Fórum: “Inventos de Calder, el ingeniero”, da Compañía La Baracca, no Ciclo Todo Público
Sábado
13
Fórum Metropolitano
19:00
Entradas: 5 euros (abono familiar de 3 entradas por 12 euros).
Iníciase con esta obra o Ciclo Todo Público 2010-2011: "Cando era pequeno tiña moitos xoguetes, pero non estaba contento. Cada día transformábaos, engadindo fíos, ramas..." "Máis tarde xoguei con xoguetes máis grandes e máis complicados, cheos de mecanismos..." Estas palabras de Alexander Calder, famoso polas súas esculturas móbiles, son o punto de partida do espectáculo, no que tratamos de imaxinar o taller dun escultor un tanto estrambótico. As súas historias e xogos lévannos a un mundo fantástico no que constrúe diante de nós. Espectáculo da compañía italiana La Baracca, dirixido a un público maior de 4 anos.














