Forumfolk: Tonecho Castelos e Pablo Esqueira
Luns
18
Fórum Metropolitano
21:00
Entradas: 5 euros (carné xove, maiores de 65 anos ou desempregados, 3 euros).
No seu concerto de outubro o ciclo Forumfolk, adicado a presentación de novos proxectos de traballos de música tradicional e folk, o dúo formado por Tonecho Castelos e Pablo Esqueira presentará, no entorno dun café-teatro no Fórum, o seu primeiro traballo, un fermoso diálogo entre un violín e un acordeón. Este dúo creouse no ano 2008 como alternativa a formacións grandes. Partindo desta formación, curiosamente non moi habitual na música galega, presenta unha proposta folk elegante con moita complicidade inspirada en temas tradicionais e de autor, engadindo outros instrumentos e a voz ó longo do seu concerto. Para esta estrea contarán coas colaboracións de Pablo Vergara (bodhran) e as cantarieras de Queiroa (Sada).














