Exposicións de Outonarte#2010, “Cartografías quebradas”, na Casa da Cultura Salvador de Madariaga

venres, 1 outubro 2010, 12:36 | Category : outonarte
Tags : , , ,

DoOutonarte 2010 sábado 2 de outubro ao domingo 7 de novembro
Casa da Cultura Salvador de Madariaga (rúa Durán Loriga, 10).
De luns a domingo: de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00 h.
Entrada libre até completar capacidade.

Neste espazo poderanse visitar as seguintes exposicións:
- Arturo Fuentes (Ourense, 1975). Vive e traballa en Vigo. Instalación dun "labirinto" de 12 caixas de cartón penduradas, como prismas solteiros, xirando sobre os seus picos, apoiadas sobre 12 banquetas cun libro en cada unha delas, no patio central da Planta Baixa, un auténtico labirinto de low tech, dinamismos e sons motorizados. Rotación, traslación, e os eixos seguen quebrando.
- Damián Ucieda (A Coruña, 1980). Vive e traballa entre Sada (A Coruña), Londres e Nova York. Fotografías. Escolma de once imaxes da serie "Los Invisibles, serie Before Blue" (2009-2010), no primeiro andar, co que abre unha nova liña máis emocional fronte ao seu traballo anterior. Rúas, edificios, solares perirubanos, podiums e cadeiras absurdas na súa soidade de abandonos, campos con redes, árbores quebradas, bosques e troncos estruturados como alicerces, raigames, toda unha sensación de derivas na procura dun lugar nas eternas dualidades do ser humano, do natural e do cultural.
- OQO Filmes (Pontevedra). Editora de libros ilustrados e produtora audiovisual radicada en Pontevedra. Proxeccións de entre 10-25 curtametraxes -de 10 minutos de duración media-, de animación en stop-motion. Proxeccións repartidas entre a Sala do CGAI, Centro Galego de Artes da Imaxe, e a Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil. A partir dos libros ilustrados que publican na súa outra faceta como editores, dan un paso máis alá levándoos á produción audiovisual, cuns procesos laboriosos de equipo, pero cuns resultados que acadan a sorpresa e o sorriso dos máis pequenos, ademáis do recoñecemento dos adultos pola calidade e singularidade no tratamento estético de contos, relatos e fabulacións de diferentes tradicións, épocas e culturas.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Leave a comment

Cannot get file list: '/var/www/mapa/wp-content/plugins/SK2/sk2_plugins/' is not a valid folder path