XXVII edición de Galeusca, do 29 ao 31 de outubro

Organizados pola Asociación de Escritores en Lingua Galega, os encontros Galeusca chegan á súa XXVII edición, congregando na cidade da Coruña, entre os días 29, 30 e 31 de outubro,  a escritores e escritoras da AELG, da Euskal Idazleen Elkartea e da Associació d´Escriptors en Llengua Catalana.
As sesións da XXVII Congreso Galeusca celebraranse na Biblioteca de Estudos Locais (rúa Durán Loriga, s/n.), baixo o epígrafe Literatura en galego, éuscaro e catalán: unha viaxe con futuro.
O XXVII Congreso Galeusca promoverá neste 2010 o debate ao redor da importancia das nosas literaturas en lingua propia como subministradoras de contidos para unha fértil industria cultural que a todos e todas sen excepción preocupa e interesa, pois na lingua e na literatura susténtase a identidade senlleira dun pobo, unha historia pensada e debuxada tamén polos seus escritores e escritoras, voces reveladoras dunha viaxe colectiva cara un país con futuro propio. Para falar destes aspectos e doutros puntos de vista que o tema suxira, distribúese o programa:

Venres, 29 de outubro:
Chegada das delegacións.

Sábado 30 de outubro
10:00-11:30 Mesa redonda: A literatura como fornecedora de contidos da industria cultural: a literatura e o audiovisual, coordinada por Raúl Veiga:
Héctor Carré
• Harkaitz Cano (elaboración do relatorio) | Ander Iturriotz (relator)
Manel Bonany
12:00-13:30 Mesa redonda: As viaxes na literatura, coordinada por Xulio L. Valcárcel:
Anxo Angueira
• Urtzi Urrutikoetxea
Ignasi Riera
17.00: Percorrido Rosaliano pola Coruña, por Diego Pardo Amado (con saída na Rúa do Príncipe,3 –Cidade Vella–).
18.30: Recepción na Casa do Concello da Coruña (Praza de María Pita, 1).

Domingo 31 de outubro
10:00-11:30 Asemblea da Federación Galeusca.
12:00-13:30 Mesa redonda: A literatura como fornecedora de contidos da industria cultural: a literatura como modelo de convivencia de vellos e novos soportes, coordinada por Tati Mancebo:
Marcos S. Calveiro
Nikolas Zimarro
Guillem-Jordi Graells
19:00-20:00 Recitado/Lectura de textos + Música:
Olalla Cociña e Dores Tembrás
• Nikolas Zimarro
Miquel Bezares
Xabier Díaz (música).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A Coruña Cultura: folleto de actividades de novembro e decembro

venres, 29 outubro 2010, 11:42 | Category : anuncios oficiais
Tags : ,

Deixamos Logo Culturaaquí á disposición de toda a cidadanía o folleto que recolle as actividades previstas pola Concellaría de Cultura para novembro e decembro: A Coruña Cultura. Folleto bimensual de novembro e decembro.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Galeusca: recital poético-musical con Dores Tembrás, Olalla Cociña, Nikolas Zimarro e Miquel Bezares, coa música de Xabier Díaz

Domingo 31
Biblioteca Municipal de Estudos Locais (rúa Durán Loriga, 10)
19:00
Entrada libre até completar capacidade.

Finalizando as actividades do Galeusca 2010, terá un lugar un recitado con lectura de textos poéticos por parte de autores nas tres linguas, as galegas Olalla Cociña e Dores Tembrás, o vasco Nikolas Zimarro e o catalán Miquel Bezares, nun diálogo entre estas culturas que confluirá coa potente aportación musical de Xabier Díaz, dando así un colofón de honra a este XXVII Congreso de Galeusca celebrado na cidade este ano.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Fórum: “Palabras encadeadas”, de Jordi Galcerán, por Talía Teatro

venres, 29 outubro 2010, 11:39 | Category : teatro
Tags : , , ,

Domingo 31 de outubro e luns 1 de novembro
Fórum Metropolitano
20:30
Entradas: 7 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados, 5 euros).

En "Palabras encadeadas" un psicópata e a súa vítima, nun espazo sen posibilidade de fuga aparente, van descubrindo a súa historia, onde o que é certo e falso penden sempre dun fío. En busca da verdade que os levou a esta situación extrema, o papel de culpable vai de man en man e o que parecía un final previsible transfórmase en inevitable. Unha produción de Talía Teatro, con Toño Casais e María Ordóñez, baixo a dirección de Artur Trillo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Teatro Rosalía: “Ovay”, de Quique Peón Compañía

venres, 29 outubro 2010, 11:31 | Category : danza
Tags : , ,

Luns 1 de novembro
Teatro Rosalía de Castro
19:00
Entradas: 7 euros (carné xove, maiores de 65 anos ou desempregados/as, 5 euros).

