Fórum: “Tercer cuerpo”, de Claudio Tolcachir, pola Compañía Timbre 4

venres, 26 novembro 2010, 11:52 | Category : teatro
Tags : , , ,

Domingo 28
Forum Metropolitano
20:30
Entradas: 15 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados, desconto dun 20 %).

A compañía arxentina Timbre 4, proxecto que lidera Claudio Tolcachir, volve coa súa nova produción a un escenario, o Fórum Metropolitano, semellante ao que teñen en Bos Aires. "Tercer Cuerpo" discorre nunha oficina destartalada, na casa dunha parella, nun bar e nun consultorio médico. Diferentes sitios que se alternan nun mesmo espazo conxugando a vida de cinco personaxes. Úneos a soidade, a incomprensión e a necesidade de amar. Cinco vidas, cinco desexos de amar, cinco persoas incapaces. Mentres tanto vívese, trabállase, inténtase. Con José María Marcos, Daniela Pal, Melisa Hermida, Magdalena Grondona e Hernán Grinstein, baixo a dirección de Claudio Tolcachir.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Fórum: “La casa del abuelo”, da Compañía La Rous, no ciclo Todo Público

venres, 26 novembro 2010, 11:50 | Category : teatro
Tags : , , ,

Sábado 27
Fórum Metropolitano
19:00
Entradas: 5 euros (abono familiar de 3 entradas por 12 euros).

Prosegue o Ciclo Todo Público 2010-2011 coa obra "La casa del abuelo", da compañía La Rous (Andalucía). Dirixida por Mauricio Zabaleta e Rosa Díaz, está dirixida a un público maior de 5 anos, cunha duración aproximada de 45 minutos. Din que os que se van sobreviven grazas ao recordo de quen os amou. Esta é a razón de ser deste fermoso espectáculo que recibiu o premio "Feira Europea de Teatro para Nenos e Nenas", Feten 2009.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Teatro Rosalía: concerto “Entre dos vidas”

Sábado 27
Teatro Rosalía
12:00
Entradas: 3 euros para adultos e 2 euros para nenos.

Dentro das actividades do programa "Descubrir a música", organizados pola Orquestra Sinfónica de Galicia, en colaboración co Servizo Municipal de Educación e o Consorcio para a Promoción da Música, concerto "Entre dos vidas", un espectáculo de danza cunha selección dos máis fermosos tangos porteños dos compositores arxentinos Máximo Pujol e Astor Piazolla que nos conducen a través dunha fermosa historia de tres personaxes, posta en escena coa elegancia dos movementos da danza en ocasións sutil, e noutras enérxica e apaixonada, dos seus protagonistas. Unha posta en escena da compañía Enclave.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Palacio da Ópera: concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia

venres, 26 novembro 2010, 11:41 | Category : concertos, música
Tags : , ,

Sábado 27
Palacio da Ópera
20:30
Entradas: 9’30, 14’70, 18’50 e 27’20 euros.

A Orquestra Sinfónica de Galicia, baixo a dirección de Víctor Pablo Pérez, presenta a Sinfonía Manfred, de Piotr Illich Tchaikovski.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

“Contos cos trasnos”, da Compañía Trinke trinke na Biblioteca González Garcés

venres, 26 novembro 2010, 11:39 | Category : infantil
Tags : , ,

Sábado 27
Biblioteca Miguel González Garcés (rúa Miguel Glez. Garcés, s/n.)
11:30
Entrada libre até completar aforo.

Contacontos coa compañía do Trinke trinke: "Contos cos trasnos" para público de 3 a 7 anos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Convocado o I Premio Apalpador para Actividades Escolares e Extraescolares

venres, 26 novembro 2010, 11:25 | Category : premios
Tags : ,

A "Irmandade dos Apañacastañas" convoca o primeiro Premio Apalpador para actividades lúdicas e educativas que teñan como centro a figura do Apalpador. O premio está dirixido aos responsábeis educativos, animadores culturais, alunos e calquera outra persoa física ou xurídica que teña como misión a organización de actividades para as nenas e os nenos. O Premio divídese en dous, un para actividades escolares e outro para extraescolares. Para participar haberá que inscribirse previamente na páxina web do Apalpador antes do 1 de xaneiro do 2011. A presentación dos traballos realizarase a través do mesmo sitio web e consistirá nun documento PDF de 4 páxinas como máximo, describindo a actividade e acompañado de fotografías da mesma. As bases poden descargarse aquí.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Xornadas de formación do Clúster do Libro

venres, 26 novembro 2010, 11:22 | Category : encontros e xornadas, internet
Tags : ,

Luns Cluster Libro29
Fundación Caixa Galicia (Rúa Médico Rodríguez, 2-4)
Entrada libre até completar capacidade.

