Convocatoria do XIII Premio Luis Freire de Investigación Científica para Escolares (amplíase o prazo para enviar preguntas ata o 20 de decembro)
O
XIII Premio Luis Freire de Investigación Científica para Escolares está convocado polos Museos Científicos Coruñeses e El Corte Inglés, en colaboración coa Asociación de Amigos da Casa das Ciencias.
O "Luis Freire" é un premio de investigación que reta aos estudantes galegos de secundaria a demostrar a súa creatividade científica. O primeiro paso que os estudantes deben dar para participar é facerse unha pregunta relacionada con feitos e procesos da vida cotiá, da súa contorna máis inmediata. Despois, co asesoramento dun profesor, deberán deseñar a investigación cientifica que lles permita obter resultados e conclusións. Naceu en 1999 como unha iniciativa dos Museos Científicos Coruñeses para fomentar o interese pola ciencia e a formación en actitudes científicas. Creado en memoria do botánico galego, premia aos participantes que se distinguen pola orixinalidade e o rigor das súas investigacións, que demostran sentido crítico, curiosidade e constancia.
Os escolares que desexen participar teñen ata o próximo luns 20 de decembro para enviar as súas preguntas. Posteriormente, os admitidos terán 4 meses para desenvolver os seus traballos. A fase final terá lugar na Domus o 11 de xuño de 2011 e a ela concorrerán os cinco mellores traballos seleccionados.
Na XIII edición do "Luis Freire", o primeiro premio consiste nunha viaxe a un lugar ou instalación de interese científico-cultural (nas pasadas convocatorias visitaron as excavacións de Atapuerca e o parque natural Arribes del Duero), e un cheque-agasallo de El Corte Inglés para o profesor.
Máis información, bases da convocatoria e boletín de inscrición neste enlace, ou descargando o este arquivo en .pdf: XIII Premio Luis Freire.














