Fundación Luís Seoane: exposición Pere(t)c, sobre Georges Perec

venres, 29 outubro 2010, 10:40 | Category : Arte, exposicións, fotografía
Tags : ,

Do venres 29 de outubro ao domingo 16 de xaneiro de 2011
Fundación Luís Seoane
Entrada libre.

Pere(t)c é un proxecto expositivo que xira ao redor da obra dun dos máis importantes escritores franceses do século XX e da súa relacion coas artes visuais, posto que Georges Perec (Paris, 1936-Ivry-sur-Seine, 1982) non só se centrou no eido da literatura, senon que o seu traballo coexistiu con outro tipo de soportes como o cine, a fotografía, a pintura ou a arte conceptual, participando ás veces de maneira activa en disciplinas alleas á obra escrita e outras de xeito pasivo, sendo él mesmo obxecto de inspiración para outros artistas. A presente exposición inclúe, además dunha escolla dos fondos custodiados na Bibliothèque de l'Arsenal de Paris pola Association Georges Perec, onde atoparemos manuscritos, fotografías, debuxos, documentos persoais, etc.; unha serie de obras realizadas por artistas nacionais e internacionais inspiradas no universo del escritor ou, nalgúns casos, nas que o propio Perec participou. O título da mostra é unha homenaxe en sí mesma ao mundo de Perec e ao seu característico gusto por xogar coas palabras. A expresión latina etcétera significa "o demáis", que en singular podería servir como referencia á inmersión de Perec en mundos alleos á práctica literaria, pero se a pluralizamos referíndonos a "os demáis", incluiriamos deste xeito a amigos, aos que transmitía a súa admiración a través dos seus escritos, coas súas colaboracións en catálogos de exposicións e tamén aos artistas transformados en admiradores, que escolleron nun momento determinado o mundo dun escritor e artista irrepetible como fonte de inspiración. Comisariada por Alberto Ruiz de Samaniego, participan os artistas Ignasi Aballi, Alfonso Berridi, Paolo Boni, Fabricio Clerici, Pierre Getzler, Amalia González Reyes, Gérard Guyomard, Anne Heyvaert, Jean-Luc Parant, Bernard Plossu, Eduardo Scala, Peter Stämplfi, Los Torreznos, Isidoro Valcárcel Medina, Isabelle Vernay-Lévêque e Cuchi White.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Leave a comment

Cannot get file list: '/var/www/mapa/wp-content/plugins/SK2/sk2_plugins/' is not a valid folder path