O Túnel (Coliseum): concerto de New York Ska Jazz Ensemble

venres, 31 decembro 2010, 10:24 | Category : concertos, música
Tags : , ,

Domingo 2
Sala O Túnel (Coliseum)
22:30
Entradas: 10 euros.

Concerto do grupo "New York Ska Jazz Ensemble", composto por oito membros que proveñen de bandas lendarias como "The Skalites", "The Toasters" e "Scoffaws", que camiña entre o jazz, o ska e rocksteady. Calidade e diversión garantida.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Fórum: “Os Bolechas”, por Caramuxo Teatro

venres, 31 decembro 2010, 10:23 | Category : infantil, teatro
Tags : , , ,

Luns 3 e martes 4
Fórum Metropolitano
19:00
Entradas: 4 euros (abono familiar de 3 entradas por 9 euros).

Caramuxo Teatro presenta o seu espectáculo "Os Bolechas", unha comedia musical con monicreques. Un espectáculo que nos amosará un día na vida desta divertida familia, onde coñeceremos as ocorrencias do pequeno Tatá, as travesuras de Chispa, a Braulio e Sonia, as xemelgas Pili e Loli, e a Carlos, o máis vello dos irmáns. O texto foi creado en colaboración entre a compañía e o autor de "Os Bolechas", Pepe Carreiro. Para un público maior de 3 anos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Museos Científicos Coruñeses: programación e horarios xaneiro-febreiro 2011

Estas son as principais actividades e horarios dos Museos Científicos Coruñeses para os meses de xaneiro e febreiro:

* Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita, s/n. Tlf. 981-189844. Novos horarios: de  luns a venres de 10:00 a 18:00 h. Sábados, domingos e festivos de 11:00 a 19:00 h.
Pechado o 1 e 6 de xaneiro.

Exposicións:
- O asombro de Mr. Darwin.
- As palabras da ciencia.

- Proxeccións no Planetario Dixital:
Sábados, domingos e festivos:
- 12:00 h: "A noite do Vampiro" (galego)
- 13:00 h: "Evolución" (castelán)
- 17:00 h: "El mundo de Fugaz" (castelán)
- 18:00 h: "Evolución" (galego).
Os días 3, 4, 5 e 7 de xaneiro:
- 12:00 h: "A noite do Vampiro" (galego)
- 13:00 h: "Evolución" (castelán)
- 17:00 h: "El mundo de Fugaz" (castelán).

Actividades:
- "O ceo está máis preto do que pensas". O último sábado do mes dobre sesión de planetario en directo:
- 11:00 h: "O ceo para enterados". Para profundizar nos coñecementos astronómicos.
- 12:00 h: "O ceo do mes". Para iniciarse na observación do ceo.

- 5 e 7 de xaneiro. "Música baixo as estrelas", concerto de Xabier Díaz, Guadi Galego e Guillerme Fernández no Planetario da Casa das Ciencias. Dous concertos cada día, ás 20 e 20:45 horas. As entradas, de 5 euros, están á venda nas oficinas do IMCE na praza de Ourense, abertas en horario de 9:30 a 13:00 e de 16:30 a 19:30 horas, así coma no teléfono 902 504 500. Nos mismos días dos concertos,  de non terse completado o aforo (79 prazas), poderán comprarse tamén na recepción da Casa das Ciencias.

Domus. Rúa Santa Teresa, 1. Teléfono: 981 189 840. Novos horarios. Aberto de luns a venres de 10:00 a 18:00 horas. Sábados, domingos e festivos, de 11:00 a 19:00 horas.
Pechado o 1 e 6 de xaneiro.

Exposicións:
- Eureka!. Ciencia e creatividade.
- Homínidos e homínidas. A familia presumida.
- Éufrates. Un río de historia. Exposición fotográfica sobre a expedición arqueolóxica da Universidade da Coruña en Siria. Do martes 21 de decembro ao luns 31 de xaneiro.
- "Familias. Xenéticas de parecidos". Exposición fotográfica de Xosé Teiga. Do martes 1 de febreiro ao venres 13 de marzo.

