Ciclo “Os xoves na Sagrada”: concerto de “Huayras del Ecuador”
Xoves
18
Biblioteca da Sagrada Familia (R/ Antonio Pereira, 1)
19:30
Entrada libre até completar capacidade.
A música do Ecuador é a protagonista dun novo concerto de "Os xoves na Sagrada", o ciclo que leva á biblioteca municipal da Sagrada Familia as músicas doutras culturas. Os "Huayras del Ecuador" son catro músicos da serra ecuatoriana, da poboación de Otavalo. Teñen unha cultura particular caracterizada polo seu idioma, o quichua. Os asistentes ao concerto poderán escoitar os sons duns instrumentos moi particulares, como o bombo andino, as chalchas, o charango, a quena, a antara, o rondador ou a zampoña. Tamén terán oportunidade de coñecer a súa cultura e a súa vestimenta. O grupo formouse en Santiago de Compostela e interpreta tamén música do Perú e máis de Bolivia.














