III Mostra de Ciencia e Cinema: proxeccións do xoves 28 (suspéndese a proxección no Teatro Rosalía)
Xoves
28. Actividades da III Edición da Mostra de Ciencia e Cinema.
- Domus. Proxección de filmes a concurso. Vídeo. Sala Leonardo da Vinci.
De 16:00 a 19:00 h.
Darkened horizons (Karen Aqua & Ken Field, 2010) 4 min. Esta película animada reflicte o derrame de petróleo da plataforma petrolífera Deepwater Horizon no Golfo de México e o seu impacto medioambiental. Foi creada por estudantes de entre once e trece años da escola secundaria Sidney Gutierrez de Roswell, Novo México, Estados Unidos, baixo a dirección da animadora Karen Aqua e o compositor Ken Field. Os estudantes realizaron os debuxos a man e crearon todo o deseño artístico, os efectos de son, a música e a narración da curta.
Cellular movie (Xurxo González, 2010) 4 min. (Ficción) Un filme vai cambiar o destino da humanidade…
Black rain (Ruth Jarman & Joe Gerhardt, 2009) 3 min. Black Rain nace de imaxes compiladas polo satélite solar stereo; o que vemos é froito dos datos obtidos polo HI (Heliospheric Imager) no seu seguimento do vento solar e as execcións de masa da coroa en dirección á Terra. Igual que nunha curta anterior dos Semiconductor, Brilliant noise (segundo premio na Mostra 2008) Joe Gerhardt e Ruth Jarman traballan con datos de satélites científicos que aínda non foron limpados e procesados para o consumo público.
Beste Steve (Herman Asselberghs, 2010) 45 min. Dear Steve amosa a desmontaxe suave e desapiadada dun Macbook-Pro do trinque e o acto de mirarlle as tripas a esta ferramenta de traballo dixital.
Higgs, into the heart of imagination (Hannie van den Berg & Jan van den Berg, 2009) 54 min. Este documental trata da curiosidade, a paixón e o poder da creatividade na ciencia. Amosando ao longo de catro anos o traballo dos físicos do CERN os directores crearon unha viaxe ao corazón da imaxinación. Seguen a Stan Bentvelsen, xefe do grupo de investigación holandés do CERN, e observan como el prepara ao seu equipo para a posta en marcha do LHC, así como a competición científica por atopar a esquiva partícula de Higgs.
The ancient astronomers of Timbuktu (Guy Spiller, 2009) 60 min. Científicos de hoxe en día exploran por primeira vez o gran arquivo de manuscritos de Tombuctú. Os donos dos manuscritos e os expertos en conservación enfróntanse ao espectacular clima de Tombuctú para preservar os documentos mentres os investigadores actuais descobren o coñecemento astronómico dos eruditos africanos de hai séculos.
- Planetario (Casa das Ciencias)
16:30 h. Heard laboratories, de Ernst Karel. Audición colectiva do seu traballo de etnografía sonora nos espazos de investigación científica da Universidade de Harvard. 30 min.
- CGAI
18:00 h. Secrecy. Peter Galison e Robb Moss, 2008. 85 min. Un achegamento ao amplo e invisible mundo da seguridade e os segredos de goberno. A película explora o seu papel e consecuencias, da necesidade ou procura de garantías democráticas ao deterioro das liberdades civís. Participa no Festival de Sundance e gaña premios en Newport e Boston.
21:00 h. Twist of fate (Karen Aqua, 2009). Proxección en 35mm + sesión Lois Patiño. 90 min. Esta curtametraxe experimental de animación explora a transformadora experiencia de ser diagnosticado cunha enfermidade que pon en perigo a vida. Esta peza expresionista captura impresións derivadas desta experiencia: convulsión, incerteza, a sensación de intromisión física, a perda de control. Ao explorar esta paisaxe física e emocional, o filme visualiza un mundo interno dentro do corpo, imaxinado a nivel celular.
- Teatro Rosalía de Castro
20:30 h. Son & moon. Manuel Huerga, 2009. 90 min. ESTA PROXECCIÓN SUSPÉNDESE POR PROBLEMAS TÉCNICOS. TODAS AS DEMAIS ACTUACIÓNS PREVISTAS ATÉ O SÁBADO MANTÉÑENSE.