Proxeccións:
- Cine 3D
-Do 3 ao 7 de xaneiro:
12:00 h: "SOS Planet" (castelán)
13:00 h: "Wild Safari" (galego)
17:00 h: "Wild Safari" (castelán).

A partir do 8 de xaneiro:
- De luns a venres, "SOS Planet" ás 17:00 h.
- Sábados, domingos e festivos:
12:00 h: "SOS Planet" (castelán)
13:00 h: "Wild Safari" (galego)
17:00 h: "SOS Planet" (galego)
18:00 h: "Wild Safari" (castelán).

Actividades
- Taller de Manitas. Experiencia piloto na que o público poderá participar de forma directa na construción de elementos interactivos que, tras o seu desenvolvemento, se presentarán nas salas do museo. O "Taller de manitas" destinarase a dous tipos de público: público xuvenil (17-23 anos) e público sénior (a partir de 55 anos). Ambos os dous talleres discorrerán de forma paralela durante cinco meses, con sesións semanais de 4 horas, a concretar segundo a dispoñibilidade de horario dos participantes. O "Taller de manitas" xuvenil orientarase cara á robótica. Por outra parte, o "Taller de manitas" sénior orientarase a proxectos de modelismo. Ao finalizar a actividade, os traballos realizados presentaranse ao público na Domus. A actividade comezará o 31 de xaneiro, logo de inscrición.

- Exploradomus. Os pequenos exploradores verán a nova película en 3D "SOS Planet", e a continuación farán experimentos con fenómenos importantes para a vida no noso planeta. Unha actividade dirixida a nenos e nenas de entre 6 e 10 anos, e que ten lugar na Domus os sábados ás 16:45 horas. Inscricións no teléfono 981 189 840. A tarifa é de 1 euro por neno.

* Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez, 34. Tel.: 981 189 842. Novos horarios. Aberto de 10:00 a 18:00 de horas, de luns a venres. Sábados, domingos e festivos de 11:00 a 20:00 horas.
Pechado o 1 e 6 de xaneiro.

Exposicións:
- Oceanosfera. Nunha esfera de gran diámetro instalada na sala Maremagnum o público poderá ver presentacións de fenómenos oceanográficos que suceden a escala global: impacto do cambio climático e acción humana, correntes, migracións de animais mariños.
- "Traspasar fronteiras. Un século de intercambio científico entre Alemaña e España". Exposición de fotografías na sala Isabel Castelo sobre a ciencia e Alemaña. Do 19 de xaneiro ao 24 de febreiro.
- "Novas conversas con Atlante", exposición de fotografías de 6 autores que reflicten as pegadas que a marea negra do Prestige deixou na sociedade galega. Ata o 18 de xaneiro.
- "Viaxe polar". Exposición de fotografías da expedición de Carlos Caraglia á Antártida.
- "Charca das Caricias". Nova instalación na sala Maremagnum que combina diferentes recursos: un acuario con animais vivos que os visitantes poden tocar, unha pantalla xigante, un ordenador, microscopios e lupas binoculares.
- "Darwin e o mar". Módulos interactivos sobre evolución marina e o estudos de Darwin sobre os arrecifes de coral. Na sala Maremagnum.
- "Farmacuáticos. A botica do mar". Exposición sobre os medicamentos de orixe mariña e os seres vivos que os producen. Na sala Humboldt.
- "Mare Oceanum". Ciencia e tecnoloxía da exploración submarina. No túnel de acceso ao Nautilus.

