Programación de concertos do Túnel do Coliseum en novembro

Co obxectivo de dar cabida a todos os estilos musicais con grupos chegados de todas partes, ao tempo que se ofrece a posibilidade aos grupos locais de contar dun espazo onde darse a coñecer, a sala O Túnel do Coliseum contará no mes de novembro cun amplo e variado programa de concertos:

- 13/11/2010. 21:00 h.. Entradas: 20 euros (até o día antes do concerto: 16 euros). Stoners Sessions: O Túnel abre a súa programación de novembro cun concerto de Stoner Rock, un estilo de rock duro actual, influenciado polo rock psicodélico dos setenta. Trátase dun festival con catro bandas, que actuarán coa seguinte orde: Sahara (A Coruña), Supa Scoopa (Vigo), Horn of the Rhino (Bilbao) e Orange Goblin (Londres), banda internacionalmente recoñecida dentro deste estilo, aínda que rara vez actuou na Península; de feito, a súa última visita remóntase ao Azkena Rock Festival do 2008. Nesta ocasión a súa actuación na nosa cidade será o seu único concerto en España.

- 19/11/2010. 22:00 h. Entradas: 10 euros (venda antes do día do concerto, 8 euros). Hip Hop Fest (1º Asalto): Arufe vs Judah, Drumdrama e Brad Strutt (Reino Unido). Cada mes a sala do Túnel contará cun concerto adicado ao hip hop. Cada noite contará cun número de tres artistas entre os cales sempre atoparemos, polo menos, a un local. Este estilo conta cunha inmensa lexión de seguidores na nosa cidade, xente nova e dinámica que representan parte da canteira musical da Coruña, polo que o noso apoio será mensual creando un ciclo específico para eles e os seus fans.

- 27/11/2010. 22:00 h. Entradas: 6 euros. Moondogs Blues Party, Félix Arias e Jane Joyd. Este concerto protagonizado por artistas locais enmárcase dentro dun son eminentemente acústico e de profunda raíz americana. Trátase de tres artistas con disco no mercado e que representan o potencial deste estilo na Coruña.

Durante a presentación adiantouse ademais unha das actividades que arrancarán o vindeiro mes de decembro coas Noies da Cunca na que distintos grupos galegos ofrecerán actuacións musicais en tono festivo cun carácter moi tradicional que servirá ademias de apoio e impulso para a creación musical en galego.
A sala O Túnel contará cun programa variado que arranca xa o 13 de novembro e que acollerá cada mes un concerto dun primeiro espada ademais dunha festa de hip hop mensual entre outras moitas propostas garantindo a presenza de todos os estilos musicais.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Leave a comment

Cannot get file list: '/var/www/mapa/wp-content/plugins/SK2/sk2_plugins/' is not a valid folder path