Fórum: “A doncela da lúa”, da compañía Auraco, dentro do ciclo Todo Público
Sábado
20
Fórum Metropolitano
19:00
Entradas: 5 euros (abono familiar de 3 entradas por 12 euros).
Prosegue o Ciclo Todo Público 2010-2011 con "A doncela da lúa", da compañía finlandesa Auraco. A última hora da tarde, cando a xente foi xa durmir, a marabillosa lúa levántase ata o ceo escuro e é cando esperta "A doncela da lúa". Mira as aves durmidas e ve como os ratiños se arrastran cara aos seus tobos. Agora é o momento en que a Doncela da lúa prepara as súas tarefas nocturnas: a luz das estrelas, ver e cubrir a noite coa sombra dos segredos. Un espectáculo visual sen palabras, sobre unha muller divertida e diferente que combina diferentes formas de arte sempre aderezadas cun toque de humor. A obra está dirixida a un público maior de 4 anos, cunha duración aproximada de 40 minutos.














