III Mostra de Ciencia e Cinema: actividades do mércores 27

Mércores Mostra de Ciencia e Cinema 2010 27. Actividades da III Edición da Mostra de Ciencia e Cinema.

- Domus. Proxección de filmes a concurso. Vídeo. Sala Leonardo da Vinci.
De 16:00 a 19:00 h.
Wild opera (Lauren Frapat, 2010) 75 min. Coas máis grandes composicións clásicas coma fondo musical, de Beethoven a Dvorak e de Bach a Vivaldi, Wild Opera lévanos de Tanzania a Kenya en compañía de ñus e cebras nunha longa viaxe migratoria de ida e volta.
Plug & Pray (Jens Schanze, 2010) 91 min. Poderá o ser humano ir alén da bioloxía? A creación de máquinas intelixentes que igualen en capacidade aos seus creadores humanos é un soño moi antigo. Expertos en computación de todo o mundo, coma Raymond Kurzwell e Hiroshi Ishiguro, esfórzanse para satisfacer este empeño. Ao mesmo tempo, un dos pioneiros da computación, Joseph Weizenbaum, loita contra a fe ilimitada no poder da tecnoloxía.

- Fundación Caixa Galicia
18:00 h. Retrospectiva Semiconductor (Ruth Jarman & Joe Gerhardt). 60 min. Presentación en HD de filmes da parella Semiconductor, Ruth Jarman e Joe Gerhardt, gañadores do segundo premio do festival en 2008 coa curta "Brilliant noise".
19:05 h. Double tide (Sharon Lockhart, 2009). 99 min. Double tide documenta o traballo dunha mariscadora na costa de Maine, xusto no día en que a maré baixa sucede dúas veces en horas de luz -ao amencer e ao solpor. Un retrato dun traballo singular definido polas máis elementais e mutantes forzas da natureza.

- Fundación Luís Seoane
De 12:00 a 14:00 h. e de 17:00 a 20:00 h. Proxección en bucle dos filmes 7 queens de Verena Paravel. Gravada durante un paseo (anti-)etnográfico baixo os pasos elevados da liña de metro número sete de Nova York, 7 Queens experimenta coa idea de borde e fronteira física e captura a noción efémera de intimidade a través de encontros casuais e ás veces abortados, e The truth about Cuba de Bridget Hanna. Cinco estudantes americanos propóñense descubrir (e fracasan) a verdade sobre Cuba.

- CGAI
18:00 h. Sweetgrass. Ilisa Barbash & Lucien Castaing-Taylor, 2009. Subtítulos en español. Elexía carente de sentimentalismo sobre o Oeste americano. Un longo traballo de documentación sobre os últimos vaqueiros dos nosos días, unha viaxe cos rabaños para pacer durante o verán cara ás fermosas e perigosas montañas Absaroka-Beartooth (Montana). Extrema na súa beleza e brutal na veracidade, preséntanos un mundo onde natureza e cultura, vulnerabilidade e violencia, se entrelazan intimamente. Presentada en Berlín, gañou o premio á mellor película no Play-Doc de Tui.
21:00 h. Wünder der Schöpfung. Hanns Walter Kornblum, 1925. Subtítulos en galego. Filme mudo alemán que constitúe unha auténtica lección ilustrada de astronomía. Aderezado por efectos especiais e segmentos de animación erixe unha festa narrada lúdica e chea de información que percorre a historia da astronomía e os seus descubrimentos e tópicos.

- Teatro Rosalía de Castro
21:00 h. Jazz + Ciencia. Recital de textos científicos a cargo de Belén Regueira e Susana Rois. Actuación musical de Abe Rábade.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Leave a comment

Cannot get file list: '/var/www/mapa/wp-content/plugins/SK2/sk2_plugins/' is not a valid folder path