"Ovay" quere amosar a forma de expresión masculina e feminina empregando un amplísimo abano de movementos tradicionais galegos que evolucionan ata chegar aos nosos días. Para isto mestúranse as frases tradicionais no marco da danza contemporánea, tentando non perder o esencial, o cerne do noso espírito, a nosa expresividade e sentimentalidade. A obra vai máis aló do virtuosismo do bailarín: amósanos o seu interior, fusionando os instrumentos, o canto e o teatro co mesmo baile, e tentando que o espectador recoñeza e redescubra, a un tempo, o seu. Baixo a dirección e actuación principal de Quique Peón e música ao vivo de Xosé Lois Romero e Suso Vaamonde.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

III Mostra de Ciencia e Cinema: actividades do sábado 30

venres, 29 outubro 2010, 11:09 | Category : Mostra de Ciencia e Cinema, cinema, coloquios
Tags : ,

Sábado Mostra de Ciencia e Cinema 2010 30. Actividades da III Edición da Mostra de Ciencia e Cinema.

Domus. Sala Leonardo da Vinci.
11:00 h. Lectura do palmarés da III Mostra de Ciencia e Cinema. Coloquio cos membros do xurado.
12:30 h. Filme documental: Pax americana e a conquista militar do espazo (Denis Delestrac, 2009). 85 min. Canadá-Francia. O momento actual é decisivo. Sabemos se actualmente xa hai máquinas de guerra orbitando arredor da Tierra? É posíbel facer acordos internacionais para manter o espazo libre de armas? Hai plans de enviar armamento ao espazo que podería rematar coa vida no planeta en cuestión de segundos? A base de material de arquivo e dun acceso sen precedentes á Unidade Espacial do exército norteamericano, "Pax Americana" mostra como se posicionan xenerais, analistas, políticos, diplomáticos, activistas pola paz e pilotos ante unha cuestión tan crítica como descoñecida.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Casa Museo Casares Quiroga: exposición “Carvalho Calero. De puño e letra”

venres, 29 outubro 2010, 10:53 | Category : exposicións, homenaxes
Tags : , , ,

Do 2010-10-30 Carvalho Calerosábado 30 de outubro ao domingo 28 de novembro
Casa Museo Casares Quiroga (rúa Panaderas, 12)
De martes a sábado: de 10:30 a 14:00 e de 17:30 a 20:00 h.
Domingos e festivos: de 10:30 a 14:00. Luns, pechado.
Entrada libre.

A exposición "Carvalho Calero. De puño e letra", está realizada pola Asociación Sócio-Pedagóxica Galega con motivo do centenario do seu nacemento, como homenaxe ao autor da primeira historia da literatura galega. A inauguración será o sábado 30 de outubro ás 12:00 h. Aquí se pode descargar o díptico da exposición: Carvalho Calero. De puño e letra.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

CGAI: “Memoria do nacionalismo galego”, de Comba Campoy, Xabier Macías e Xosé Zapata

Sábado 30
18:00
CGAI (Durán Loriga, 10, baixo)
Entrada libre até completar capacidade.

No ciclo "Off Galicia", proxección de "Memoria do nacionalismo galego" (2010, 108 minutos). Dirección: Xosé Zapata, Comba Campoy e Xabier Macías. Guión: Comba Campoy e Xabier Macías. Produción: IB Cinema e Fundación Galiza Sempre. Fotografía: Justo Guisasola. Historiadores, intelectuais e políticos relatan a traxectoria do nacionalismo político galego desde mediados do século XIX ata a actualidade. A narración aparece estruturada en dúas partes. A primeira remata coa morte de Castelao e a fundación en 1950 da editorial Galaxia. A segunda arranca nos últimos anos do franquismo e na transición. Asesoramento histórico de Xusto Beramendi. A presentación correrá a cargo dos seus autores.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

“Contos cos trasnos”, da compañía Trinke trinke na Biblioteca Miguel González Garcés

venres, 29 outubro 2010, 10:46 | Category : infantil
Tags : ,

Sábado 30
Biblioteca Miguel González Garcés (rúa Miguel Glez. Garcés, s/n.)
11:30
Entrada libre até completar aforo.

