Portas Ártabras: Charla de Aurelia Balseiro García sobre “Aprender no Museo de Lugo”
Martes
30
Portas Ártabras (Rúa Sinagoga 22, baixo)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.
A museóloga Aurelia Balseiro García falara sobre "Aprender no Museo de Lugo", centro do que é a súa directora. Esta actividade abre ó ciclo que anualmente convocan os Amigos dos Museos de Galicia, a fin de sensibilizar sobre as posibilidades dos museos, así como aprender a interpretar o patrimonio cultural: a arte, os artefactos, os asentamentos arqueolóxicos, os sitios históricos, ecomuseos, etc.
Emisión de “O segredo da Frouxeira” na 2ª canle da TVG
Este
mércores, 1 de decembro, ás 22:45 h., emítese na 2ª canle da TVG "O segredo da Frouxeira", de Xosé Abad, documental que presenta un novo punto de vista da Guerra Civil Española e as súas consecuencias aínda hoxe, e no que colabora, entre outras entidades, a Concellaría de Cultura.
Convocatoria do XIII Premio Luis Freire de Investigación Científica para Escolares (amplíase o prazo para enviar preguntas ata o 20 de decembro)
O
XIII Premio Luis Freire de Investigación Científica para Escolares está convocado polos Museos Científicos Coruñeses e El Corte Inglés, en colaboración coa Asociación de Amigos da Casa das Ciencias.
O "Luis Freire" é un premio de investigación que reta aos estudantes galegos de secundaria a demostrar a súa creatividade científica. O primeiro paso que os estudantes deben dar para participar é facerse unha pregunta relacionada con feitos e procesos da vida cotiá, da súa contorna máis inmediata. Despois, co asesoramento dun profesor, deberán deseñar a investigación cientifica que lles permita obter resultados e conclusións. Naceu en 1999 como unha iniciativa dos Museos Científicos Coruñeses para fomentar o interese pola ciencia e a formación en actitudes científicas. Creado en memoria do botánico galego, premia aos participantes que se distinguen pola orixinalidade e o rigor das súas investigacións, que demostran sentido crítico, curiosidade e constancia.
Os escolares que desexen participar teñen ata o próximo luns 20 de decembro para enviar as súas preguntas. Posteriormente, os admitidos terán 4 meses para desenvolver os seus traballos. A fase final terá lugar na Domus o 11 de xuño de 2011 e a ela concorrerán os cinco mellores traballos seleccionados.
Na XIII edición do "Luis Freire", o primeiro premio consiste nunha viaxe a un lugar ou instalación de interese científico-cultural (nas pasadas convocatorias visitaron as excavacións de Atapuerca e o parque natural Arribes del Duero), e un cheque-agasallo de El Corte Inglés para o profesor.
Máis información, bases da convocatoria e boletín de inscrición neste enlace, ou descargando o este arquivo en .pdf: XIII Premio Luis Freire.
CGAI: “Le monde vivant”, de Eugène Green
Mércores
1
18:00 e 21:00 h.
CGAI (Durán Loriga, 10, baixo)
Entrada: 1,20 euros (carné xove: 0,60 euros).
No ciclo "Eugène Green", proxección de "Le monde vivant" (Franza-Bélxica, 2003, 70 minutos, V. O. S. en galego). Dirección e guión: Eugène Green. Produción: AB3, Les Films du Fleuve e MACT Productions. Fotografía: Raphaël O’Byrne. Intérpretes: Christelle Prot, Alexis Loret, Adrien Michaux. Unha historia de resurrección, maxia e castelos que homenaxea con moito humor ao Bresson de "Lancelot du Lac" (1974). Música barroca, coidado extremo nos diálogos e atmosfera conseguida no relato dun ogro que rexeita a súa esposa pola comida vexetariana que lle fai ao tempo que se dispón a casar cunha doncela que ten custodiada nunha capela. Dous cabaleiros –en camisa e pantalón vaqueiro- van combater co monstro. Presentada na Quincena de Realizadores de Cannes 2003, obtén os premios FIPRESCI en Londres e o Gran Premio do IndieLisboa 2004.
Presentación do libro “Os papeis do vagabundo”, de Xosé Henrique Rivadulla Corcón
Martes
30
Asociación Cultural Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.
