Os Museos Científicos Coruñeses celebran a Semana da Ciencia

O programa de actividades ábrese con xornadas de portas abertas na Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae, do 8 ao 14 de novembro, días nos que os visitantes poderán coñecer as exposicións e actividades dos tres museos de maneira gratuíta. Na Casa das Ciencias atoparán a mostra de ilustracións científicas "Unha ollada natural", ou as experiencias interactivas da primeira planta; na Domus a exposición "Eureka!" adentra aos visitantes na creatividade como parte da ciencia; e no Aquarium se pode asistir a unha sesión da Charca das Caricias, ou á alimentación das focas, entre moitas outras propostas.
Ademáis, haberá outros actos programados para a Semana de Ciencia.
O luns 8 presentarase na Domus unha nova película en 3D, titulada "SOS Planet". Desde as profundidades do océano ao frío glacial do Ártico e a espesura da xungla de Borneo, "SOS Planet" convida a explorar a situación medioambiental do noso fráxil planeta. E para iso propón tres temas de actualidade: o quecemento global, a destrución dos hábitats oceánicos e a deforestación. A partir do luns 8 haberá sesións ás 18 horas de luns a venres. Os sábados, domingos, festivos ás 12 e 17 horas (versión en galego), ás 13 e 18 horas (versión en castelán)
A Semana da Ciencia nos Museos Científicos Coruñeses rematará cos actos de entrega dos Prismas Casa das Ciencias á Divulgación 2010. A ceremonia de entrega será o sábado 13 de novembro no salón de plenos do concello. Ademáis, con motivo deste acto, celebraranse os seguintes abertos ao público:
- Venres 12 de novembro, ás 20 horas na Domus: Mesa redonda sobre "A ciencia prensa escrita", coa participación de Patricia Fernández de Lis (Público), Elena Sanz (Heraldo de Aragón), Raúl Romar (La Voz de Galicia).
- Sábado 13 de novembro, na Domus:
- 11:30 horas. Presentación do documental "En busca do mexillón de río", Prisma ao mellor traballo multimedia 2010. Lugar: sala Leonardo da Vinci, Domus (r/ Santa Teresa 1).
. 12:00 horas. Presentación do libro "Vivir dos vidas: un viaje por la metamorfosis de los insectos", de Xavier Bellés, Prisma ao mellor texto inédito 2009, editado en colaboración con La Voz de Galicia.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Leave a comment

Cannot get file list: '/var/www/mapa/wp-content/plugins/SK2/sk2_plugins/' is not a valid folder path