Actividades
- "Bioloxía con-tacto". Na "Charca das Caricias", obradoiros de bioloxía mariña para coñecer en vivo e en directo aos inquilinos do Aquarium Finisterrae. Os obradoiros "Tiburóns en familia" e "Proxecto Santiaguiño" realízanse:
- Sábados ás 13:00 horas
- Domingos e festivos ás 13:00, 16:00 e 18:00 horas.
- Os días 3, 4, 5 e 7 de xaneiro ás 11:00, 13:00 e 16:00 horas.
- "Alimentación de focas". No exterior do acuario, todos os días ás 12:00 e 17:00 horas.
- "Alimentación de tiburóns" Os luns, mércores e venres ás 12:30 horas, na sala Nautilus.
- "Merendas no Aquarium". Pensadas para nenos de entre 4 e 13 anos, a actividade combina a realización dunha investigación científica cunha merenda de chocolate con churros. Todos os sábados do curso escolar ás 17:00 horas.

Máis información na web dos Museos Científicos Coruñeses: Horarios e prezos, Como chegar, Que ver, Axenda de actividades, Materiais divulgativos (descarga gratuita): monografías, cadernos de actividades, vídeos, conferencias, unidades multimedia.
Novo espazo de participación en Facebook: Faite seguidor dos Museos Científicos Coruñeses, opina sobre as exposicións e actividades, comparte e valora as nosas novidades e materiais divulgativos.
Subscríbete e recibe as novidades:
Lista de correo: http://www.casaciencias.org/gl/ayuda.htm...
Canle RSS: http://feeds.feedburner.com/mc2novidades
Avisos en Twitter: http://twitter.com/casadasciencias/.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Sinatura de exemplares de “Todo é silencio”, de Manuel Rivas, na Librería Carballido

mércores, 29 decembro 2010, 9:05 | Category : Libro e lectura
Tags : , ,

Xoves 30
Librería Carballido (Avenida dos Caídos, 4)
19:00
Entrada libre até completar capacidade.

Sinatura de exemplares do libro "Todo é silencio", de Manuel Rivas, publicado en Edicións Xerais.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Aquarium Finisterrae: inauguración da escultura “Humildade”, de Nando Lestón

mércores, 29 decembro 2010, 9:00 | Category : Aquarium Finisterrae, Arte, museos científicos
Tags : , ,

Xoves Nando Lestón30
Aquarium Finisterrae
19:00
Entrada libre até completar capacidade.

Inauguración da escultura "Humildade", do artista Nando Lestón. A escultura, un cilindro duns tres metros de altura, estará ubicada nunha terraza exterior do Aquarium Finisterrae. A obra vén ser un "faro de nasas", un humilde faro nocturno, cómplice do grande e veciño faro da Torre de Hércules. A instalación da escultura permite aos Museos Científicos Coruñeses felicitar aos seus visitantes a fin do ano 2010 e a chegada do 2011. En palabras do seu autor: "Cando estaba traballando nos refugallos que traía o mar, emerxeron as anacaradas formas das cunchas e a quente suavidade das táboas, nas derivas da marea. Anacos de nasas, medio afundidas na area despois dun temporal, pasaron a formar parte da paisaxe nas mañáns do meu taller. Desexaba erguerme para tocar, ou máis ben acariñar, aquelas "crebas" preñadas da salitre. Duras e un pouco reviradas polos envites das ondas. Teimei sen darme conta, na nasa coma unha gaiola. Un algo atrapapeixes, unha "trampa"... e arrimei por vez primeira esta "arte" a pequenas composicións. Deixa de ser oficio e pasa a ser unha forma pensada e despois intuída, cromática, leve. Emerxiu entón a forma dun faro. Un faro nouturno, feito de ceo estrelado, fincado no mar, un cilindro etéreo. Guiador nas noites escuras. Humilde. Converteuse a trampa, arrepentida, en pastor de mariñeiros".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Actuacións do xoves 30 no Festival de títeres María José Jove

Xoves 30
Entradas: 3 euros (abono familiar de 3 entradas por 6 euros).

