Fundación Luís Seoane: exposición “Walter Benjamin. Constelacións”
Do xoves
18 de novembro ao domingo 6 de febreiro
Fundación Luís Seoane (Rúa San Francisco, s/n.)
Martes a sábado de 11:00 a 14:00 h. e de 17:00 a 20:00 h.
Domingos de 11:00 a 14:00 h. Luns pechado.
Entrada libre.
A exposición "Constelacións", centrada na figura de Walter Benjamin (1892-1940), está organizada polo Círculo de Bellas Artes, a Sociedad Estatal de Conmemoraciones Culturales (SECC), e a Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo (AECID), e conta coa colaboración do Walter Benjamin Archive, da Fundación Luís Seoane e da Fundación Repsol, sendo comisariada por César Rendueles e Ana Useros, e divídese en tres partes:
En primeiro lugar é un intento de pensar a través de imaxes algúns conceptos centrais da obra de Walter Benjamin. Trátase dun conxunto de citas audiovisuais -escenas de películas, fotografías, pinturas, gravacións sonoras, animacións, documentos históricos...- artelladas segundo unha metodoloxía que desenvolveu o propio Benjamin. O resultado é unha peza audiovisual, dividida en seis capítulos, cada un deles dedicado a un concepto central da obra de Benjamin.
En segundo lugar, o Atlas Benjamin é unha ferramenta informática que permite navegar por unha ampla escolla de textos benxaminianos unidos por hipervínculos e de temática e procedencia diversa. De novo, é unha estratexia de Benjamin mediante o complexo sistema de referencia, arquivado e indexado que empregaba nos seus escritos.
E, por último, os Modelos de Audición recuperan os guións que Benjamin elaborou entre 1929 e 1933 para a Radio do Sudoeste de Alemania en Fráncfort, con novas locucións en castelán.














