Teatro Rosalía: “Saltimbanquis”, do Teatro do Morcego

venres, 3 decembro 2010, 11:34 | Category : teatro
Tags : , , ,

Sábado 4
Teatro Rosalía de Castro
19:00
Entradas: 5 euros (abono familiar de 3 entradas por 12 euros).

Prosegue o Ciclo Todo Público 2010-2011 coa obra "Saltimbanquis", do Teatro do Morcego, dirixida a un público maior de 5 anos, cunha duración aproximada de 60 minutos. Un burro, cansado da explotación e dos malos tratos do patrón, decide abandonar a facenda onde traballa en busca de mellores condicións de vida. No camiño á cidade atopa un can e unha galiña que escapan polos mesmos motivos. Unidos contra a tiranía dos donos deciden formar un conxunto musical. Celso Parada asumiu a adaptación galega do musical homónimo de Sergio Bardotti inspirado no conto "Os músicos de Bremen" dos irmáns Grimm. Con Mundo Villalustre, Iolanda Muíños, Blanca Cendán, Mighello Blanco e Serginho.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Leave a comment

Cannot get file list: '/var/www/mapa/wp-content/plugins/SK2/sk2_plugins/' is not a valid folder path