Cantos de Nadal 2010
As
festas en Galiza teñen un compoñente imprescindible: o canto. Non hai festa na que os participantes non rematen cantando. Así vén sucedendo desde séculos. O mesmo ocorreu co tempo do Nadal, ocasión propicia para converter a noite nunha manifestación de alegría colectiva e ilusión. Ao longo de xeracións foise transmitindo oralmente esta tradición, estes cantos que a Igrexa reconverteu en cantigas pagano-relixiosas que chegan até os nosos días. Coa intención de recuperarmos e continuarmos cantando a tradición do Nadal, desenvolveranse obradoiros, dirixidos por Pablo Díaz e Olga Kirk, nos seguintes lugares e datas, que darán lugar ao Concerto Participativo no Forumfolk do 20 de decembro:
- Xoves 9 ás 18:00 h. na Biblioteca Municipal de Monte Alto, con Pablo Díaz. Inscrición previa na Biblioteca.
- Xoves 9 ás 18:00 h. na Biblioteca Municipal da Sagrada Familia, con Olga Kirk. Inscrición previa na Biblioteca.
- Venres 10 ás 18:00 h. na Biblioteca Municipal do Castrillón, con Olga Kirk. Inscrición previa na Biblioteca.
- Venres 10 ás 18:00 h. na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil, con Pablo Díaz. Inscrición previa na Biblioteca.
- Sábado 11 ás 12:30 h. na Biblioteca Municipal dos Rosales, con Olga Kirk e Pablo Díaz. Inscrición previa na Biblioteca.
- Sábado 11 ás 19:30 h. na Asociación Tempos Novos.
- Mércores 15 ás 18:00 h. no Fórum: Obradoiro conxunto.
- Luns 20 ás 19:00 h. no Fórum. Ensaio xeral.
- Luns 20 ás 20:00 h. no Fórum. Concerto Participativo de Cantos de Reis, dentro do Ciclo Forumfolk.
Máis información neste arquivo: Cantos de Nadal 2010.














