Domus: “Públicos da Ciencia”, simposio de Museoloxía Científica
Venres
26 e sábado 27 de novembro
Domus (rúa Santa Teresa, 1)
Entrada de balde (estenderase certificado de asistencia).
Como parte da programación con motivo do 25º aniversario da Casa das Ciencias, celébrase na Domus o Simposio de Museoloxía Científica, "Públicos da Ciencia", co que se pretende profundizar nas fórmulas que permitan manter e revitalizar a sintonía cos diversos públicos da ciencia, contando coa colaboración da Universidade da Coruña (Unidade de Cultura Científica). O simposio, dirixido aos traballadores dos museos de ciencia profesionais e en xeral persoas interesadas na divulgación da ciencia, contará coa intervención de especialistas de museos, empresas e institucións de diferentes cidades españolas e de Portugal. Arredor do tema central, a sintonía dos museos de ciencia co público, abordaranse cuestións como as estratexias para a divulgación, o perfil dos visitantes dos museos, as infraestruturas que permiten navegar pola actualidade científica, etc. Unha iniciativa coa que os Museos Científicos Coruñeses reafirman a súa vocación de institución de referencia na museoloxía científica.
O programa é o seguinte:
Venres 26
11.15 h. Inauguración
11.30 h. "Os públicos da ciencia" Presentación do Simposio, por Xosé A. Fraga, Director dos Museos Científicos Coruñeses.
Ponencias
12.00 h. "A nova estratexia de divulgación científica da Fundación la Caixa", por Ignasi López Verdeguer, Subdirector Área de Ciencia, Investigación e Medio Ambiente. Fundación "La Caixa".
12.45 h. "O foro mariño do Aquarium Finisterrae: unha nova infraestrutura para axudar ao público a navegar pola actualidade científica", por Francisco Franco del Amo, Director técnico do Aquarium Finisterrae, Museos Científicos Coruñeses.
13.30 h. "Sabemos quen vén ao noso museo? O perfil do visitante e o Plan de Mercadotecnia e Comercial", por Alejandro Fernández das Penas, Director de Cosmocaixa Madrid.
16.30 h. "O museo, é unha escola?", por Paz Posse Hernanz, Xefa do Departamento de Educación e Actividades, Parque de las Ciencias (Granada).
17.15 h. "Adaptación dos obxectivos de comunicación expositiva aos distintos tipos de público", por Maria Isabel Parra Lledó, Directora do Museo de la Ciencia y el Auga de Murcia.
18.00-18.15 h. Pausa para café.
18.15 h. "Como achegar a investigación biomédica aos mozos a través de Internet?", por Rosina Malagrida, Directora de Difusió de la Ciència, Parc Científic Barcelona.
19.00 h. "O Sistema territorial do mNACTEC: patrimonio, identidade e públicos", por Carme Prats Joaniquet, Coordinadora do Sistema territorial mNACTEC, Departamento de Cultura e Medios de Comunicación da Generalitat de Catalunya.
Sábado 27
10.45 h. "Programa para público adulto da Fábrica Centro Ciência Viva de Aveiro", por Pedro Pombo, Director Fabrica Ciência Viva de Aveiro (Portugal).
11.30 h. "Como trasladar á Rede o discurso divulgativo dos museos de ciencia?", por Francisco Doménech Casteleiro, Responsable da páxina web dos Museos Científicos Coruñeses.
12.15 h. "Novas formas de facer museo científico co visitante de hoxe como protagonista: I+D sobre museoloxía nos museos de ciencia", por Guillermo Fernández, Consultor de proxectos museísticos.
13.00 h. Sesión final, debate e presentación de propostas.
As inscricións pódense realizar chamando ao teléfono 981-189842, de luns a venres, de 8.30 a 15.00 h., ou no correo electrónico info@casaciencias.org até o 15 de novembro. Está solicitado 1 crédito de libre configuración para o alumnado da Universidade da Coruña que asista.
Pódese descargar aquí o folleto en formato .pdf: Públicos da Ciencia. Máis información aquí.














