III Mostra de Ciencia e Cinema: proxeccións do venres 29
Venres
29. Actividades da III Edición da Mostra de Ciencia e Cinema.
- Domus. Proxección de filmes a concurso. Vídeo. Sala Leonardo da Vinci.
De 16:00 a 19:00 h.
Cordão verde ((Hiroatsu Suzuki & Rossana Torres, 2009) 33 min. Poema en imaxes e sons sobre o home e a natureza na Serra do Caldeirão e o val do Guadiana no sur de Portugal.
Plug & Pray (Jens Schanze, 2010) 91 min. Poderá o ser humano ir alén da bioloxía? A creación de máquinas intelixentes que igualen en capacidade aos seus creadores humanos é un soño moi antigo. Expertos en computación de todo o mundo, coma Raymond Kurzwell e Hiroshi Ishiguro, esfórzanse para satisfacer este empeño. Ao mesmo tempo, un dos pioneiros da computación, Joseph Weizenbaum, loita contra a fe ilimitada no poder da tecnoloxía.
A road not taken (Christina Hemauer & Roman Keller, 2010) 66 min. Ensaio documental que conta a historia dos paneis solares que o antigo presidente dos Estados Unidos Jimmy Carter instalou no tellado da Casa Branca en 1979. O seu sucesor, Ronald Reagan, ordenou a retirada dos paneis, dentro dunha campaña de rexeitamento radical da política enerxética de Carter. Os moi simbólicos paneis solares foron gardados nun almacén e caeron no esquecemento. Trinta anos despois Christina Hemauer e Roman Keller seguen a pegada dos paneis solares e trazan a súa historia na viaxe que os leva de volta a Washington e Atlanta.
- CGAI
18:00 h. The nuer. George Breidenbach e Hilary Harris, 1971. 73 min. Clásico do cinema etnográfico. Poética aproximación aos ritmos, ritos e formas de vida dunha aldea do sur de Sudán, os nuer do título, veciños de árabes e dinkas, coñecidos polos estudos realizados sobre eles logo da visita de E.E. Evans Pritchard. Rodada en 16 mm.
21:00 h. Forest of bliss. Robert Gardner, 1986. 90 min. A vida cotiá en Benarés (India), un dos grandes lugares sagrados do mundo. Carente de maneira deliberada de apoio textual, o gran documentalista etnográfico Robert Gardner (Massachusetts, 1925) deixa que as imaxes amosen a súa esencia facendo partícipe ao espectador das experiencias examinadas.














