Domus: proxección de “SOS Planet”, en 3D

Desde o fotograma4luns 8
Domus (Rúa Santa Teresa, 1)
De luns a venres: 18:00 h.
Sábados, domingos e festivos:
12:00 e 17:00 h. versión en galego.
13:00 e 18:00 h. versión en castelán.
Entradas: 4 euros (2 euros para menores de 14, maiores de 65, Carné Xove e Tarxeta Vinte).
Do 8 ao 14 de novembro, por celebrarse a Semana da Ciencia, a entrada é gratuíta.

Desde as profundidades do océano ao frío glacial do Ártico e a espesura da xungla de Borneo, "SOS Planet" convida a explorar a situación medioambiental do noso fráxil planeta. E para iso propón tres temas de actualidade: o quecemento global, a destrución dos hábitats oceánicos e a deforestación. Producida en asociación co WWF (World Wildlife Fund), a película leva á audiencia ao corazón dos lugares do planeta que se enfrontan a estes retos medioambientais, nunha experiencia inmersiva da man da tecnoloxía 3D e as realísticas animacións de animais xeradas por ordenador. Entre os protagonistas desta película, que serven de fío condutor da historia, están as tartarugas mariñas, das que seis de sete especies existentes están en perigo; o orangután das selvas de Borneo e Sumatra, cuxas poboacións decreceron un 90% nos últimos cen anos; o oso polar, unha especie catalogada como vulnerable; ou as serpes, réptiles que viven nunha ampla variedade de hábitats, desde as copas das árbores ás profundidade dos océanos. Trátase en definitiva de promover a mensaxe de que é necesario preservar a abundancia e a diversidade da vida na Terra, e que está nas nosas mans. Con motivo do Ano Internacional da Biodiversidade.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Leave a comment

Cannot get file list: '/var/www/mapa/wp-content/plugins/SK2/sk2_plugins/' is not a valid folder path