Actividades de nadal en Xacarandaina
A
Asociación Cultural Xacarandaina convoca unha nova edición da Ludoteca de Nadal, un entretemento asegurado, coa que se contará con cine de animación en pantalla xigante, xogos tradicionais e cooperativos, manualidades, globoflexia, lectura, cultura tradicional etc. Poderán apuntarse todas as nenas e nenos de 3 a 12 anos. Os días nos que se elaborará a ludoteca son o 23, 24, 27, 28, 29, 30 e 31 de decembro e o 3, 4, 5 e 7 de xaneiro. O horario comprenderá de 09:00 h. a 14:00 h. (5 horas de diversión garantizada!). Os interesados poden consultar máis información no teléfono 981-277315, no correo electrónico info at xacarandaina.com, ou na propia páxina web da entidade.