Contacontos coa compañía do Trinke trinke: "Contos cos trasnos" para público de 3 a 7 anos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Programación de concertos do Túnel do Coliseum en novembro

Co obxectivo de dar cabida a todos os estilos musicais con grupos chegados de todas partes, ao tempo que se ofrece a posibilidade aos grupos locais de contar dun espazo onde darse a coñecer, a sala O Túnel do Coliseum contará no mes de novembro cun amplo e variado programa de concertos:

- 13/11/2010. 21:00 h.. Entradas: 20 euros (até o día antes do concerto: 16 euros). Stoners Sessions: O Túnel abre a súa programación de novembro cun concerto de Stoner Rock, un estilo de rock duro actual, influenciado polo rock psicodélico dos setenta. Trátase dun festival con catro bandas, que actuarán coa seguinte orde: Sahara (A Coruña), Supa Scoopa (Vigo), Horn of the Rhino (Bilbao) e Orange Goblin (Londres), banda internacionalmente recoñecida dentro deste estilo, aínda que rara vez actuou na Península; de feito, a súa última visita remóntase ao Azkena Rock Festival do 2008. Nesta ocasión a súa actuación na nosa cidade será o seu único concerto en España.

- 19/11/2010. 22:00 h. Entradas: 10 euros (venda antes do día do concerto, 8 euros). Hip Hop Fest (1º Asalto): Arufe vs Judah, Drumdrama e Brad Strutt (Reino Unido). Cada mes a sala do Túnel contará cun concerto adicado ao hip hop. Cada noite contará cun número de tres artistas entre os cales sempre atoparemos, polo menos, a un local. Este estilo conta cunha inmensa lexión de seguidores na nosa cidade, xente nova e dinámica que representan parte da canteira musical da Coruña, polo que o noso apoio será mensual creando un ciclo específico para eles e os seus fans.

- 27/11/2010. 22:00 h. Entradas: 6 euros. Moondogs Blues Party, Félix Arias e Jane Joyd. Este concerto protagonizado por artistas locais enmárcase dentro dun son eminentemente acústico e de profunda raíz americana. Trátase de tres artistas con disco no mercado e que representan o potencial deste estilo na Coruña.

Durante a presentación adiantouse ademais unha das actividades que arrancarán o vindeiro mes de decembro coas Noies da Cunca na que distintos grupos galegos ofrecerán actuacións musicais en tono festivo cun carácter moi tradicional que servirá ademias de apoio e impulso para a creación musical en galego.
A sala O Túnel contará cun programa variado que arranca xa o 13 de novembro e que acollerá cada mes un concerto dun primeiro espada ademais dunha festa de hip hop mensual entre outras moitas propostas garantindo a presenza de todos os estilos musicais.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cidade Vella en concerto: “Chimpín Spress” e “Mr. Dixie Jazz Band”

Sábado Cidade vella en concerto30
Praza de Azcárraga
18:00 e 20:00
Entrada libre até completar capacidade.

No ciclo "Cidade Vella en concerto", ás 18:00 h. Contos para falar con "Chimpín Spress", contos con música e cancións. Ás 20:00 h. actuará Mr. Dixie Jazz Band, grupo de jazz tradicional, estilo New Orleans-Chicago. En caso de choiva os concertos serán no salón de actos do Colexio de Santo Domingo. Organizado pola Concellaría de Promoción Económica e Turismo. Máis información aquí.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Fundación Luís Seoane: exposición Pere(t)c, sobre Georges Perec

venres, 29 outubro 2010, 10:40 | Category : Arte, exposicións, fotografía
Tags : ,

Do venres 29 de outubro ao domingo 16 de xaneiro de 2011
Fundación Luís Seoane
Entrada libre.

Pere(t)c é un proxecto expositivo que xira ao redor da obra dun dos máis importantes escritores franceses do século XX e da súa relacion coas artes visuais, posto que Georges Perec (Paris, 1936-Ivry-sur-Seine, 1982) non só se centrou no eido da literatura, senon que o seu traballo coexistiu con outro tipo de soportes como o cine, a fotografía, a pintura ou a arte conceptual, participando ás veces de maneira activa en disciplinas alleas á obra escrita e outras de xeito pasivo, sendo él mesmo obxecto de inspiración para outros artistas. A presente exposición inclúe, además dunha escolla dos fondos custodiados na Bibliothèque de l'Arsenal de Paris pola Association Georges Perec, onde atoparemos manuscritos, fotografías, debuxos, documentos persoais, etc.; unha serie de obras realizadas por artistas nacionais e internacionais inspiradas no universo del escritor ou, nalgúns casos, nas que o propio Perec participou. O título da mostra é unha homenaxe en sí mesma ao mundo de Perec e ao seu característico gusto por xogar coas palabras. A expresión latina etcétera significa "o demáis", que en singular podería servir como referencia á inmersión de Perec en mundos alleos á práctica literaria, pero se a pluralizamos referíndonos a "os demáis", incluiriamos deste xeito a amigos, aos que transmitía a súa admiración a través dos seus escritos, coas súas colaboracións en catálogos de exposicións e tamén aos artistas transformados en admiradores, que escolleron nun momento determinado o mundo dun escritor e artista irrepetible como fonte de inspiración. Comisariada por Alberto Ruiz de Samaniego, participan os artistas Ignasi Aballi, Alfonso Berridi, Paolo Boni, Fabricio Clerici, Pierre Getzler, Amalia González Reyes, Gérard Guyomard, Anne Heyvaert, Jean-Luc Parant, Bernard Plossu, Eduardo Scala, Peter Stämplfi, Los Torreznos, Isidoro Valcárcel Medina, Isabelle Vernay-Lévêque e Cuchi White.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

