Aquarium: cardume de miles de sardiñas nun tanque na sala Maremagnum
A
máis recente incorporación no Aquarium Finisterrae é a dunha cardume de sardiñas nun dos grandes tanques da sala Maremagnum. A exhibición destes peixes, 5.000 exemplares recollidos en Cedeira, foi posible grazas á aplicación dun protocolo de captura e adaptación desenvolvido polos biólogos do Aquarium. A presenza de exemplares de sardiña non é habitual nos acuarios porque son peixes difíciles de capturar en condicións óptimas. Parte desta dificultade estriba en que perden as súas escamas con moita facilidade. A caída dunha escama deixa un espazo nu na pel do peixe e por aí poden penetrar bacterias, fungos e outros microorganismos, que provocan infeccións e deterioran a saúde do peixe, podendo chegar a provocar a morte. Outra dificultade engadida ao mantemento en catividade das sardiñas é que son peixes nervosos e moi vigorosos. Nadan a gran velocidade e se estresan moi facilmente. Por iso é necesario desenvolver programas de aclimatación que inclúan períodos na penumbra e en condicións de silencio e calma. Despois do habitual período de corentena, eses peixes, varios miles, están nun tanque do acuario, na sala Maremagnum, para que o público poda disfrutar da súa presenza. Aquí deixamos este vídeo elaborado polos propios Museos Científicos.














