Pazo Municipal: exposición filatélica “Centenario de Luís Seoane”
Do
mércores 24 ao domingo 28
Sala de Exposicións do Pazo Municipal (Praza de María Pita)
Todos os días de 12:00 a 14:00, e de 18:00 a 21:00
Entrada libre até completar capacidade.
A exposición filatélica "Centenario de Luís Seoane" é unha mostra conmemorativa da Sociedade Filatélica da Coruña con dezanove coleccións filatélicas de Galicia e da Penísula, baseadas especialmente na pintura, que encherán a sala de exposicións axudándonos a comprender a importancia das artes plásticas e da figura do noso artista. Outras coleccións fálannos de diferentes aspectos da actividade e do saber. Como é habitual confeccionouse un selo personalizado ilustrado co debuxo do pintor titulado "Homenaxe á Torre de Hércules" para o que a Fundación Luís Seoane e no seu nome o seu Director, don Alberto Ruiz de Santiago, cedeu amablemente os dereitos de reprodución. Así mesmo pedirase un cuño conmemorativo que recreará tamén o citado debuxo. Tamén como sempre se editará unha nova Revista Porteo que contará con artigos literarios e filatélicos dedicados a conmemorar as efemérides. A inauguración terá lugar o mércores 24 de novembro ás 19.30 horas a cargo da concelleira de Cultura, María Xosé Bravo, que estará acompañada polo presidente da Sociedade Filatélica da Coruña, José Barreiro.