- 17:00 h. Fundación María José Jove (Edificio Work Center, Rúa Galileo Galilei, 4 A): "Retablillo de títeres y cuentos", de Rodorín. Para público maior de 3 anos.
- 19:00 h. Fórum Metropolitano. "Mowgli, el libro de la selva", de La Carreta Teatro. Para público maior de 3 anos.

Un ano máis monicreques para os máis peques da casa, na Sede da Fundación María José Jove e no Fórum Metropolitano. O programa completo pódese descargar neste enlace.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Actuacións do mércores 29 no Festival de títeres María José Jove

Mércores 29
Entradas: 3 euros (abono familiar de 3 entradas por 6 euros).

- 17:00 h. Fundación María José Jove (Edificio Work Center, Rúa Galileo Galilei, 4 A): "Historia dunha semente", de Caramuxo Teatro. Para público maior de 3 anos.
- 19:00 h. Fórum Metropolitano. "Retablillo de títeres y cuentos", de Rodorín. Para público maior de 3 anos.

Un ano máis monicreques para os máis peques da casa, na Sede da Fundación María José Jove e no Fórum Metropolitano. O programa completo pódese descargar neste enlace.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

IV Festival de Teatro para nenos no Teatro do Andamio

Do domingo 26 ao xoves 30
Teatro do Andamio (Rúa Alcalde Suárez Ferrín, 10)
Sesións cada día ás 17:00 e 19:00
Entradas: 5 euros.

O IV Festival de Teatro para nenos do Teatro do Andamio ten o seguinte programa:
Domingo 26. "A árbore da vida", de Talytakumy. Público de 3 a 8 anos. Unha simpática nena que sempre visita a súa amiga incondicional: unha árbore; entre elas hai unha actividade indestrutible, pero o tempo, coma sempre, cambia as cousas e lamentablemente a nena tamén...
Luns 27. "Un día muy especial", de Páprika Teatro. Público de 3 a 9 anos. É un día moi especial. O dúo "Os Pablos", terán que facer o seu show musical fronte a un xurado, o cal podería chegar a elixilos para participar nun "Gran Festival". O público fai palmas, canta e todo vai moi ben, ata que de súpeto...
Martes 28. "Silencio, lectores trabajando", de Tras la Puerta (Asturias). Público de 4 a 10 anos. Todos os membros da miña familia tiñan a mesma manía: ler. E eu contaixeima, así que a min, o que máis me gusta é ler. Sempre estaban lendo mentres facían outra cousa...
Mércores 29. "Contos mariñeiros", de Ghazafelhos. Público de 5 a 12 anos. "A Bestarruza" foi a pique cando faenaba no Ortegal… A filla dun dos mariñeiros non pode durmir á espera do bico do seu pai… Decide saír na súa procura, abordo do seu barquiño…ou cama…soño…
Xoves 30. "Lume", de Teatro Babaluva. Público de 2 a 7 anos. Nun bosque onde vivían moitos animais algo pasou que fixo ladrar ao can.... Unha lapa chegou con ganas de facer lume e fume...

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Hoxe os Museos Científicos Coruñeses reciben ao visitante 10.000.000

Este luns 27 os Museos Científicos Coruñeses reciben ao visitante 10.000.000. Unha cifra espectacular que pon de manifesto o interese do público pola cultura científica e o relevante papel dos Museos Científicos Coruñeses.
Ás 11:00 h. no Aquarium realizarase un acto de celebración da visita 10 millóns.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Teatro Rosalía: concerto de clausura de A Coruña (en)canta

Mércores 29
Teatro Rosalía de Castro
20:30
Entrada libre até completar capacidade.

