III Mostra de Ciencia e Cinema: proxeccións do luns 25

Luns Mostra de Ciencia e Cinema 2010 25. Actividades da III Edición da Mostra de Ciencia e Cinema.

- Domus. Proxección de filmes a concurso. Vídeo. Sala Leonardo da Vinci.
De 16:00 a 19:00 h.
Tres semanas después (José Luís Torres Leiva, 2010) 60 min. Meditación visual sobre a paisaxe despois dunha catástrofe. Gravada durante oito días na zona máis afectada polo sismo de febreiro de 2010 en Chile, narra unha viaxe que subxectivamente cruza todas as imaxes e sons vividos durante ese período. Este documental forma parte do proxecto 8,8 do artista chileno Fernando Prats.
Cordão verde (Hiroatsu Suzuki & Rossana Torres, 2009) 33 min. Poema en imaxes e sons sobre o home e a natureza na Serra do Caldeirão e o val do Guadiana no sur de Portugal.
Orgasm Inc. (Liz Canner, 2009) 78 min. "Orgasm Inc." é unha poderosa ollada á industria médica e ás campañas de mercadotecnia que literal e figuradamente están a transformar a nosa vida cotiá no que atinxe á saúde, a enfermidade, o desexo e en última instancia o orgasmo.
19:30 h. Sesión especial Un fueguito: la historia de César Milstein (Ana Fraile, 2009) 77 min. Da paixón por rodar e a paixón de César Milstein pola ciencia e a arte xurdiu a idea dunha historia centrada nas conquistas do ser humano cando dedica o seu tempo a investigar e crear en liberdade. Foi en 1963 cando César Milstein, coma moitos outros científicos no mundo, comezou a preguntarse como facían os organismos para se defender, día tras día, dos millóns de virus e bacterias que nos atacan sen parar. Levoulle 35 anos de traballo, concentración e tenacidade atopar unha resposta. Como fixo para conseguilo? A proxección irá precedida da intervención da profesora África González, directora do Centro de Investigacións Biomédicas, e catedrática de Inmunoloxía da Universidade de Vigo. Falará sobre "O científico César Milstein", Premio Nobel de Medicina en 1984 polos seus estudios sobre anticorpos monoclonais, de quen África González foi discípula.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Leave a comment

Cannot get file list: '/var/www/mapa/wp-content/plugins/SK2/sk2_plugins/' is not a valid folder path