O Clúster do Libro promove estas xornadas de formación, que contan co seguinte programa:
- 10:00 h.
* 1ª Parte (mañá)
CONTIDOS INTERACTIVOS PARA O SECTOR EDITORIAL. Poñente: Ana Prado (Netex)
1. Funcións dos materiais multimedia: perspectiva pedagóxica. Facilidade de uso, versatilidade, etc.
2. O multimedia: hipermedia, hipertexto, interactividade...
3. Estruturación do proxecto multimedia: deseño, distribución da información ...
4. Fundamentos básicos da dixitalización de vídeo e audio.
5. Soportes e formatos de publicación.
- 12:00 h. Pausa-Café
* 2ª Parte.
A COMERCIALIZACIÓN DO LIBRO GALEGO. Para Libreiros e editores. Por Manuel Pan (Abertal).
1. Propostas para a aplicación das novas tecnoloxías na comercialización conxunta e individualizada do libro.
2. Ferramentas, enfoques e funcionalidades necesarias para unha venda colectiva na rede.
3. Claves dunha xestión individual e unha venda colectiva, o poder do "coñecemento colectivo", o uso da web como punto de venta, márketing do libro electrónico ou dixital.
4. O libro electrónico: unha nova oportunidade de negocio.
- 14:00 h. Pausa.
* 3ª Parte (Serán)
- 16:00 h. "AUDITORÍA DE IMPACTO". (Por Hexis, Galinus e Abertal).
1. Realizarase a análise das diferentes presencias en Internet que os asistentes propoñan, desde os puntos de vista de deseño, 2.0 e programación.
- 18:00 h. ¿DESCARGAR É DELITO? Bufete Pintos & Salgado (Por Víctor Salgado Seguín).
1. Análise da lexislación xeral de dereitos de autor, problemática e aplicación ás descargas de contidos protexidos por copyright a través de Internet.
2. A propiedade intelectual, copia privada, o canon, as redes P2P, o Streaming, delito de "piratería", accións de entidades xestoras (SGAE, etc.) límites do ilícito e límites do delito, medidas de protección de contidos e vulneración das mesmas.

O programa completo pódese descargar aquí: Xornada formativa Cluster do Libro 29-11-2010.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

CGAI: “Komaneko, a gatiña curiosa”, de Tsuneo Goda

venres, 26 novembro 2010, 11:12 | Category : cinema
Tags : , ,

Sábado 27
18:00
CGAI (Durán Loriga, 10, baixo)
Entrada libre até completar capacidade.

No ciclo CGAI junior proxección de "Komanenko, a ratiña curiosa" (Xapón, 2006, 60 minutos, sen diálogos). Dirección: Tsuneo Goda. No alto do outeiro, na acolledora casa do avoíño, a vida flúe apraciblemente ao ritmo das estacións. Koma é unha gatiña con moita imaxinación que adora facer bonecas e convertelas en protagonistas das películas de animación que crea. Cinco aventuras con técnica stop motion.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Domus: Simposio de Museoloxía Científica “Públicos da Ciencia”

Os Museos Científicos Coruñeses organizan na Domus o Simposio de Museoloxía Científica "Públicos da Ciencia", na busca de fórmulas que permitan manter e revitalizar a sintonía cos diversos públicos da ciencia. Asemade, co evento pretenden apostar pola profesionalización da museoloxía científica. Asistirá máis dun centenar de persoas (as prazas están esgotadas) procedentes de diversos puntos de España, e entre os que hai traballadores de museos de ciencia, profesionais da divulgación científica, estudiantes universitarios e en xeral persoas interesadas na comunicación da ciencia.
A actividade, programada no marco da celebración do XXV aniversario da Casa das Ciencias, conta coa colaboración da Universidade da Coruña (Unidade de Cultura Científica).
O Simposio comezará ás 11:15 coa intervención do rector da Universidade da Coruña e a concelleira de Cultura do Concello da Coruña, e continuará coas seguintes ponencias:
- 11.30. Presentación do Simposio por Xosé A. Fraga, director dos Museos Científicos Coruñeses: "Os públicos da ciencia".
- 12.00. "A nova estratexia de divulgación científica da Fundación la Caixa", por Ignaci López Verdeguer (Subdirector Área de Ciencia, Investigación e Medio Ambiente Fundación "la Caixa").
- 12.45. "O foro marino do Aquarium Finisterrae: unha nova infraestrutura para axudar ao público a navegar pola actualidade científica", por Francisco Franco del Amo (Director técnico do Aquarium Finisterrae, Museos Científicos Coruñeses).
- 13.30. "Sabemos quen ven ao noso museo? O perfil do visitante e o plan de Marketing e Comercial", por Alejandro Fernández de las Peñas (Director de Cosmocaixa Madrid).
- 16.30. "O museo, é unha escola?", por Paz Posse Hernanz (Xefa do Departamento de Educación e Actividades, Parque de las Ciencias, Granada).
- 17.15. "Adaptación dos obxectivos de comunicación expositiva aos distintos tipos de público", por María Isabel Parra Lledó (Directora do Museo de la Ciencia y el Agua de Murcia).
- 18.15. "Como achegar a investigación biomédica aos mozos a través de Internet?", por Rosina Malagrida (Directora de Difusió de la Ciència, Parc Científic Barcelona).
- 19.00. "O sistema territorial do mNACTEC: patrimonio, identidade e públicos", por Carme Prats Joaniquet (Coordinadora do sistema territorial mNACTEC, Departamento de Cultura e Medios de Comunicación. Generalitat de Catalunya).

