Domus: nova edición de ExploraDomus

venres, 19 novembro 2010, 12:14 | Category : actividades educativas, audiovisual, infantil, museos científicos
Tags : ,

Sábado 27
Domus (Rúa Santa Teresa, 1)
16:45
Entrada: 1 euro, con inscrición previa na Domus, no teléfono 981-189840.

Nesta nova edición de ExploraDomus, os pequenos exploradores verán a nova película en 3D "SOS Planet", e a continuación farán experimentos con fenómenos importantes para a vida no noso planeta. Os participantes farán un experimento para explorar que é o efecto invernadoiro, comparando as diferenzas nunha planta cando está dentro dun pequeno invernadoiro e cando está fóra del. ExploraDomus é unha actividade dirixida a nenos e nenas de entre 6 e 10 anos, e ten lugar na Domus os sábados ás 16:45 horas. A duración da actividades é de hora e media.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Leave a comment

Cannot get file list: '/var/www/mapa/wp-content/plugins/SK2/sk2_plugins/' is not a valid folder path