Presentación do libro "Os papeis do vagabundo", de Xosé Henrique Rivadulla Corcón, publicado en Espiral Maior. No acto, ademais do autor, participan Miguel Anxo Fernán-Vello e Xavier Seoane.
CGAI: “Toutes les nuits”, de Eugène Green
Martes
30
18:00 e 21:00 h.
CGAI (Durán Loriga, 10, baixo)
Entrada: 1,20 euros (carné xove: 0,60 euros).
No ciclo "Eugène Green", proxección de "Toutes les nuits" (Franza, 1999-2001, 112 minutos, V. O. S. en galego). Dirección e guión: Eugène Green, sobre o relato de Flaubert "A educación sentimental". Produción: Ellabel Productions. Fotografía: Raphaël O´Byrne. Intérpretes: Alexis Loret, Adrien Michaux. Con máis de 50 anos Eugène Green dirixe a súa primeira película. Preto de Bresson e de Oliveira, unha adaptación que actualiza a novela de Gustave Flaubert, "A educación sentimental". Doce anos, desde os meses previos ao maio do 68 francés, na vida dos tres protagonistas: Henri, enviado a París para estudar; Jules, que escribe unha obra en verso; Emilie, a muller do titor de Henri. Estilizada, asume o legado e os compoñentes literarios que definen as opcións narrativas e estéticas posteriores (e constantes) de Green.
Conferencia de Mar Pérez Fra: “A cuestión do desenvolvemento en áreas rurais. O caso de Galiza”
Martes
30
Fundación Caixa Galicia (Cantón Grande)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.
Conferencia da profesora da Universidade de Santiago de Compostela, Mar Pérez Fra, dentro do Ciclo "Economía, Historia e Realidade Social", da A. C. O Facho, sobre "A cuestión do desenvolvemento en áreas rurais. O caso de Galiza". Charlará sobre os problemas das áreas rurais no País e das ferramentas públicas deseñadas para a "solución" deses problemas.
Casa Museo María Pita: exposición “O mundo é un escenario”, de Alejandra Vacuii, no Outono Fotográfico
Do
martes 30 de novembro ao domingo 2 de xaneiro do 2011
Casa Museo María Pita (Herrerías, 28)
De martes a sábado, de 10:30 a 14:00 e 17:30 a 20:00.
Domingos e festivos, de 10:30 a 14:00; luns, pechado.
Entrada libre.
Dentro das actividades do Outono Fotográfico 2010, "O mundo é un escenario" de Alejandra Vacuii (Ourense 1987), é unha exposición formada por 20 fotos de 30x45 cm. Imaxes que reflicten o sentimento, a emoción e a inquedanza da súa autora, nunha mostra organizada por Anacos da Cidade (asociación ourensá).
Fórum: Festival de Outono
Presentación do libro “Sombras de mariposa”, de Guillermo Galván
Luns
29
Sala Ámbito Cultural en El Corte Inglés (2ª planta) (Rúa Ramón y Cajal, 57-59).
20:00
Entrada libre até completar capacidade.
Presentación do libro "Sombras de mariposa", de Guillermo Galván, publicado en La Esfera de los Libros. No acto de participan Pedro Ramos, José Alfeirán e Andrés Ibáñez.
Concerto de Moondogs Blues Party, Jane Joyd e Félix Arias na Sala O Túnel do Coliseum
Sábado
27
Sala O Túnel do Coliseum
22:00
Entradas: 6 euros.
O Túnel prosegue a súa programación de novembro co concerto de Moondogs Blues Party, Félix Arias e Jane Joyd. Este concerto protagonizado por artistas locais enmárcase dentro dun son eminentemente acústico e de profunda raíz americana. Trátase de artistas con disco no mercado e que representan o potencial deste estilo na Coruña.
Domus: “Públicos da Ciencia”, simposio de Museoloxía Científica
Venres
26 e sábado 27 de novembro
Domus (rúa Santa Teresa, 1)
Entrada de balde (estenderase certificado de asistencia).
