Forumfolk: concerto de Riobó

Luns atta059615
Fórum Metropolitano
21:00
Entradas: 5 euros (carné xove, maiores de 65 anos, desempregados, 3 euros).

No ciclo Forumfolk chega o turno do grupo Riobó, un quinteto acústico composto por músicos cunha sólida traxectoria desenvolvida durante anos en diversos proxectos e formacións. Está composto por Begoña Riobó (violín) de cuxo apelido recolle o seu nome, Fernando Barroso (guitarra), Marcos Campos (gaita, acordeón e frautas), Xosé Liz (bouzuki) e Fernando Pérez (frautas e requinta) á que suman a experiencia de múltiples traballos discográficos con outras agrupacións e centos de actuacións en directo nos escenarios máis importantes de todo o mundo. O fin deste novo proxecto, que estrean no Forum Metropolitano, é a música en directo, sendo fieis á orixe da música tradicional galega, que é a de servir ao baile; para este labor Riobó céntrase na interpretación de melodías tradicionais galegas, xa recollidas nos cancioneiros ou propias do repertorio dos cuartetos de gaitas e gaiteiros solistas. Riobó recreo un modo "clásico" de facer música folk, priorizando no seu son o carácter interpretativo e armónico, fusionando o estilo dos vellos gaiteiros co carácter dos primeiros grupos folk europeos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Leave a comment

Cannot get file list: '/var/www/mapa/wp-content/plugins/SK2/sk2_plugins/' is not a valid folder path