O Simposio continuará o sábado 27 coas últimas sesións e a presentación de conclusións.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Conferencias de Xavier Seoane e Xosé Díaz na Fundación Luís Seoane

Venres 26
Fundación Luís Seoane (Rúa San Francisco, s/n.)
19:15
Entrada libre até completar capacidade.

Continúa o ciclo Luís Seoane. Arte e industria na Fundación Luís Seoane coas conferencias do escritor Xavier Seoane, "Teoría, compromiso e acción" e a do deseñador gráfico Xosé Díaz, con "Teoría e praxe do deseño en Luís Seoane".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Exposición “Graphias”, de Begoña Pastoriza e Paz Vicente, dentro do Outono Fotográfico

Do Graphiasvenres 26 de novembro ao domingo 12 de decembro
Asociación Fotográfica Posición B (Galerías de Sta. Margarita, 3)
Horario: de luns a venres, de 18:00 a 21:00 h.; sábados e domingos, de 12:00 a 14:00 h.
Entrada libre até completar capacidade.

Dentro das actividades do Outono Fotográfico 2010, Begoña Pastoriza (A Coruña, 1978) e Paz Vicente (Soria, 1968), proporciónannos unha serie de imaxes indefinidas, ás veces borrosas, con espazos para a superposición, como un camiño aberto en múltiples direccións, como dualismo simétrico ou como dobre imaxe. Como imaxe no espello, un símbolo da conciencia, un eco da realidade, un mundo composto por espazos desestruturados, carentes de enerxía, coma se esta se encontrase máis alá, extrapolándose de si mesma, aínda que implícita nela. É aí onde habitan estas "Graphias". A inauguración será o venres 26 ás 20:00 h., coa participación do músico e cantautor Manu Clavijo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Pista de xeo no Coliseum

xoves, 25 novembro 2010, 12:50 | Category : lecer e tempo libre
Tags : ,

Desde o venres 26 de novembro ao domingo 6 de febreiro.
Horarios: de luns a xoves: de 17:00 a 21:00; sábados e domingos: de 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 22:00; festivos: de 16:30 a 22:00 h.
Do 22 de decembro ao 9 de xaneiro: de 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 22:00 h.
24 e 31 de decembro: de 11:00 a 14:00 h.
25 de decembro e 1 de xaneiro: de 18:00 a 22:00 h.
Prezo: 3 euros acceso + 3 euros aluguer de patíns.
Toda a información pode descargarse neste arquivo: Pista de Xeo no Coliseum 2010-2011.

Cartaz Pista de xeo

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Merendas con contos nas Bibliotecas Municipais: “O teléfono da diferenza”

xoves, 25 novembro 2010, 12:36 | Category : bibliotecas
Tags : , ,

"Merendas con contos" é unha actividade destinada a nenos e nenas de 3 a 7 anos acompañados dos seus pais ou coidadores. Recolle o convite dende o sábado anterior á realización da actividade. Os contos sobre os que xira a actividade desta semana (O teléfono da diferenza) son: "Os de ariba e os de abaixo", de Paloma Valdivia, publicado en Kalandraka, e "Gigante poco a poco", de Pablo Albo e Aitana Carrasco, publicado en Almadraba.

As datas das sesións e para retirar os convites son:
Sábado 20 ás 18:30 h. Biblioteca Infantil e Xuvenil (rúa Durán Loriga, 10). Convites desde o sábado 13.
Martes 23 ás 17:30 e 19:00 h. Biblioteca Municipal da Sagrada Familia (Antonio Pereira, 1). Convites desde o sábado 20.
Mércores 24 ás 18:30 h. Biblioteca Municipal de Monte Alto (Praza dos Avós, s/n, 3º). Convites desde o sábado 20.
Xoves 25 ás 18:30 h. Biblioteca Municipal do Castrillón (Praza de Pablo Iglesias, s/n). Convites desde o sábado 20.
Venres 26 ás 18:30 h. Biblioteca Municipal dos Rosales (Praza Elíptica, 1). Convites desde o sábado 20.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Palacio da Ópera: concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia

Venres 26
Palacio da Ópera
20:30
Entradas: 9’30, 14’70, 18’50 e 27’20 euros.

A Orquestra Sinfónica de Galicia, con Yuja Wang ao piano, e baixo a dirección de Víctor Pablo Pérez presenta un programa con estas obras: Eligio Vila (1943), Rapsodia Arousá; Sergéi Prokófiev (1891-1953), Concerto para piano e orquestra nº 3; e Piotr Illich Tchaikovski (1840-1893), Sinfonía Manfred.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

FNAC: presentación da antoloxía “Breogán’s Lighthouse”, coordinada por Antonio Raúl de Toro

xoves, 25 novembro 2010, 12:02 | Category : presentacións
Tags : , , ,

Xoves 25
FNAC (Mercado Eusebio da Guarda – Praza de Lugo, s/n.):
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Presentación da antoloxía "Breogán’s Lighthouse", coordinada por Antonio Raúl de Toro, publicada en Francis Boutle Publishers, antoloxía bilingüe da literatura galega en inglés.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google