Clausura do ciclo de conferencias e concertos "A Coruña (en) Canta" que, desde o pasado mes de marzo, veu celebrándose nos distintos centros cívicos municipais da Cidade baixo a organización da Polifónica Coruñesa Canticorum coa colaboración das concellerías de Promoción Económica e Turismo, Asuntos Sociais e Cultura da Coruña. O acto comezará coa conferencia da concelleira de Cultura María Xosé Bravo, quen vai facer referencia á tradición musical desta cidade. A continuación realizarase a entrega das insignias de prata "Canticorum" a oito coralistas da entidade que cumpren os primeiros 15 anos de permanencia na mesma. Rematada esta entrega, intervirán no evento os coros dos centros cívicos: Coro Arumes (Centro Cívico Monte Alto), Saraibas (Centro Cívico Os Mallos), Airiños de San Fernando (Centro Cívico Feáns), Tanxedoira, Orfeón Herculino e Rondalla e Polifónica Coruñesa Canticorum. O ciclo "A Coruña (en) Canta", ao que se pretende dar continuidade en 2011, permitiu contar coa participación nestes meses de conferenciantes como Henrique Tello, Silvia Longueira e Obdulia Taboadela (concelleiros coruñeses); o historiador José Alfeirán Rodríguez; o escritor Xurxo Souto ou representante do movemento veciñal coruñés, Ricardo Vales, entre outros.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Actuacións do martes 28 no Festival de títeres María José Jove

Martes 28
Entradas: 3 euros (abono familiar de 3 entradas por 6 euros).

- 17:00 h. Fundación María José Jove (Edificio Work Center, Rúa Galileo Galilei, 4 A): "Animales", de El Retablo Teatro de Títeres. Para público maior de 3 anos.
- 19:00 h. Fórum Metropolitano. "El flautista mágico", de Teatro Paraíso. Para público maior de 5 anos.

Un ano máis monicreques para os máis peques da casa, na Sede da Fundación María José Jove e no Fórum Metropolitano. O programa completo pódese descargar neste enlace.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Teatro Rosalía: Concerto de Nadal da Agrupación Musical Albéniz

luns, 27 decembro 2010, 10:07 | Category : Nadal, concertos, música
Tags : , ,

Martes 28
Teatro Rosalía de Castro
20:30
Entrada libre até completar capacidade.

Concerto de Nadal, organizado pola Agrupación Musical Albéniz.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Teatro Rosalía: Gala “Dez anos con Donaire”

Domingo 2010-12-26 Dez anos con Donaire26
Teatro Rosalía de Castro
19:30
Entradas: 5 e 7 euros (3 e 5 euros para desempregados, carné xove e maiores de 65 anos).

Con esta gala festexarase por todo o alto o nacemento hai dez anos da Asociación Cultural Donaire. Con moitas sorpresas, esta gala amosará o traballo desenvolto ao longo destes dez anos de vida da Asociación, coa súa parte de música, pandeireta e como non, de baile. Será presentada por Xabier Díaz.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Actuacións do domingo 26 no Festival de títeres María José Jove

Domingo 26
Entradas: 3 euros (abono familiar de 3 entradas por 6 euros).

- 17:00 h. Fundación María José Jove (Edificio Work Center, Rúa Galileo Galilei, 4 A): "Un día muy especial", de Páprika Teatro. Para público maior de 4 anos.
- 19:00 h. Fórum Metropolitano. "A caixa de música", de Viravolta Títeres. Para público maior de 4 anos.

Un ano máis monicreques para os máis peques da casa, na Sede da Fundación María José Jove e no Fórum Metropolitano. O programa completo pódese descargar neste enlace.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Actuacións do luns 27 no Festival de títeres María José Jove

Luns 27
Entradas: 3 euros (abono familiar de 3 entradas por 6 euros).

- 17:00 h. Fundación María José Jove (Edificio Work Center, Rúa Galileo Galilei, 4 A): "O galo Quirico e os seus amigos", de Seisdedos Títeres. Para público maior de 4 anos.
- 19:00 h. Fórum Metropolitano. "El gato manchado y la golondrina Sinhá", de El Retablo Teatro de Títeres. Para público maior de 5 anos.

Un ano máis monicreques para os máis peques da casa, na Sede da Fundación María José Jove e no Fórum Metropolitano. O programa completo pódese descargar neste enlace.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google