“Entroido en Manzaneda”, exposición fotográfica de Carlos G. Hervella na Biblioteca do Castrillón

Do 67926xoves 4 de novembro ao sábado 4 de decembro
Biblioteca do Castrillón (Praza de Pablo Iglesias, s/n).
De luns a venres, de 9:00 a 21:00. Sábados: de 10:00 a 14:00 h.
Acceso libre.

Dentro do Outono fotográfico, exposición de Carlos G. Hervella: "Entroido en Manzaneda". "A mirada fotográfica do autor, natural do concello, achegase ao interior desta celebración tradicional de inverno neste municipio, que presenta características únicas no Entroido Galego. Para os veciños do municipio de Manzaneda o Entroido non é unha simple festa. Atesoura a memoria revivida, xeración tras xeración, pola xente desta zona da parte oriental da provincia de Ourense. O "fulión", que é como o denominan, constitúe unha manifestación ancestral e poliédrica que conxuga elementos históricos, etnográficos, artísticos, literarios, gastronómicos… As características desta zona de alta montaña permitiron conservar a súa pureza ao longo do tempo. Xunto ao seu indubidable valor cultural, este abano de rituais posúe un gran atractivo turístico, de aí o seu recoñecemento como Festa de Interese Turístico Galego." Ánxeles Rodríguez. Xornal O Sil. 52 fotografias en marcos de 60 x 50.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Leave a comment

Cannot get file list: '/var/www/mapa/wp-content/plugins/SK2/sk2_plugins/' is not a valid folder path