Como parte da programación con motivo do 25º aniversario da Casa das Ciencias, celébrase na Domus o Simposio de Museoloxía Científica, "Públicos da Ciencia", co que se pretende profundizar nas fórmulas que permitan manter e revitalizar a sintonía cos diversos públicos da ciencia, contando coa colaboración da Universidade da Coruña (Unidade de Cultura Científica). O simposio, dirixido aos traballadores dos museos de ciencia profesionais e en xeral persoas interesadas na divulgación da ciencia, contará coa intervención de especialistas de museos, empresas e institucións de diferentes cidades españolas e de Portugal. Arredor do tema central, a sintonía dos museos de ciencia co público, abordaranse cuestións como as estratexias para a divulgación, o perfil dos visitantes dos museos, as infraestruturas que permiten navegar pola actualidade científica, etc. Unha iniciativa coa que os Museos Científicos Coruñeses reafirman a súa vocación de institución de referencia na museoloxía científica.
O programa é o seguinte:
Venres 26
11.15 h. Inauguración
11.30 h. "Os públicos da ciencia" Presentación do Simposio, por Xosé A. Fraga, Director dos Museos Científicos Coruñeses.
Ponencias
12.00 h. "A nova estratexia de divulgación científica da Fundación la Caixa", por Ignasi López Verdeguer, Subdirector Área de Ciencia, Investigación e Medio Ambiente. Fundación "La Caixa".
12.45 h. "O foro mariño do Aquarium Finisterrae: unha nova infraestrutura para axudar ao público a navegar pola actualidade científica", por Francisco Franco del Amo, Director técnico do Aquarium Finisterrae, Museos Científicos Coruñeses.
13.30 h. "Sabemos quen vén ao noso museo? O perfil do visitante e o Plan de Mercadotecnia e Comercial", por Alejandro Fernández das Penas, Director de Cosmocaixa Madrid.
16.30 h. "O museo, é unha escola?", por Paz Posse Hernanz, Xefa do Departamento de Educación e Actividades, Parque de las Ciencias (Granada).
17.15 h. "Adaptación dos obxectivos de comunicación expositiva aos distintos tipos de público", por Maria Isabel Parra Lledó, Directora do Museo de la Ciencia y el Auga de Murcia.
18.00-18.15 h. Pausa para café.
18.15 h. "Como achegar a investigación biomédica aos mozos a través de Internet?", por Rosina Malagrida, Directora de Difusió de la Ciència, Parc Científic Barcelona.
19.00 h. "O Sistema territorial do mNACTEC: patrimonio, identidade e públicos", por Carme Prats Joaniquet, Coordinadora do Sistema territorial mNACTEC, Departamento de Cultura e Medios de Comunicación da Generalitat de Catalunya.
Sábado 27
10.45 h. "Programa para público adulto da Fábrica Centro Ciência Viva de Aveiro", por Pedro Pombo, Director Fabrica Ciência Viva de Aveiro (Portugal).
11.30 h. "Como trasladar á Rede o discurso divulgativo dos museos de ciencia?", por Francisco Doménech Casteleiro, Responsable da páxina web dos Museos Científicos Coruñeses.
12.15 h. "Novas formas de facer museo científico co visitante de hoxe como protagonista: I+D sobre museoloxía nos museos de ciencia", por Guillermo Fernández, Consultor de proxectos museísticos.
13.00 h. Sesión final, debate e presentación de propostas.
As inscricións pódense realizar chamando ao teléfono 981-189842, de luns a venres, de 8.30 a 15.00 h., ou no correo electrónico info@casaciencias.org até o 15 de novembro. Está solicitado 1 crédito de libre configuración para o alumnado da Universidade da Coruña que asista.
Pódese descargar aquí o folleto en formato .pdf: Públicos da Ciencia. Máis información aquí.
Obradoiro de técnicas esenciais (nivel II), por Eduardo Castro Bal, dentro do Outono Fotográfico
Sábado
27
Asociación Fotográfica Posición B (Galerías de Sta. Margarita, 3)
De 10:00 a 14:00 e 16:00 a 20:00
Prezo: 60 euros. Información na web de Posición B.
Dentro das actividades do Outono Fotográfico 2010, obradoiro de técnicas esenciais (Nivel II), impartido por Eduardo Castro Bal, que amplía a formación básica obtida no primeiro nivel mediante a aprendizaxe de técnicas avanzadas de medición da luz e control da exposición, tanto con luz natural como mediante o uso do flash da cámara ou externoprácticas de iluminación no plató.
















