tarrazon, o inesquecible cativo de "L´enfance nue".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Obradoiro de cómic por Santy Gutierrez na Biblioteca dos Rosales

xoves, 23 setembro 2010, 11:03 | Category : bibliotecas, comic, obradoiros
Tags : ,

Venrescartaz biblio rosales 24
Biblioteca dos Rosales (Praza Elíptica, 1)
19:30
Infórmate chamando ao 981-900719 ou na web: www.coruna.es/bibliotecas

Obradoiro de comic impartido por Santy Gutiérrez.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google