III Mostra de Ciencia e Cinema: proxeccións do venres 29

Venres Mostra de Ciencia e Cinema 2010 29. Actividades da III Edición da Mostra de Ciencia e Cinema.

- Domus. Proxección de filmes a concurso. Vídeo. Sala Leonardo da Vinci.
De 16:00 a 19:00 h.
Cordão verde ((Hiroatsu Suzuki & Rossana Torres, 2009) 33 min. Poema en imaxes e sons sobre o home e a natureza na Serra do Caldeirão e o val do Guadiana no sur de Portugal.
Plug & Pray (Jens Schanze, 2010) 91 min. Poderá o ser humano ir alén da bioloxía? A creación de máquinas intelixentes que igualen en capacidade aos seus creadores humanos é un soño moi antigo. Expertos en computación de todo o mundo, coma Raymond Kurzwell e Hiroshi Ishiguro, esfórzanse para satisfacer este empeño. Ao mesmo tempo, un dos pioneiros da computación, Joseph Weizenbaum, loita contra a fe ilimitada no poder da tecnoloxía.
A road not taken (Christina Hemauer & Roman Keller, 2010) 66 min. Ensaio documental que conta a historia dos paneis solares que o antigo presidente dos Estados Unidos Jimmy Carter instalou no tellado da Casa Branca en 1979. O seu sucesor, Ronald Reagan, ordenou a retirada dos paneis, dentro dunha campaña de rexeitamento radical da política enerxética de Carter. Os moi simbólicos paneis solares foron gardados nun almacén e caeron no esquecemento. Trinta anos despois Christina Hemauer e Roman Keller seguen a pegada dos paneis solares e trazan a súa historia na viaxe que os leva de volta a Washington e Atlanta.

- CGAI
18:00 h. The nuer. George Breidenbach e Hilary Harris, 1971. 73 min. Clásico do cinema etnográfico. Poética aproximación aos ritmos, ritos e formas de vida dunha aldea do sur de Sudán, os nuer do título, veciños de árabes e dinkas, coñecidos polos estudos realizados sobre eles logo da visita de E.E. Evans Pritchard. Rodada en 16 mm.
21:00 h. Forest of bliss. Robert Gardner, 1986. 90 min. A vida cotiá en Benarés (India), un dos grandes lugares sagrados do mundo. Carente de maneira deliberada de apoio textual, o gran documentalista etnográfico Robert Gardner (Massachusetts, 1925) deixa que as imaxes amosen a súa esencia facendo partícipe ao espectador das experiencias examinadas.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Teatro Rosalía: “Casa de muñecas”, de Henrik Ibsen

xoves, 28 outubro 2010, 11:05 | Category : teatro
Tags : , ,

Venres 29 e sábado 30
Teatro Rosalía de Castro
20:30
Entradas: 10, 12, 15 e 21 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados, desconto dun 20 %).

"Casa de muñecas", de Henrik Ibsen, definida pola propia directora, Amelia Ochandiano, como un "clásico do terror contemporáneo", conta a historia de Nora, unha muller que vive nunha sociedade reprimida e que intenta buscar a súa liberación, a pesar da oposición do seu marido, personaxe que encarna o peso dos convencionalismos sociais. Con Silvia Marsó, Roberto Álvarez, Ana Gracia, Pedro Miguel Martínez, Francesc Albiol, Mamen Godoy, Cuca Villén e Ionel Pena. Dentro da programación do Ciclo Caixanova de Teatro e Danza.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Obradoiro de curtas “Eu tamén animo!” na Biblioteca Infantil e Xuvenil

xoves, 28 outubro 2010, 11:04 | Category : bibliotecas, cinema, obradoiros
Tags :

Venres 29
Biblioteca Infantil e Xuvenil (rúa Durán Loriga, 10)
De 17:30 a 20:30
Máis información na Biblioteca.

"Eu tamén animo!", obradoiro de curtas coa técnica stop-motion.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google